Bagdad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 23:
|altitude = 34
|superficie = 204,2
|poboación = 6. 431. 839 hab. ([[2008]])
|densidade = 31.498 hab/km²
|xentilicio =
Liña 39:
== Xeografía e clima ==
[[Ficheiro:ClimateBaghdadIraq.PNG|miniatura|200px|Diagrama do clima de Bagdad.]]
A cidade está situada nunha vasta chaira divida polo [[río Tigris]]. Este divide a Bagdad en dous, a metade leste, coñecida tamén como "Rusafa", e a metade oeste, a "Karkh". O terreo onde se sitúa a propia cidade é chan e de baixa altura, produto dun aluvión orixinal debido ás longas e periódicas [[inundación|inundacións]]s provocadas polo río.
 
Bagdad posúe un clima moi caloroso e árido (''BWh'', segundo a [[Clasificación climática de Köppen|táboa de Köppen]]), sendo unha das cidades máis calorosas do mundo.<ref>http://wwis.aemet.es/154/c01464.htm</ref> Durante o [[verán|período estival]], de xuño a agosto, a temperatura media é de 34,8 &nbsp;°C, acompañada de sol constante. A chuvia é practicamente descoñecida na zona nesa estación. Durante o día, os termómetros poden dispararse ata os 50 &nbsp;°C á sombra e pola noite baixar ata os 25 &nbsp;°C. A [[humidade]] é tamén moi baixa debido á distancia que separa a cidade do [[Golfo Pérsico]], o que axuda a que se formen frecuentemente tormentas de po que se orixinan no deserto.
 
Durante o [[inverno]], de decembro a febreiro, as temperaturas suavízanse notablemente. As máximas varían entre os 25 e 26 &nbsp;°C e as mínimas habitualmente nos -6 &nbsp;°C, aínda que non é estraño en Bagdad experimentar temperaturas en inverno por baixo dos -10 &nbsp;°C. A presencia do [[río Tigris|Tigris]], atenúa o efecto do clima continental.
 
A [[chuvia]] anual limítase ó período que vai de novembro a marzo, sendo de media uns 140 milímetros con rexistros máximos de 215 e mínimos de 0 mm. O [[11 de xaneiro]] de [[2008]] produciuse unha estampa insólita en Bagdad, xa que a cidade amenceu cuberta dunha fina capa de [[xeo]], a primeira en 100 anos.<ref>[http://web.archive.org/web/20070609092458/http://afp.google.com/article/ALeqM5huPkYk4bGVvo1Sa1tWeH-tgENiFw Afp.google.com, First snow for 100 years falls on Baghdad]</ref>
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Bagdad-sat.JPG|miniatura|250px|Fotografía de satélite de Bagdad.]]
'''Bagdad''' fundouse no [[século VIII]] e é a capital de [[Iraq]] dende [[1920]], cando aínda era un reino.
 
=== Precedentes ===
A rexión de [[Mesopotamia]], onde os ríos [[río Éufrates|Éufrates]] e [[río Tigris|Tigris]] se aproximan ata apenas trinta quilómetros, foi de sempre o lugar dalgún centro urbano de importancia. Así [[Babilonia]], dende o terceiro milenio antes da nosa era, e [[Dur Kurigalzu]] no segundo. Nos tempos de [[Nabucodonosor II|Nabucodonosor]], no [[século -VI|século VI a.C.]], seica houbo un asentamento acondicionado para o comercio fluvial, significativo pero modesto, xa co nome de Bagdad, mencionado no [[Talmud]] <ref>[http://www.hebrewhistory.info/images/factpaper/31.2.gif www.hebrewhistory.info]</ref>) no lugar da actual cidade. Ás aforas, xa na época helenística, localizábase [[Seleucia]] e a súa continuación [[Ctesifonte]], capital sasánida, ámbalas dúas entre as maiores do mundo nos seis primeiros séculos da nosa era.<ref>[http://www.lib.utexas.edu/maps/historical/baghdad_rivers_1944.jpg www.lib.utexas.edu]</ref>
 
