Pokémon Red e Blue: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
una > unha a tenor > a teor
Liña 34:
O concepto que orixinou a creación de Pokémon, e por ende de ''Red'' e ''Blue'', xurdiu da afección do deseñador [[Satoshi Tajiri]] de recolección de insectos. Co paso do tempo, pensou que os nenos debían relaxarse do [[estrés]] que sentían acotío. Decidiu que unha boa forma de distraelos era mediante os videoxogos. Debido a que a Game Boy tiña a capacidade de intercambiar información con outra consola igual, [[Shigeru Miyamoto]] opinou que debían de producirse diversos cartuchos para que, en cada un deles, houberan distintas criaturas e os xogadores puidesen intercambialas entre si. Durante o tempo do seu lanzamento, Tajiri mantívose escéptico ante o feito de que os xogos foran ben recibidos polo público, pois anteriormente cando lle presentou o proxecto a Nintendo pensou que se cadra non lle darían luz verde para comezar a desenvolver os xogos; isto foi debido a que daquela, a Game Boy tiña baixas vendas. Porén, ámbolos dous títulos aumentaron en popularidade, pois tempo despois de que foran lanzados á venda,descubriuse o Pokémon n.° 151: [[Mew (personaxe de Pokémon)|Mew]]; isto provocou moita atención arredor dos xogos, pois esta criatura non estaba contemplada no deseño orixinal.<ref name="mew">{{cita web |url=http://replay.waybackmachine.org/20090608173811/http://www.nintendo.co.jp/nom/0007/gfreak/page06.html |título=『ポケットモンスター』スタッフインタビュー |dataacceso=17 de abril de 2011 |editorial=Nintendo |idioma=xaponés}}</ref>
 
O xogador controla ó protagonista dende unha [[perspectiva aérea]] e percorre a rexión ficticia de [[Kanto (Pokémon)|Kanto]] para combater a outros adestradores de Pokémon. O obxectivo principal do xogo é converterse no campión de Kanto ó derrotar ós catro mellores adestradores Pokémon da rexión. Outro obxectivo é completar a [[Pokédex]], unaunha enciclopedia que se atopa dentro do xogo, mediante a captura das 151 especies Pokémon dispoñibles. ''Red'' e ''Blue'' permiten empregar o [[Game Link Cable]] para conectar dúas consolas e intercambiar Pokémon ou combater entre os xogadores. AmbosÁmbolos títulos son independentes un do outro, pero ambos presentan o mesmo argumento e é preciso que os xogadores intercambien entre si diferentes criaturas para poder ter as 151 especies Pokémon.
 
''Red'' e ''Blue'' recibiron, en xeral, críticas positivas; eloxiouse a opción multixogador, en especial o concepto de intercambio. Ambos títulos obtiveron unha puntuación global de 89% por parte de [[GameRankings]]. Asemade atópanse nunha posición importante en diferentes listas de estilo ''top''; o sitio web [[IGN]] realizou unha serie de artigos a tenorteor dos dous títulos a partir de 2003, e en todos eles figuran entre «Os 100 mellores xogos de tódolos tempos». O lanzamento de ambos xogos marcou o comezo do que se convertería nunha franquía que vendeu millóns de copias arredor de todo o mundo, polo que foron incluídos en 2009 dentro do ''[[Libro Guinness dos récords|Libro Guiness dos récords mundiais]]'' nas seccións «Mellor xogo de rol vendido para Game Boy» e «Mellor xogo vendido do xénero RPG de tódolos tempos».
 
== Notas ==