Guerra de Kosovo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Liña 63:
[[Ficheiro:Milo Đukanović.jpg|miniatura|150px|Milo Djukanović.]]
[[Ficheiro:aleksinac110499.jpg|miniatura|300px|esquerda|Zona residencial bombardeada.]]
[[Ficheiro:PrizrenCollection2 2010  100  2853.JPG|miniatura|300px|esquerda|Edificios destruídos en Kosovo.]]
 
O ministro alemán de Asuntos Exteriores [[Joschka Fischer]] afirmou que a crise dos refuxiados producírase por un plan serbio denominado "[[Operación Ferradura]]". Aínda que a existencia dun plan con ese nome é aínda un asunto de continua discusión, as Nacións Unidas e as organizacións internacionais para a defensa dos dereitos humanos estaban convencidas de que a crise dos refuxiados fora o resultado dunha política deliberada de [[limpeza étnica]]. Unha análise estatística posterior á guerra sobre os patróns de desprazamento, dirixido por Patrick Ball da ''Asociación americana para o avance da ciencia'' encontrou unha correlación directa entre as operacións das forzas de seguridade serbias e os fluxos cara ao exterior de refuxiados, tendo moi pouco efecto nestes últimos as operacións da OTAN.<ref>[http://shr.aaas.org/kosovo/pk/toc.html American Association for the Advancement of Science. Political Killings in Kosova/Kosovo] {{en}} Consultada o 23/12/2011.</ref> Houbo outra evidencia de que a crise dos refuxiados fora fabricada artificialmente: algúns refuxiados informaron que os seus documentos de identidade foran confiscados por forzas de seguridade, facendo máis difícil para eles probar de forma indiscutíbel que eran cidadáns iugoslavos. Unha vez rematado o conflito, as fontes serbias informaron de que algúns dos que se uniron no retorno dos refuxiados eran de feito albaneses procedentes de fóra de Kosovo. Unha parte deste grupo poderían ser os indocumentados.