Cabalo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 89:
O concepto de [[pedigree|raza pura]] e o control e rexistro das razas chegaron a ser particularmente significativos e importantes nos tempos modernos. Algúns cabalos de raza pura son erroneamente chamados "purosangues". O [[purosangue]] é unha raza específica de cabalo, mentres que un "raza pura" é un cabalo (ou calquera outro animal) cun [[pedigree]] recoñecido por un rexistro de razas.<ref name=Ensminger424>Ensminger ''Horses and Horsemanship'' p. 424</ref> As razas de cabalos son grupos con características distintivas que se transmiten constantemente á súa descendencia, tales como conformación, a cor, a capacidade de rendemento ou a disposición. Estes trazos herdados son o resultado dunha combinación de cruces naturais e de métodos de selección artificial. Os cabalos foron seleccionados dende a súa [[domesticación do cabalo|domesticación]]. O exemplo máis antigo dun pobo que practicase a selección de raza foron os [[beduínos]], que tiñan a reputación de seren moi coidadosos en manter extensas xenealoxías do seu [[cabalo árabe]], e o gran valor das súas liñaxes puras.<ref>Edwards ''The Arabian'' pp. 22–23</ref> Estes pedigrees foron orixinalmente transmitidos pola [[tradición oral]].<ref>{{cite web |url= http://www.waho.org/History.html|title= Is Purity the Issue? |accessdate=2008-04-29 |work= WAHO Publication Number 21 January 1998|publisher= World Arabian Horse Organization}}</ref> No [[século XIV]], os monxes [[Orde dos Cartuxos|cartuxos]] do sue de España mantiveron meticulosos pedigrees e liñaxes que deberon no [[cabalo andaluz]].<ref>{{cite web |url= http://www.ansi.okstate.edu/breeds/horses/andalusian/index.htm|title= Andalusian |accessdate=2008-04-29|work= Breeds of Livestock|publisher= Oklahoma State University|archiveurl=http://web.archive.org/web/20080312061526/http://www.ansi.okstate.edu/breeds/horses/andalusian/index.htm|archivedate=2008-03-12}}</ref>
 
[[Ficheiro:Campeonato Argentino de Polo 2010 - 5237109478 e7ed034169 o.jpg|miniatura|300px|Cabalos tamén son usados en deportes.]]
As razas desenvolvéronse debido á necesidade de realizar un tipo particular de traballo.<ref name=Sponenberg155>Sponenberg "The Proliferation of Horse Breeds" ''Horses Through Time'' p. 155</ref> Polo tanto, enténdese que unha raza poderosa e refinada como a andaluza creouse para a monta e aptitudes para la [[doma clásica]].<ref name=Sponenberg155/> Os grandes cabalos de tiro respondían á necesidade de forza de traballo nunha [[granxa]] ou carretando.<ref>Sponenberg "The Proliferation of Horse Breeds" ''Horses Through Time'' pp. 156–57</ref> Outras razas desenvolvéronse especificamente para traballos de agricultura lixeiros, o transporte, as diversas disciplinas deportivas ou simplemente como mascotas.<ref name=Spon162>Sponenberg "The Proliferation of Horse Breeds" ''Horses Through Time'' p. 162</ref>