Serra do Candán: Diferenzas entre revisións

serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo; e zona especial de conservación
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: A '''serra do Candán''' esténdese ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. A maior parte das rochas da serra está constituidas por ...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de abril de 2007 ás 10:34

A serra do Candán esténdese ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. A maior parte das rochas da serra está constituidas por granitos e xistos, morfoloxicamente a superficie é achairada, a súa orientación é paralela á costa o que fai que sexa responsable do coñecido como efecto Föhn que fai que as frontes humidas procedentes do Atlántico ascendan ao chegar á vertente occidental da serra do Candán, arrefriando ao ter que elevarse e a auga condénsase, descargando como chuvia antes de chegar ao cume, mentres a vertente do sotavento recibe aire fresco que vai quecendo ao perder altura.

Os principais cumes son o Alto de San Bieito (1017 metros), O Coco (969 metros), Seixiños Brancos (905 metros), Chamor (815 metros) e Alto de San Sebastián (750 metros). A serra do Candán está incluida na Rede Natura.