Diferenzas entre revisións de «Ramón Abilleira»

 
==Traxectoria==
Presidente da Sociedad de Agricultores de Lérez. Distinguiuse nas loitas agrarias e participou activamente na campaña antiforal. Interveu no mitin e na Asemblea Antiforal de Vigo o [[26 de xaneiro]] de [[1908]], onde tomou corpo o movemento dos antiforistas. Tomou parte como orador no acto para defender o abolicionismo. Presidiu o mitin que tivo lugar en [[Pontevedra]] o [[23 de febreiro]], no que se consistiu oficialmente o [[Directorio Antiforista de Teis]]. Volveu presidir outra reunión en outubro dese mesmo ano para constituír o comité provincial da Federación Agraria de Pontevedra. En [[1909]] participou, como orador, nas reunións antiforistas de [[Redondela]], [[Baión, Vilanova de Arousa|Baión]] e [[Vilaboa]]. Presentouse como agrario ás eleccións municipais de [[1911]] polo distrito de Lérez e resultou derrotado por moi escasa marxe. Radicalizada a loita agraria, a familia Abilleira foi acusada de intervención en axitacións específicas como a corta de cepas en 1914, sen que se puidera demostrar. Volveu presentarse ás municipais en [[1917]], pero tampouco foi elixido. Na [[Segunda República Española|Segunda República]] volveu serfoi nomeado concelleiro e 5º tenente-alcalde de Pontevedra en xaneiro de 1936, na corporación presidida por [[Tomás Abeigón Pazos]]<ref>''[[El País (1932)|El País]]'', 8-1-1936, p. 2.</ref>.
 
==Véxase tamén==
25.956

edicións