Dodecafonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 3:
O '''dodecafonismo''', do grego ''dodeka'': 'doce' e ''fonos'': 'son') é un sistema de organización de alturas [[Música|musicais]] creada na década de [[1920]] polo compositor austríaco [[Arnold Schönberg]]. Trátase dunha forma de música atonal, cunha técnica de composición na cal as 12 notas da [[escala cromática]] son tratadas como equivalentes, é dicir, suxeitas a unha relación ordenada que, a diferenza do sistema maior-menor da tonalidade, non establece [[xerarquía]] entre as [[Nota musical|notas]].
 
== Historia ==
A principios do [[século XX]], os compositores buscaban xeitos alternativos de organización das notas musicais logo do esgotamento do [[sistema tonal]],<ref>[http://mat.fc.ul.pt/noticias/doc/Abstracts/CarlotaSimoes270303/csimoes.html''A reorganização do som no século XX (Resumo da palestra de Carlota Simões)'']. Sitio do Departamento de Matemática da Universidade de Lisboa).</ref> posteriormente denominadas [[atonalismo]], que non estiveran baseadas na polarización dun eixo harmónico central como ocorre no sistema tonal.
 
Liña 17:
A pesar de que o estilo de composición dodecafónico segue unhas normas e instrucións moi ríxidas, a medida que o século foi avanzando, estas normas e instrucións volvéronse aínda máis estritas, chegándose ao control total de tódolos parámetros dunha composición no sistema que se adoita coñecer como [[serialismo integral]].
 
== Principios compositivos ==
Fronte á harmonía clásica tradicional, na cal unha composición ten un centro tonal, unha nota prefixada (a tonalidade na que está escrita) que fai de centro, e respecto á cal as demais notas da escala cumpren determinadas relacións harmónicas (estás relacións determínanse, dende o punto de vista físico, por relacións aritméticas sinxelas entre as frecuencias de vibración desas notas). Segundo este sistema, a base de toda composición é unha serie que consta de doce sons ou clases de notas da oitava, dispostos en calquera orde e sen ningún tipo de relación xerárquica, é dicir, ningunha nota posúe superioridade tonal ou harmónica sobre outra. As notas da serie poden empregarse de xeito sucesivo a modo de melodía, ou simultaneamente como harmonía ou contrapunto, en calquera oitava e con calquera tipo de ritmo. Débese evitar calquera combinación ou secuencia de notas que impliquen tonalidade (intervalos perfectos, tríades, sétimas diminuídas, etc). Outra característica fundamental deste sistema compositivo é o compositor debe esgotar as notas da serie antes de comezar outra vez a serie en calquera das súas formas, que serían as seguintes:
* P: Sería a serie orixinal, constrúese a serie ordenando libremente cada unha das notas da [[escala cromática]]:
Liña 34:
* R-3 indica que a serie retrogradada está transportada unha segunda aumentada ou tres semitóns.
 
As catro formas básicas da serie, multiplicadas polos doce transportes posibles dan un total de 48 versións posibles da serie orixinal, mais normalmente non se empregan todas, senón que o emprego dunhas ou doutras depende do tipo de obra que se queira compoñer. A riqueza harmónica é extraordinaria, posto que as posibilidades de combinacións que se poden realizar entre as series dodecafónicas son enormes (foron calculadas 479.&nbsp;001.&nbsp;600 combinacións posibles).
 
A serie base pode ser contemplada como unha célula temática de doce sons diferentes cunha coherencia interna, engadíndoselle posteriormente as variacións: a súa retrogadación, inversión e a inversión da retrogradación. Deste xeito, confírese unha unidade ao conxunto das catro células cun total de 48 notas agrupadas en compases, as cales gardan entre si unhas relacións interválicas predefinidas, xa que cada variación da serie base se constrúese en virtude a unhas regras ríxidas.
Liña 47:
Aínda que a serie determina a sucesión de notas empregada nunha peza, non sinala nin os seus rexistros, nin as súas intensidades nin as súas duracións, elementos que si formarían parte posteriormente nas series do [[serialismo integral]] desenvolvido principalmente por [[Olivier Messiaen]], [[Karlheinz Stockhausen]] e [[Pierre Boulez]].
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Bibliografía ==
* DONALD J. GROUT & CLAUDE V. PALISCA: ''Historia de la música occidental (vol. 2)'', Editorial Alianza Música
* ROBERT P. MORGAN: ''La música del siglo XX'', Editorial Akal