Abadal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
wikificar
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 21:
}}
 
O '''Abadal''' foi un coche construído entre [[1912]] e [[1913]]. Considerado un coche de luxo veloz, cun deseño similar ao de [[Hispano-Suiza]]. Existían dous modelos: O primeiro tiña un motor de catro cilindros de 3. 104 cc, e o segundo un motor de seis cilindros de 4. 521 cc.
 
Pouco despoís da creación da liña Abadal, a compañía belga [[Impéria]] comezou a fabricar o modelo, con licenza, chamándoos Impéria-
Abadal. En 1916 Abadal comprou os dereitos de [[Buick]] en España, desde ese ano, os modelos de Abadal construídos en Barcelona posuían motores [[Buick]], pero non a carrocería. A estes automóbiles coñecéuselles como Abadal-Buicks.
 
M. A. Van Roggen (que traballara en Springuel) tomou o control da compañía belga, e fabricou uns 170 Impéria-Abadal máis. Ademais fabricou outros modelos, como un modelo deportivo de 16 válvulas de 2. 992 cc e catro cilindros e tres prototipos de 5. 630 cc. A compañía deixou de fabricar automóbiles en [[1923]].
 
Francisco (Paco) Abadal era un vendedor de Hispano-Suíza, ademais dun piloto de carreiras de [[Barcelona]]. Comezou o seu negocio en [[1912]] e, cando o abandonou, traballou para a [[General Motors]]. Os plans de General Motors, en [[1930]], para lanzar un prototipo chamado Abadal Continental nunca se levaron a cabo.
 
[[Ficheiro:Abadal 1923.JPG|miniatura|Abadal-Buick de 1923.]]
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.autopasion18.com/HISTORIA-ABADAL.htm Historia da firma e fotografías en Autopasión 1/18]