Bandung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado táboa cidade
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 22:
|altitude = 768
|superficie = 167,67
|poboación = 2. 575. 478 hab. ([[2014]])
|densidade = 15.000 hab/km²
|xentilicio = Bandungite
Liña 29:
|sitio web = [http://www.bandung.go.id/index.php www.bandung.go.id]
}}
'''Bandung''' é a capital da provincia de [[Xava Occidental]], [[Indonesia]], situada a 768 metros ten 2. 585. 446 habitantes (2000). A [[área metropolitana]] denomínase [[Kabupaten Bandung]].
 
== Historia ==
Fogar do [[home de Xava]] nas ourelas do lago prehistórico que inundaba o val onde despois creceu a cidade, a primeira mención da área de '''[[Bandung]]''' data de [[1488]] cando pertencía ao reino hindú de Pajararan.
 
=== Colonia holandesa ===
Xa na época colonial, baixo o poder da [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] a metade do [[século XVII]], foi fundada a rexencia con capital en Dayeuh Kolot (11 km ao sur). Nese século e o seguinte a compañía estableceu plantacións na fértil rexión e una primeira carreteira de unión con [[Batavia]] ([[Jakarta]]) foi construída en [[1786]].
 
=== Fundación coma vila residencial ===
En [[1809]], en poder do imperio napoleónico, ordénase a construción dunha segunda carreteira que cruzara [[Xava]] para mellorar a defensa fronte aos ingleses. Coma a chaira costeira era daquela terreo pantanoso o gobernador Daendels a proxecta pola meseta de Bandung. ''De Groote Postweg'' ("a gran ruta do correo", hoxe rúa Asia-Africa) atravesou a comarca en [[1810]] e deseguido decidiuse o traslado da capital da rexencia a seu carón nun lugar a salvo de asolagamentos. Así naceu Bandung coma cidade residencial <ref> ''Esquema do plan da vila de Bandung'' [http://farm4.static.flickr.com/3270/2435414557_07122c7b63_o.jpg]</ref>. Fronte ao pazo do rexente un espazo aberto, o ''Alun-alun'', que daba á ''Postweg'' e estaba rodeado doutros edificios representativos (gran mesquita, ''pendopo'' ou lugar de reunións), convertíase no centro da vila <ref> ''Plan de Bandung en 1825'' [http://farm3.static.flickr.com/2359/2436207056_004dba891a_o.jpg]</ref>.
 
Liña 45:
No [[1880]] comezou a operar o ferrocarril Batavia-Bandung <ref> ''Esquema da cidade trala chegada do ferrocarril'' [http://farm4.static.flickr.com/3157/2435413167_eaaf0a3c8f_o.jpg]</ref>. En paralelo á ''Postweg'' polo norte, terá un forte impacto urbano posterior ao dividi-la vila en dous, xa que deseguido aportou crecemento industrial e poboacional (''chinatown'' xunto a estación) <ref> ''Mapa de Bandung en 1882'' [http://farm4.static.flickr.com/3222/2436226978_f9b07cb277_o.jpg]</ref><ref> ''Detalle do crecemento no centro entre 1882 e 1906; Braga Street apunta xa ao leste do Alun-alun'' [http://farm3.static.flickr.com/2169/2436230604_016b0c152c_o.jpg]</ref>. Entre 1906 e 1926 Bandung conseguiu o status de municipalidade e de cidade <ref> ''Mapa de Bandung na primeira década do século XX'' [http://farm3.static.flickr.com/2077/2436222692_19feda81ef_o.jpg]</ref>.
 
=== Capital falida da colonia ===
O edificio do concello ao norte das vías creou un novo centro a partir do cal a cidade creceu cara ao nordeste. Motivos de seguridade e clima favoreceron a idea do traslado da capital das Indias Orientais Holandesas de Batavia a Bandung. En [[1914]] o barrio militar estendeuse ao leste do concello e despois progresivamente (na década dos vinte e trinta) púxose en funcionamento un ambicioso plan arredor dun novo complexo gobernamental <ref> ''O crecemento do sector nordés'' [http://farm4.static.flickr.com/3180/2436231508_e9166a048f_o.jpg]</ref><ref> ''Proxecto do complexo gobernamental (soamente o extremo sur, Gedung Sate, realizado )'' [http://farm4.static.flickr.com/3144/2436224580_d1c1402683_o.jpg]</ref>. Cos principios da cidade-xardín deseñouse o chamado barrio europeo, unha coroa residencial en torno ao anterior <ref> ''O Barrio Europeo ou cidade-xardín'' [http://farm3.static.flickr.com/2351/2435414103_1800f54f4e_o.jpg]</ref>. No extremo norte erixiuse o campus da prestixiosa Escola Técnica (ITB).
 
En conxunto, Bandung vivíu a súa idade dourada de ricos facendados con extensas plantacións e vida cosmopolita (Braga Street <ref> ''Vistas de Braga Street na época'' [http://farm3.static.flickr.com/2319/2436210806_0f17e941dd_o.jpg]</ref>, entre a ''Postweg'' ao leste do ''Alun-alun'' e as vías, con tendas e cabarets, edificios ''[[art Deco]]'' e arquitectura moderna <ref> ''Exemplos de arquitectura moderna en Bandung'' [http://www.flickr.com/photos/24987484@N07/page9/]</ref>).
 
=== Independencia ===
A [[Segunda Guerra Mundial]] cortou de raíz o plan da capitalidade. Coa independencia de [[Indonesia]] en 1945, Bandung foi nomeada capital de Xava Occidental. Nos anos cincuenta produciuse unha febre inmigratoria do rural cara á cidade. O efecto inmediato foi unha densificación de caseque cada baleiro. Despois, nos anos setenta, fíxose un amplo desenvolvemento do sector sueste <ref> ''Crecemento entre 1950 e 1980'' [http://farm3.static.flickr.com/2009/2436222292_427a2e6302_o.jpg]</ref>.
 
Liña 57:
[[Ficheiro:Bandung view from the peak.jpg|miniatura|centro|550px|]]
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
Liña 63:
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.bandung.go.id/ Páxina oficial] {{id}}
 
[[Categoría:Cidades de Indonesia]]