Calgary: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado táboa cidade
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 31:
|altitude = 1.045
|superficie = 825,29
|poboación = 1. 096. 833 hab. (2011)
|densidade = 1.329 hab/km²
|xentilicio = Calgarian
Liña 40:
'''Calgary''' é a cidade máis grande da provincia de [[Alberta]] ([[Canadá]]). Está situada no sur da provincia, nunha rexión de outeiros e mesetas a unha distancia aproximada de 80 km ao leste das [[montañas Rochosas]].
 
== Características ==
É a terceira cidade do Canadá por poboación, contando, segundo o censo de abril de 2006, con 988.193 habitantes (1. 079. 310 na metrópole urbana en 2006, o que a coloca no quinto posto metropolitano canadense). O corredor Calgary-[[Edmonton]] é a zona urbana máis poboada entre Toronto e [[Vancouver]]. Tomou o seu nome dunha praia sita na illa de [[Mull]] en [[Écosse]].
 
Calgary é un destino ben coñecido para deportes de inverno e ecoturismo; un grande número de lugares de vacacións importantes se sitúan preto da cidade. A economía de Calgary está principalmente centrada na industria petroleira; porén, a agricultura, o turismo e máis a alta tecnoloxía contribúen de xeito importante no desenvolvemento económico veloz da urbe. Calgary acolle tamén varios dos festivais anuais máis importantes como a Stampede de Calgary, o Folk Music Festival, o Lilac Festival, a GlobalFest, e o segundo festival da cultura dos Caribes do país (Carifest). En [[1988]], Calgary converteuse na primeira cidade canadense que acolleu os [[Xogos Olímpicos de inverno de 1988|Xogos olímpicos de inverno]].
Liña 52:
Está sobre dous ríos principais que a atravesan. O [[río Bow]] é o maior e flúe do Oeste ao Sur. O [[río Elbow]] corre do Norte para o Mediodía ata confluír co Bow case no centro comercial de Calgary. Dado que o clima da rexión é, en xeral, frío, unha certa densidade de vexetación só aparece nos vales dos ríos, nalgunhas ladeiras da cara sur dos outeiros e no [[Fish Creek Provincial Park]].
 
=== Clima ===
[[Ficheiro:Klimadiagramm-metrisch-deutsch-Calgary-Kanada.png|miniatura|righ|200px|Gráfico de temperaturas e precipitacións.]]
Calgary ten un [[clima continental]] propio de terras altas, con longos, pero moi variábeis, invernos e veráns curtos e cálidos. O clima está fortemente influído pola altitude da cidade e a proximidade ás [[montañas Rochosas]]. Aínda que os invernos de Calgary son fríos, o [[vento Chinook]], quente e seco, que sopra regularmente sobre a cidade desde o [[Océano Pacífico]] durante a época invernal, pode supor un alivio do frío. Tales ventos poden elevar as temperaturas ata 15 º °C en poucas horas, e poden durar varios días. Aproximadamente nunha metade dos días invernais os máximos diarios están por encima dos 0 º °C, e mesmo nalgúns mediodías do inverno a temperatura pode atinxir os 20 º °C.
 
Calgary é unha cidade de temperaturas extremas, con [[gradiente térmico|gradientes térmicos]] que van desde −45  °C en 1893, ata un máximo de 36  °C en 1919. As temperaturas baixan do -30  °C uns cinco días por ano, aínda que estas temperaturas de frío máximo non acostuman durar moito máis. Segundo [[Environment Canada]] as medias diarias en Calgary van desde os −9  °C en xaneiro, ata os 16  °C no mes de xullo.
 
== Historia ==
Primixeniamente a zona foi ocupada por indios, dos que está documentada a súa presenza desde hai uns 11.000 anos; en tempos máis próximos era territorio da tribo [[Blackfoot]] (Pés Negros).
 
Liña 67:
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.calgary.ca/ Páxina oficial de Calgary] {{en}}
 
[[Categoría:Cidades do Canadá]]