Alfonso Armada Comyn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 2:
'''Alfonso Armada Comyn''', nado en [[Madrid]] o [[12 de febreiro]] de [[1920]] e finado na mesma cidade o [[1 de decembro]] de [[2013]], foi un [[militar|ex militar]] [[España|español]], que alcanzou notoriedade pola súa participación no [[23-F|intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981]]. Ostenta o título de [[Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla|marqués de Santa Cruz de Rivadulla]].
 
== Carreira militar ==
Fillo de Luís Gonzaga de Armada y de los Ríos Enríquez, VII [[Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla|Marqués de Santa Cruz de Rivadulla]], Xeneral de Artillaría, e María del Rosario Comyn y Allendesalazar, filla dos condes de Albiz,<ref>[http://www.euskalnet.net/laviana/gen_hispanas/armada.htm Euskalnet. Armada] {{es}} </ref> aos 16 anos alistouse no exército.
 
Durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], na que combateu no [[Bando nacional|bando nacional]], na arma de artillaría, foi destinado ás frontes de [[Madrid]], [[Andalucía]], [[Provincia de Guadalajara|Guadalajara]], [[Batalla de Teruel|Teruel]] e [[Valencia]].
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] combateu coa [[División Azul]] no sitio de [[Leningrado]], onde coincidiu con [[Jaime Miláns del Boch]].
Liña 15:
Da secretaría do monarca pasou a ser profesor principal da Escola Superior do Exército e, despois, gobernador militar de [[Lleida]]. Pouco antes do [[23-F|golpe de Estado]] do [[23 de febreiro]] de [[1981]], o día 12 do mesmo mes e ano, Armada asumiu o cargo de segundo xefe do Estado Maior do Exército.
 
== Golpe de estado ==
Esta traxectoria veuse truncada o [[23-F]], ao ser un dos principais participantes do intento de [[golpe de Estado]]. Segundo os plans dos golpistas, sobre Armada debería recaer a presidencia do goberno que dirixiría o país se o intento de golpe non fracasara. Aínda que non con total seguridade, crese que el era o ''"elefante branco"'' que esperaban os golpistas no [[Congreso dos Deputados]].<ref>[http://www.publico.es/espana/362858/alfonso-armada-estoy-satisfecho-de-como-actue-el-23-f Alfonso Armada: "Estoy satisfecho de cómo actué el 23-F"] Diario ''El Público'', no 30º aniversario do golpe</ref>
 
Descubriuse que estaba implicado cando se ofreceu ao Xefe do Estado Maior do Exército, o [[José Gabeiras|xeneral Gabeiras]], para ir en persoa ao Congreso a propoñer a [[Antonio Tejero|Tejero]] unha saída: o seu ofrecemento para presidir un goberno cívico-militar con presenza de líderes políticos. Tejero negouse rotundamente a que entrasen políticos civís ou comunistas no goberno e aí empezou o fin do golpe.
 
=== Condena ===
O [[22 de abril]] de [[1983]], o [[Tribunal Supremo de España|Tribunal Supremo]] impúxolle unha condena de 30 anos de cárcere e perda de emprego, cumprindo a súa pena na prisión de Alcalá Meco. O [[24 de decembro]] de [[1988]], o Goberno indultouno alegando razóns de saúde e que o reo acataba a [[Constitución española de 1978|Constitución Española]].
 
Logo da súa saída de prisión viviu no seu pazo de [[Santa Cruz de Ribadulla]], no concello de [[Vedra]].
 
== Actores que interpretaron a súa persoa ==
* Na [[serie de televisión]] de dous capítulos que [[TVE]] fixo sobre o fallido golpe de Estado de 1981, ''[[23-F: el día más difícil del rey]]'', Alfonso Armada foi interpretado por [[Juan Luis Galiardo]].
 
* En 2011, e para o [[filme]] ''[[23-F: la película]]'', foi interpretado por [[Juan Diego (actor)|Juan Diego]], sendo este candidato ao [[Premio Goya]] á mellor interpretación masculina de reparto na súa XXVI edición.<ref>[http://premiosgoya.academiadecine.com/candidaturas/categoria.php?id=9na Premios Goya. candidatos]</ref>
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Busquets, Julio; Miguel A. Aguilar e Ignacio Puche (1981): ''El golpe. Anatomía y claves del asalto al Congreso''. Barcelona: Editorial Ariel. ISBN 84 &nbsp;344 &nbsp;2493 2.
* Carcedo, Diego (2001): ''23-F: Los cabos sueltos''. Barcelona: Temas de Hoy. ISBN 9788484600831978-84-8460-083-1.
* Fernández López, Javier (2003): ''Miltares contra el Estado''. Madrid: Taurus, 2003. ISBN 84-306-0495-2.
* Oneto, José (2011): ''23-F: 30 años después.'' Barcelona: Ediciones B. ISBN 9788466648127978-84-666-4812-7.
* Palacios, Jesús (2001): ''El golpe de CESID''. Barcelona: Planeta. ISBN 9788408038214978-84-08-03821-4.
* Prieto, Joaquín e José Luis Barbería (1999): ''El enigma del elefante. Una invetigación sobre el 23-F''. Madrid: El País /Agular ISBN 9788403591530978-84-03-59153-0
* Urbano, Pilar (1982): ''Con la venia... yo indagué el 23-F.'' Barcelona: Editorial Argos Vergara. ISBN 84-7178-434-3
 
=== Outros artigos ===
* [[Antonio Tejero]]
* [[Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla]]
* [[Pazo de Santa Cruz de Ribadulla]]
 
=== Ligazons externas ===
* [http://web.archive.org/web/20010301205243/http://www.terra.es/actualidad/articulo/html/act17973.htm El general Alfonso Armada, ¿conspirador o víctima?], ''EFE'', 22 de febreiro de 2001.
 
{{ORDENAR:Armada Comyn, Alfonso}}
 
[[Categoría:Nados en 1920]]
[[Categoría:Finados en 2013]]