1807: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Modelo {{Ano}} en Categoría:Efemérides; cambios estética
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Liña 4:
== Acontecementos ==
=== España ===
* [[Carlos IV de España|Carlos IV]] entrega 15. 000 homes para que loiten xunto os exércitos napoleónicos en [[Dinamarca]] e [[Alemaña]]. Cúmprese con isto parte da esixencia de Napoleón; a outra parte sería concede-los permisos para que poidan estar en [[España]] uns 10. 000 prisioneiros, sen contar a entrega a [[Francia]] de importantes sumas de diñeiro. Carlos IV paga así a débeda de [[Manuel Godoy|Godoy]], polo seu intento de establece-las negociacións con [[Portugal]], [[Prusia]] e [[Rusia]] na procura de que España se integrase na curta coalición; as negociacións non foron a ningures, pois a vitoria de Napoleón na batalla de Jena (acontecida o [[14 de outubro]] [[1806]]) as desbarata.
* O [[19 de febreiro]], o rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] súmase oficialmente ao bloqueo continental contra o [[Reino Unido]], cumpre con iso outra das esixencias de Napoleón tras a batalla de Jena.
* O [[18 de outubro]] comeza a entrada de tropas francesas en [[España]], co pretexto de participar na conquista de Portugal, que non quere abandona-la súa tradicional alianza con [[Inglaterra]]. As tropas, comandadas polo xeneral Junot, acampan nas proximidades da fronteira española e entran polo [[País Vasco]] antes da firma do tratado de [[Fontainebleau]], que debe regula-lo reparto de [[Portugal]].
Liña 13:
 
=== Prusia ===
* O [[8 de febreiro]] líbrase a batalla de Eylau, no redores de [[Königsberg]] (en Prusia oriental), entre as tropas de Napoleón e o exército ruso de Bennigsen. A batalla en si non resulta decisiva para ningún dos dous bandos, aínda que é unha verdadeira matanza que leva a morte a uns 40. 000 soldados a causa da violencia na loita e da inclemencia do [[tempo]].
* O [[14 de xuño]] as tropas de Napoleón vencen o exército ruso en [[Friedland]] (tamén, correspondente a Prusia oriental), onde sofren a perda de 25. 000 homes (entre eles uns 25 dos seus xenerais). A vitoria napoleónica deixa o paso aberto ao exército francés cara [[Königsberg]], derradeira fortaleza prusiana, e obriga ao tsar, [[Alexandre I de Rusia|Alexandre I]], a pedir un armisticio que será o preámbulo do [[Tratado de Tilsit]] (que se asinará en xullo). As derrotas ante [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] fan que o tsar tema unha posible sublevación dos polacos, polo que a alianza parécelle un bo camiño para atallala.
* O [[1 de xullo]] o tenente xeneral prusiano, Gebhard Leberecht Blücher, tras as derrotas sufridas polos exércitos de [[Prusia]] perante os franceses, fai un chamamento aos civís e militares a sumarse ao seu corpo de combate contra Napoleón I.
* Do [[7 de xullo|7]] ao [[9 de xullo]], co fin de evitar unha sublevación dos polacos, o tsar [[Alexandre I de Rusia|Alexandre I]] acepta unha alianza con Napoleón. O acordo, que se firma nunha rada (no medio do río [[Niemen]]), fronte a [[Tilsit]], despoxa a [[Prusia]] de grande parte de [[Polonia]] e os territorios do oeste do [[Río Elba|Elba]], que pasan a engrosa-lo reino de [[Westfalia]]. [[Rusia]] comprométese a participar de forma activa no bloqueo continental contra Gran Bretaña, renuncia ás [[Illas Xónicas]] e recoñece a [[Confederación do Rhin]]. O [[Tratado de Tilsit]] traería a firma dunha alianza secreta pola cal Rusia declararía a guerra a [[Gran Bretaña]] se esta se negaba a acepta-la súa mediación no conflito europeo. A pesardes da mediación de Alexandre, Napoleón acepta a existencia do estado prusiano, pero as condicións do tratado resultan extremadamente duras. A raíña de [[Prusia]], Luisa, decídese a dar un paso audaz coa entrevista co emperador francés; Napoleón móstrase inflexible e as condicións do tratado mantéñense. Coas condicións, unhas forzas reformadoras que actúan no interior de [[Prusia]], iranse impoñendo paulatinamente nos seus criterios.
