Castelo de Lobeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 5:
O '''castelo de Lobeira''' era unha [[Castelo (fortificación)|fortificación]] [[Idade media|medieval]] situada no [[monte Lobeira]], nun enclave natural que proporciona un miradoiro cara á [[ría de Arousa]], no concello de [[Vilanova de Arousa]], na [[comarca do Salnés]].
 
== Historia ==
Parece ter antecedentes mesmo nun antigo [[castro (poboado)|castro]] na zona, e aparece mencionado en textos da [[Catedral de Santiago de Compostela]] como ''Castro Lupus''. A súa toponimia así o indica, pois ''Lupara'' en [[latín]] significa castelo ou mansión real.
 
=== Antigüidade ===
O dato máis antigo documentado é nacemento en Lobeira no [[século IX]] do bispo de [[Iria Flavia]] [[Teodomiro (bispo)|Teodomiro]], do que a lenda conta que foi partícipe do descubrimento do sepulcro do [[Santiago o Maior|Apóstolo Santiago]].
 
Liña 19:
Ó longo da súa historia posterior, Lobeira foi cobizada por calquera das partes nos diversos conflitos vinculados co poder de Compostela, como enclave para a defensa e abastecemento da capital compostelá, que xunto coas [[Torres do Oeste]] eran coñecidos coma as portas a Compostela.
 
=== Destrución da fortaleza ===
A fortaleza foi finalmente derrocada durante a [[Gran Guerra Irmandiña]], sendo as tropas [[irmandiños|irmandiñas]] patroneadas nesta zona por [[Sueiro Gomes de Soutomaior|Sueiro Gomes]] e [[Pedro Álvarez de Soutomaior]], como revelación contra os abusos dos señores feudais e do arcebispo de Santiago, a quen pertencía por aquel entón este castelo.
 
Liña 25:
Posteriormente, os seus novos propietarios aproveitaron a pedra e trasladárona ó Rial, onde construíron o [[pazo Rial]], actualmente convertido en [[hotel]]. O estrago total da torre foi obra de furtos veciñais e absurdas concesións de pedra, deixando así Lobeira á marxe da historia posterior.
 
=== Idade contemporánea ===
[[Ficheiro:Miradoiro de Monte Lobeira, Vilanova de Arousa.jpg|miniatura|250px|Miradoiro de Lobeira.]]
En [[1896]] levantouse unha gran cruz. O símbolo do [[cristianismo]] foi erixido como homenaxe ás vítimas dos [[naufraxio]]s de navíos das costas próximas. Tralo afundimento do buque-escola Serpent o almirantado británico colocou nunha das rochas do miradoiro unha placa con inscrición inglesa para lembranza destes mariños.
Liña 31:
Tralo [[alzamento nacional]] e durante a [[guerra civil española|guerra civil]] o monte Lobeira foi bombardeado para eliminar aos [[Maquis (guerrilla antifranquista)|maquis]] que se refuxiaron na mesma ao inicio da contenda e foi usado por falanxistas para ''pasear'' a persoas do lugar.
 
Na década de 1960 promoveuse a instalación dunha figura do [[Sagrado Corazón]] de 30 metros de altura, a carón da cruz do cumio. O concello, a [[deputación de Pontevedra]], o arcebispado e a casa civil deron o visto bo, pero o Ministerio de Educación obrigou a desprazalo a 500 m, tamén dentro do perímetro da construción medieval. Finalmente, non se logrou recadar a cantidade prevista (2. 525. 000 pesetas) para pagar a obra, encargada ao escultor de Vilalonga Afonso Vilar.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Castelo (fortificación)]].
* [[Castelos de Galicia]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/97983.html?lang=gl "Desde o balcón de dona Urraca"], artigo de Fernando Salgado no ''[[Diario de Pontevedra]]'', 25 de xuño de 2011.
 
{{Castelos de Galicia}}