Abrir o menú principal

Cambios

*flamenco>flamengo
A cidade recibiu a influencia de diferentes culturas, que se foron sumando ó substrato nativo vasco. Na segunda metade do século XX chegaron a ela gran número de emigrantes procedentes do resto de España, ós que se sumaron nos últimos anos persoas chegadas de [[Latinoamérica]] e do norte de [[África]]. Como consecuencia, Vitoria é unha cidade activa e multicultural. Segundo un estudo, é a segunda cidade de España con mellor calidade de vida despois de [[Xirona]]{{cómpre referencia}}. É ademais a cidade española con máis zonas verdes, con 42 m² por persoa contando o Anel Verde da cidade<ref>[http://www.alavaturismo.com/es/ruta.php?Clave=3 zonas verdes de Vitoria]</ref>, e a segunda contando só as áreas verdes dentro da cidade con 23,4 m² por persoa<ref>[http://revista.consumer.es/web/es/20021101/actualidad/tema_de_portada/ zonas verdes de Vitoria]</ref>.
 
A capital vasca conta con varios museos de primeira orde. O novo Centro-Museo Vasco de Arte Contemporánea ([[ARTIUM]]) ofrece unha colección de arte vasca e española desde os comezos do século XX ata a actualidade. Na casa-hotel do Conde de Dávila (de 1912), en pleno paseo de Frai Francisco (famoso polos seus suntuosos e en ocasións excéntricos pazos de principios do século XX), está o Museo de Belas Artes de Vitoria. Este centro ofrece unha brillante selección de costumismo vasco, tallas románicas e góticas, trípticos flamencos[[Flandres|flamengos]] e cadros dos séculos XVIII e XIX. Xunto co Mueso de Arqueoloxía, situado na Praza da Burullería, forma parte dunha rede museística que completan o Museo de Armería (tamén no Paseo de Frai Francisco, xunto a [[Ajuria Enea]]), o Museo de Ciencias Naturais (na impoñente Torre de Doña Otxanda, do século XV) e o [[Museo Fournier de Naipes]] (coa maior colección de naipes do mundo mercede á contribución da empresa local [[Naipes de Heraclio Fournier S.A.|Heraclio Fournier]], fundada en 1868). Por outra parte, numerosas galerías de arte distribúense pola cidade, acollendo exposicións de todo tipo.
 
Na terceira semana de xullo ten lugar anualmente o [[Festival de Jazz de Vitoria]], polo que pasaron músicos como [[Ella Fitzgerald]], [[Dizzy Gillespie]], [[Miles Davis]], [[Chick Corea]], [[Bobby McFerrin]] ou [[Wynton Marsalis]], quen compuxo un álbum de homenaxe ó festival.
 
=== Monumentos e lugares de interese ===
[[Catedral de Santa María de Vitoria|Catedral de Santa María (Catedral Vella)]]. É un edificio gótico do século XIV cunha torre do XVII. Baixo o pórtico ábrense tres portadas decoradas con estatuas e releves. No interior, as capelas conteñen imaxes góticas, flamencasflamengas e renacentistas italianas. Nas capelas da esquerda pódense ver pinturas de [[Rubens]] e [[van Dyck]]. A catedral está en período de restauración e foi estudada por expertos de todo o mundo polas súas curiosidades arquitectónicas, entre elas as deformacións que sufriu debido a reformas e restauracións anteriores.
 
[[Ficheiro:Vitoria - Catedra Nueva 0001.JPG|190px|miniatura|dereita|Interior da Catedral Nova]]
[[Museo Fournier de Naipes]]. Ten como sede o pazo de Bendaña. A fabricación de naipes foi unha das actividades máis características de Vitoria. No museo expóñense máis de 6.000 barallas, algunhas delas moi antigas.
 
[[Museo de Belas Artes de Vitoria|Museo de Belas Artes]]. Nunha mansión renacentista, o museo mostra tallas do século XIV, trípticos flamencosflamengos do XVI, cadros de mestres españois como Ribera, e pintura moderna española, con obras de [[Picasso]] ou [[Zuloaga]] entre outros. O museo presta especial atención á pintura costumista vasca.
 
[[Museo de Armería de Álava]]. Moi cerca do anterior, nel pódense ver armas de tódalas épocas, desde hachas prehistóricas ata pistolas do século XX. Hai unha gran colección de armamento medieval e a reconstrución da [[batalla de Vitoria]], librada en 1813 durante a guerra da Independencia.