Antón Santamarina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Liña 38:
Participou en numerosas obras colectivas fundamentais na fixación do estándar e na pescuda lexicográfica e etnolingüística galega. Así, participou na elaboración da primeira edición das ''[[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]]'' ([[1982]]); coescribiu o ''[[Cancioneiro Popular Galego]]'' que elaborou con [[Dorothé Schubart]]; colaborou e dirixiu o ''[[Atlas Lingüístico Galego]]'' ([[1987]]-[[2003]]); coordinou, xunto a [[Constantino García González]], o ''[[Diccionario da Lingua Galega]]'' editado pola [[Real Academia Galega]]-[[Instituto da Lingua Galega]] ([[1990]]); e foi coordinador, xunto a [[Manuel González González]], do ''[[Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega]]'' (VOLGa), editado tamén pola Real Academia Galega-Instituto da Lingua Galega en [[2004]] <ref>Sen esquecer a súa dirección na versión anterior do VOLGa, inédita e que circulara anos atrás como fotocopia en mans de tódolos que traballaban na lingüística en Galicia.</ref>.
 
Desde [[1986]] dirixe desde o ILG o [[Tesouro Informatizado da Lingua Galega]], unha base de datos con máis de once millóns (11 &nbsp;409 &nbsp;358 en novembro de 2007) de rexistros extraídos de textos publicados desde [[1612]] á actualidade.
 
Dirixiu o ''[[Dicionario de Dicionarios]]'', editado en [[2000]] en formato electrónico polo Instituto da Lingua Galega e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, patrocinado pola [[Consellería de Educación e Ordenación Universitaria]]. A terceira edición ([[2003]]) contén máis de 300.000 entradas extraídas de 25 dicionarios e vocabularios editados ou inéditos, así como de textos de [[Frei Martín Sarmiento]].