=== Fundación da nova capital ===
[[Ficheiro:Samarra map.png|miniatura|250px|Situación de Bagdad nas rutas rexionais.]]
O segundo califa [[abásida]], [[Al-Mansur]], decidindo o lugar para a fundación dunha nova capital do novo califato acabado de constituír do [[islam]] oriental, elixiu a beira oeste do Tigris, augas arriba de Ctesifonte, que xa fora conquistada polos árabes no [[637]], e que ao cabo ficou deserta ao trasladarse a súa poboación á nova capital.
Liña 60:
O [[31 de xullo]] do [[762]] foi así fundada, de acordo con coidados cálculos astrolóxicos, a cidade de '''[[Bagdad]]''' co nome de Medinat al-Salam (Cidade da Paz). A súa planta circular de máis de dous quilómetros de diámetro tiña precedentes na [[Persia]] sasánidas. Posuía unha dobre banda perimetral de aloxamentos dividida en cuadrantes xunto á [[muralla]], a cal tiña catro grandes portas orientadas segundo o mundo [[musulmán]] e non polos eixos cardinais. O espazo central era un gran baleiro arredor do pazo califal, a mesquita e os cuarteis <ref>[http://picasaweb.google.com/tessellar/CircularCities#slideshow/5132719168858530178 Esquema] de Bagdad á súa fundación.</ref>.
 
=== Esplendor e ruína ===
Case decontado, e por dous séculos, converteuse na meirande cidade do mundo, acadando, posiblemente por primeira vez na historia, o millón de habitantes. Xa no tempo do califa [[Harun al-Raschid]] ([[786]]-[[809]]) era unha metrópole cosmopolita ([[Arabia|árabeárabes]]s, persas, [[xudeu]]s, [[India|indioindios]]s), centro do saber e as [[arte]]s ([[álxebra]] e [[poesía]]; unha gran [[biblioteca]], a Casa da Sabedoría). Foi, en definitiva, a urbe das "''[[Mil e unha noites]]''".
 
Moi pronto a cidade circular viuse sobrepasada con primeiras extensións cara ao norte (barrio Kadhimiyya arredor do santuario homónimo, [[799]]), e cara ao sur e á ribeira do Tigris (barrio Karkh, rúa Haifa). Unha rede de canais irrigaba a urbe e comunicábaa a través do río co interior do imperio e os mares no porto de [[Basora]]. Xunto coas rutas terrestres entre Persia e o [[Mediterráneo]], Bagdad era o centro do comercio entre [[oriente]] e [[occidente]] <ref>[http://www.jesusneverexisted.com/IMAGES/baghdad.gif www.jesusneverexisted.com]</ref>. Porén, contra a metade do [[século IX]] os primeiros síntomas de debilidade do califato fixéronse notar. Xa a partir do [[813]] o pazo califal non volveu ser usado coma consecuencia das destrucións habidas en asedios e loitas fratricidas entre os fillos de [[Harun al-Raschid]]. No [[836]] a corte trasladouse a [[Samarra]]. Inda que de volta en [[892]], xa o fixo a beira leste do Tigris onde, dende o [[862]]-[[866]], o califa [[Al-Musta'in]] tiña construído unha primeira muralla semicircular que protexía os distritos orientais, completada no oeste con outro semicírculo. A fundacional cidade circular foi progresivamente abandonada á ruína<ref>[http://home.tiscali.nl/~t543201/web-mongol/mongol-maps/mongol-bagdad.gif Esquema] da planta da cidade.</ref>.
Liña 69:
A invasión [[mongol]] do ano [[1258]] levaría á cidade á case total destrución co masacre da maioría da poboación, inutilizando para sempre o sistema de canais e diques de irrigación. Significou o fin do califato abásida e o da súa capital coma metrópole medieval.<ref>[http://www.muslimheritage.com/uploads/Matrakci_plan_of_Baghdad.jpg www.muslimheritage.com]</ref> Cando comezaba unha certa recuperación, [[Tamerlán|Timur]] saqueouna novamente en [[1401]]. Durante os seguintes cinco séculos Bagdad sería só a capital provincial de diferentes poderes rexionais, e do [[Imperio Otomán]] a partir de [[1534]] <ref>[http://www.hebrewhistory.info/images/factpaper/31c.gif www.hebrewhistory.info]</ref>.
 
=== Época contemporánea ===
[[Ficheiro:baghdad nima 2003.jpg|miniatura|250px|Planta de Bagdad no ano [[2003]].]]
No último terzo do [[século XIX]] Bagdad acadou a súa modernización: as murallas medievais foron derrubadas, o concello foi constituído, erguéronse escolas, hospitais e demais infraestruturas e servizos. En [[1920]] volveu ser capital, desta vez do recentemente instaurado reino de [[Iraq]].
Liña 96:
* [[Novo Bagdad]] (9 Nissan)<ref>Specialist Miller, Andy. "[http://www.kcentv.com/news/c-article.php?cid=5&nid=235 Iron Horse Brigade aids Iraqi boy’s recovery]", [[KCEN-TV|NBC 6]], [[30 de junio|30-7]]-[[2004]].</ref>
 
== Notas ==
{{referencias}}