Calendario gregoriano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 6:
O [[Concilio de Nicea I|I Concilio de Nicea]] fixaba que a [[Pascua cristiá|Pascua]] se celebraría o domingo seguinte á primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera, o que significaba que o domingo de Pascua tería que caer entre o 22 de marzo e o 20 de abril.
Pola contra, nos tempos do papado de Gregorio XIII a Pascua caía xa a primeiros de marzo e os astrónomos decatábanse que pouco a pouco, ao longo dos séculos, a Pascua se ía achegando ao Nadal. Xa o [[Concilio de Trento]] advertía deste problema e dispuña que se lle dese estudo e solución ao problema.
=== A ''Comisión do Calendario'' ===
Gregorio XIII, para poder levar adiante a reforma, constitúe a chamada ''Comisión do Calendario'', un grupo de eclesiásticos e expertos na que destacaban [[Christopher Clavius|Cristóbal Clavio]]<ref>En homenaxe a Clavius, un dos [[cráter (impacto)|cráteres]] da [[Lúa]] leva o seu nome.</ref>e [[Luis Lilio]]. Clavio, astrónomo e [[xesuíta]], o "''[[Euclides]] do seu tempo''", era un reputado matemático e astrónomo, o mesmo [[Galileo Galilei]] o chamou como aval científico das súas observacións telescópicas. En canto a Lilio, médico e astrónomo, sabemos que foi o principal autor da reforma do calendario aínda que morreu en [[1576]] sen ver rematado o proceso. Finalmente, un personaxe máis nesta historia: [[Alfonso X o Sabio]], o valor dado ao ano trópico nas [[Táboas alfonsíes]] de 365 días 5 horas 49 minutos e 16 segundos é o tomado como correcto pola Comisión do Calendario. [[Pedro Chacón]], matemático español, redacta o ''Compendium'' co ditame de Lilio, apoiado por Clavio, e chégase ao [[14 de setembro]] de [[1580]] cando se aproba a reforma, para levala á práctica en outubro de [[1582]].
 
Liña 57:
Ademais, cada período de sete días forma unha [[semana]], herdanza dun calendario luar. Os días da semana son: [[luns]], [[martes]], [[mércores]], [[xoves]], [[venres]], [[sábado]] e [[domingo]]. A orde dos días é igual en todo o mundo, pero segundo a área cultural o primeiro día da semana pode ser o domingo (como en [[Reino Unido]] e nas súas antigas colonias, ou como no calendario litúrxico que usa a [[Igrexa Católica|Igrexa]]), ou o luns (como en España).
 
* O ano solar fai necesaria unha media de 365,2425 días =8.765,82 horas= 525.949,2 minutos = 31.&nbsp;556.&nbsp;952 [[segundo]]s.
* Un ano común ten 365 días =8.760 horas= 525.600 minutos = 31.&nbsp;536.&nbsp;000 segundos.
* Un ano bisesto ten 366 días =8.784 horas= 527.040 minutos = 31.&nbsp;622.&nbsp;400 segundos.<br />
* A era normalmente usada co calendario gregoriano é a era cristiá, é dicir, "antes / despois de Cristo", segundo os cálculos de [[Dionisio o Exiguo]]. Cómpre salientar que non hai un ano "cero"; os [[século]]s e [[milenio]]s comezan co ano "un". Así que, o [[século XXI]] e o [[terceiro milenio]] comezan [[1 de xaneiro]] do ano 1 do terceiro milenio, [[2001]].
 
== Adopción dun novo calendario ==
En [[1582]], o papa [[Gregorio XIII, papa|Gregorio XIII]] decidiu mediante a bula ''Inter gravissimas'' que o [[xoves]] [[4 de outubro]] de [[1582]] sería inmediatamente seguido polo [[venres]] [[15 de outubro]] para compensar o desfase acumulado dende o ano 45 d. C. (Anécdota: Pola supresión de dez días, [[Teresa de Ávila|santa Teresa de Ávila]] morreu na noite do 4 e foi enterrada ao día seguinte, o 15 de outubro de [[1582]]).
 
É necesario salientar que o paso ó calendario gregoriano non foi adoptado en toda Europa ó mesmo tempo. Foi imposto por Gregorio XIII nos estados onde era soberano pontífice. [[España]], [[Portugal]] e [[Polonia]] adoptárono inmediatamente. Outros, coma [[Francia]], seguírono rapidamente. Pero [[Inglaterra]] (protestante) non adoptará o calendario gregoriano ata [[1752]].
Liña 93:
No curso dos tres últimos séculos as proposicións de reforma multiplicáronse. As máis coñecidas son as propostas do [[calendario universal]] e do [[calendario fixo]]. A mediados do [[século XX]], a [[Sociedade de Nacións]] (antecesora da [[ONU]]) fixo estudos para reformar o calendario. Pero foron abandonados pola presión de países como [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Reino Unido]], [[Países Baixos]] ou [[Indonesia]], oficialmente por razóns relixiosas.
 
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==