Born This Way: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Eliminouse o modelo «Link GA».
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 23:
Estamos ante un álbum de letras profundas e comprometidas. Gaga trata temas como a igualdade (tanto da muller como dos homosexuais), a inmigración, a relixión e a defensa de identidade única a persoal de cada un mesmo como o máis importante. A inspiración detrás das letras son as propias experiencias que lle contaban o seus fans ("[[Born This Way (canción)|Born This Way]]", "Bad Kids", "Americano", "Electric Chapel") e sobre a súa biografía. Deste xeito, foi capaz de falar sobre o seu antigo xeito de vida ("[[Marry the Night|Marry The Night]]", "Black Jesus † Amen Fashion", "Yoü and I"), sobre os problemas que a inquietan (sobre o amor e a igualdade na sociedade independentemente da cor e a sexualidade en "Born This Way", a inmigración, a relixión e o matrimonio gay en "Americano"), sobre o que está disposta a facer polos seus ideais ("The Queen"). Ó abrir o libreto pódese ler unha dedicatoria que define o álbum: ''Este álbum é para vós''. Nas palabras da autora, este é un disco sobre '' amar quen es e ser fiel a ti mesmo ''.
 
:''Marry The Night'', escrita e producida por Gaga e Garibay, é unha homenaxe a Nova York. O tema que dá nome ó álbum , ''Born This Way'', é un himno á liberdade, á igualdade e ó amor, sendo escrita e producida por Gaga coa axuda de Jeppe Laursen na letra e Garibay na produción. O seguinte tema , ''Government Hooker'', conta a fantasía sexual entre Marilyn Monroe e o presidente Kennedy e foi escrita e producida por Gaga e DJ White Shadow, incorporando elementos de ópera. A continuación vén unha historia de traizóns e amor escrita e producida por Gaga e RedOne, con moito parecido a ''Bad Romance''. ''[[Judas (canción)|Judas]]'' ,nas palabras de Gaga, vai ''sobre namorarse do home equivocado una e outra vez''. Na quinta canción, ''Americano'', temos un número italo-caucásico e flamenco mariachi ó mesmo tempo. Gaga atrévese co español neste tema escrito e producido por ela e Garibay, que reflexiona sobre a inmigración e o matrimonio gay e a perspectiva que ten a relixión sobre isto. ''Hair'' é o sexto ''beat''. Escrita e producida por Gaga e RedOne, nesta seudobalada ''disco'' de potentísimo estribillo a extravagante artista afirma ser tan libre como o seu pelo nunha escena de rebeldía xuvenil. O saxo é de Clarence Clemons, da E-Street Band; ela non se ía conformar con menos. O sétimo posto é para ''Scheiße'' (merda en alemán), onde o plurilingüismo é máis vehicular que anecdótico nesta mestura de techno industrial e estribillo ''eurotrash'', obra de Gaga e RedOne. A continuación temos ''Bloody Mary'', de Gaga, Garibay e DJ White Shadow. Destaca o pizzicato inicial, a bonita melodía e o coro robótico. A novena canción é ''Black Jesus + Amen Fashion''. Escrita por Gaga e DJ White Shadow, está baseada en episodios da vida da cantante. Despois atópamonos con ''Bad Kids'', inspirada nas historias dos seus fanas que Gaga puido coñecer na súa xira.É unha homenaxe ás súas historias. De seguido vén ''Fashion of his Love'', unha exaltación do amor cunhas letras apaixonadas e entusiastas. A doceava canción é ''Highway Unicorn ( Road to Love ) '', obra conxunta de todos os produtores deste disco (Gaga, Garibay, RedOne e DJ White Shadow). Calificada pola crítica como ''épica setenteira'', comeza como un remix e acaba coma un collage de sensacións que loitan por elevarse máis que as anteriores. Máis arriba non se pode. Nas palabras de autora, a canción '' é sobre min, conducindo pola estrada con nada salvo un soño''. Seguimos con ''Heavy Metal Lover'', considerada pola crítica como a única canción deste álbum que podería estar no de calquera outra popstar contemporáneas. Este bombazo electro-pop describe a súa relación co seu ex-mozo Lüc Carl. A escritura e produción corren a cargo de Gaga e Garibay. O número catorce, de Gaga e DJ White Shadow, é ocupado por ''Electric Chapel'', con guitarras setenteiras aplicadas a unha base trance. Despois está ''The Queen'', ''sobre a valentía, sobre non ter medo a ser un grande''. De seguido chega ''Yoü and I'', nominada ó Grammy a mellor canción do ano. Lüc Carl volve a ser a inspiración nesta balada escrita só por Gaga e con guitarra de Brian May, de ''Queen''. O piano honky-tonk e as percusións ó ''We Will Rock You'' acompáñannos nesta peza feita para ser interpretada nos grandes estadios. O colofón chega con ''[[The Edge of Glory|The Edge Of Glory]]'', a mellor canción deste traballo para a crítica en xeral. Escrita e producida por Gaga e Garibay, a súa composición veu motivada pola morte do avó de Gaga. O minuto de saxofón de Clarence Clemons sobre sintetizadores ó ''Moroder'' merece o título de achazgo de produción dun álbum que triunfa indo ó límite. Un paso cada vez máis preto do precipicio.
 
== Composición musical ==