Liña 30:
=== Portugal ===
* Do outubro ao decembro e pouco antes de que as tropas do xeneral francés Junot entren en [[Lisboa]], a familia real embárcase rumbo a [[Brasil]]. A política de partición de [[Portugal]], entre [[Francia]] e [[España]], sen que a medio rexente María I e o seu fillo Xoán (que máis adiante sería [[Xoán VI]]), poidan evitala; fai que toda a corte decida trasladarse a [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]]. Tras certo tempo en [[Portugal]] e debido á declaración de independencia de [[España]], o corpo expedicionario inglés de Wellington obrigará a [[Jean-Andoche Junot|Junot]] a capitular en [[Sintra]] o [[30 de agosto]] de [[1808]] e a evacua-lo país. Os fracaso das ofensivas francesas de [[Soult]] no [[1809]] e de [[Masséna]] entre [[1810]] e [[1811]], marcarán o declive o imperio francés que se verá desfeito no [[1816]].
* O [[27 de novembro]], despois de atravesar [[España]] cun exército de 28. 000 homes para ocupar [[Portugal]], o xeneral francés [[Jean-Andoche Junot]] entra en [[Lisboa]] e é recibido polo marqués de Abrantes, que preside o Consello de Rexencia nomeado polo fuxitivo príncipe Xoán. Queda recoñecida de feito a autoridade do invasor coma delegado persoal de Napoleón. Dende o peirao, aínda son visibles os barcos ingleses que se afastan dende o [[Texo]], e no que se embarcou cara Brasil a corte portuguesa; [[María I]], a raíña Tola, marcha cara o exilio co seu fillo, o futuro rei [[Xoán VI]], rexente por aquel entón ante a incapacidade da súa nai; os que son acompañados por unha nutrida representación da nobreza. Un mes antes, [[España]] e [[Francia]] asinaran o [[Tratado de Fontainebleau]], polo que se acordaba a tripartición de Portugal: o infante de España reinaría o norte, [[Manuel Godoy]] sería o príncipe dos Algarves e o resto do territorio pasaría a estar en poder da decisión de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] unha vez que se rematara a guerra contra [[Gran Bretaña]]. Grazas ao tratado, o exército napoleónico estaba autorizado a cruzar España. Tradicional a alianza con [[Inglaterra]], a monarquía portuguesa resistíase a abandona-la súa neutralidade no conflito e acata-la esixencia de cerra-los portos aos buques de [[bandeira]] inglesa, segundo dispuxera o emperador francés. Napoleón ameazou con invadi-los países que se negaran a acepta-lo bloqueo continental imposto, e o reino de Portugal non sería unha excepción. Co [[Tratado de Fontainebleau]], tiña aberto o camiño cara Lisboa. Tras a fuxida á que seguiu a invasión, a corte portuguesa permanecería 14 anos en [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]] e daría lugar ao Imperio de [[Brasil]].
 
=== Polonia ===
Liña 40:
=== América ===
* O [[3 de febreiro]] as tropas británicas ocupan a cidade brasileira de [[Montevideo]] (no Río da Prata), despois dunha breve resistencia. A ocupación, que irá dende febreiro ata setembro, traerá a [[Montevideo]] novos conceptos comerciais e ideolóxicos; xunto coa aparición do seu primeiro xornal bilingüe «''The Southern Star / La Estrella del sur''».
* O [[5 de xullo]] o pobo da cidade de [[Bos Aires]] ([[Arxentina]]) e parte da milicias crioulas formadas ante a invasión, rexeitan as tropas inglesas que avanzan polas rúas cara o forte, co fin de apoderarse da capital do vicerreinado. O [[7 de xullo]], o xeneral inglés John Whitelocke asinaba a paz, pola que se comprometía a devolve-la praza de [[Montevideo]] (tomada en febreiro) dende a que veu o ataque contra Bos Aires, e retirar todas as súas forzas do [[Río da Prata]] nun prazo de dous meses. Xa no ano [[1806]], en xuño tivo lugar a primeira invasión inglesa en Bos Aires. O almirante sir Home Popham inducira a aventura o xeneral Beresford, que con só 1.600 homes tomou a cidade (que naquel momento tiña uns 50. 000 habitantes), sen encontrar case ningunha oposición; mentres o vicerrei Sobremonte fuxía cara o interior sen intenta-la resistencia. Juan Martín de Pueyrredón dende San Isidro e o mariño francés Santiago Liniers dende Montevideo encargáronse de face-la reconquista. O primeiro (Pueyrredón) foi derrotado, pero Liniers, afincado dende facía tempo no vicerreinado e ao mando das fragatas que protexían o río, desembarcou en San Fernando e, coa axuda dos habitantes consegue a rendición de Beresford o [[12 de agosto]] de [[1806]]. Formáronse por aqueles tempos a milicias crioulas coa finalidade de previr unha segunda invasión. Un cabido aberto privou de mando militar o vicerrei, e outro cabido aberto encargouse de destituílo no 1807. Cando os ingleses chegaron por segunda vez, os crioulos de Bos Aires xa comezaran a tomar consciencia do seu poder.
== Nacementos ==
* [[5 de xaneiro]] - Carlos Germán Conrado Burmeister, paleontólogo alemán.