Catastro de Ensenada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 2:
O '''catastro de Ensenada''' é unha magna indagación catastral dirixida en [[1750]] polo [[Zenón de Somodevilla y Bengoechea|marqués da Ensenada]], ministro de Facenda de [[Fernando VI]]. Abranguía os territorios da [[Coroa de Castela]]: isto é, a maior parte da España peninsular agás as [[Illas Canarias]], a [[Coroa de Aragón]], o [[reino de Valencia]], [[Navarra]] e os Señoríos Vascos, que estaban exentos do pago de impostos. Os traballos de campo prolongáronse até [[1756]].
 
Esta indagación sería a base dunha reforma fiscal na que se pretendía racionalizar e facer máis xusto o sistema contributivo; para que isto fose realidade había que coñecer a riqueza de cada un. O obxectivo principal era rematar dunha vez por todas coa gran cantidade de impostos que había ([[alcabala]]s, [[décimo (imposto)|décimodécimos]]s, [[primicia]]s, [[foro (contrato)|foros]] etc), moi difíciles de controlar, e que gravaban sobre todo á maioría dos contribuíntes, especialmente ós pobres, mentres que os ricos estaban moi beneficiados a causa de que estes impostos se asentaban sobre as producións e bens de consumo e non sobre as rendas e ingresos netos obtidos pola posesión de terreos e casas. A reforma fiscal consistiría na substitución das rendas provinciais por un imposto único, a Única Contribución, proporcional á riqueza de cada un. Este proxecto fracasou por oposición dos dous estamentos que se opuñan a perder tódolos seus privilexios: a [[nobreza]] e o [[clero]].
 
O ''Catastro'' converteuse na fonte documental máis importante para coñecer como era a Coroa de Castela a mediados do século XVIII, posto que é un censo de poboación, un censo gandeiro, un censo de explotacións agrarias, un censo industrial, un nomenclátor...
 
== Estudos simultáneos ==
Ao tempo que se fixo o '''''Catastro''''' aproveitouse para confeccionar outros documentos complementarios:
 
* ''Libros del mayor hacendado'' de cada poboación catastrada (sen considerar os maiores hacendados aqueles exentos do pago de décimos).
* ''Censo de Ensenada de 1756'', para o que se seguiu un modelo confeccionado pola Real Xunta (e do que se adoita citar o número estimativo de 9. 400. 000 habitantes para todo o territorio peninsular).
* ''Libro de lo enajenado'', no que aparece cada propiedade ou lugar que algunha vez foi do rei e nese momento pertencía a particulares, aos que pasara por mercede rexia ou por venda. Este documento, a diferenza dos dous anteriores, tiña carácter oficial.
 
En 1759 a Real Xunta de Única Contribución mandou realizar un ''Vecindario'' a partir dos datos do Catastro. Este documento resultou fundamental, pois non se dispuña de información nin actualizada nin fiable da poboación da Coroa. Os dous últimos recontos de poboación eran de 1591 (en tempos de [[Filipe II de España|Filipe II]]) e 1717, cando se fixo o ''Vecindario de Campoflorido'', moi imperfecto.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* ''[[Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar]]''
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://pares.mcu.es/Catastro/servlets/ServletController Catastro de Ensenada] (Ministerio de Cultura) {{es}}