Legionella pneumophila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 68:
A [[transformación xenética]] é unha adaptación bacteriana que consiste na transferencia de ADN dunha bacteria a outra a través do medio líquido que as rodea. A transformación é un proceso bacteriano parecido ao sexo.<ref name=Michod>{{cite journal|pmid=18295550|year=2008|last1=Michod|first1=RE|last2=Bernstein|first2=H|last3=Nedelcu|first3=AM|title=Adaptive value of sex in microbial pathogens|volume=8|issue=3|pages=267–85|doi=10.1016/j.meegid.2008.01.002|journal=Infection, genetics and evolution : journal of molecular epidemiology and evolutionary genetics in infectious diseases|url=http://www.hummingbirds.arizona.edu/Faculty/Michod/Downloads/IGE%20review%20sex.pdf|format=PDF}}</ref> Para que unha bacteria se una a ADN exóxeno, o capte e o recombine co seu cromosoma, esta debe estar nun estado fisiolóxico especial denominado “competencia” (ver [[competencia natural]]).
 
Para determinar que moléculas poden inducir competencia en ''Legionella pneumophila'', probáronse 64 moléculas tóxicas,<ref name=Charpentier>{{cite journal |author=Charpentier X, Kay E, Schneider D, Shuman HA |title=Antibiotics and UV radiation induce competence for natural transformation in Legionella pneumophila |journal=J. Bacteriol. |volume=193 |issue=5 |pages=1114–21 |year=2011 |month=March |pmid=21169481 |pmc=3067580 |doi=10.1128/JB.01146-10 |url=}}</ref> e só 6 delas, que eran todas axentes que danaban o [[ADN]], causaban unha forte indución da competencia. Tratábase da [[mitomicina C]] (que introduce enlaces cruzados entre as fibras do ADN), a [[norfloxacina]], a [[ofloxacina]] e o [[ácido nalidíxico]] (inhibidores da [[ADN xirase]] que causan roturas na [[dobre hélice]]), a [[biciclomicina]] (causa roturas da dobre hélice) e a [[hidroxiurea]] (causa a oxidación de [[base nitroxenada|bases]] do ADN). Estes resultados suxiren que a competencia para a transformación en ''Legionella pneumophilia'' evolucionou como resposta aos danos no ADN.<ref name=Charpentier /> Quizais a indución da competencia proporciona unha avantaxe de supervivencia no hóspede natural, como ocorre con outras bacterias patóxenas.<ref name=Michod />
 
==Tratamento==