Diferenzas entre revisións de «Milímetro de mercurio»

m
Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m
m (Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética)
Un '''milímetro de mercurio''' (símbolo '''mmHg''') ou '''torricelli''' (símbolo '''Torr''', así denominada na honra de [[Evangelista Torricelli]]), é unha [[unidade de medida|unidade]] de [[presión]].
 
O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun [[milímetro]] de [[mercurio (elemento)|mercurio]], que ten unha [[densidade]] de 13,5951&nbsp;g/cm<sup>3</sup>, baixo a acción da [[Gravidade|gravidade estándar]] (9,80665&nbsp;m/s<sup>2</sup>), é dicir, 133,322 &nbsp;387 &nbsp;415 [[Pascal (unidade)|Pa]], mentres que o torr equivale a 1/760 da presión [[Atmosfera (unidade)|atmosférica estándar]], é dicir, 133,322 &nbsp;368 &nbsp;421... Pa (os decimais son periódicos). Até 1954 ambas unidades eran iguais, mais tras a redefinición ese ano do torr pola [[CIPM]] hai unha diferenza mínima entre elas:
 
* 1 Torr = 0.999 &nbsp;999 &nbsp;857 533 699... mmHg
* 1 mmHg = 1.000 &nbsp;000 &nbsp;142 466 321... Torr
 
Debido a que a atmosfera estándar estaba definida cuantitativamente no [[Sistema Internacional de Unidades]] —como unidade auxiliar, xa que a oficial é o [[pascal (unidade)|pascal]] (Pa)—, o torr definiuse exactamente como 101325/760&nbsp;Pa. Na edición do 2006 do SI, o torricelli desapareceu, aínda que o seu uso é relativamente frecuente en medidas de baixa presión, mais a unidade de presión recomendade é o pascal.
 
 
[[Categoría:Unidades de presión]]
393.002

edicións