Queixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 132:
[[Ficheiro:Manchego.jpg|200px|miniatura|esquerda|[[Queixo manchego|Queixo Manchego]] con Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) da Mancha]]
 
As características do clima galego fan que o queixo do país sexa propicio para a produción leiteira, sendo elaborados queixos dende moi antigo. A aprobación das distintas Denominacións de Orixe deron homoxeneidade ás distintas variedades garantíndolle ó consumidor a calidade<ref>http://www.queixo.com/</ref>. En [[Galicia]] existen catro queixos coa certificación de [[DOP]], estes son o [[Queixo de tetilla|queixo de Tetilla]], o de [[Arzúa-Ulloa]], o de [[Queixo de San Simón) da Costa|San Simón da Costa]] e o do [[Queixo do Cebreiro|Cebreiro]]<ref>http://www.culturagalega.org/temadia_arquivo.php?id=5856 As denominacións de orixe protexen unha variedade de vinte alimentos no noso país</ref>. Os queixos galegos son suaves, brandos, pouco curados, aínda que cada variedade ten a súa diferenciación. O xeito de elaboración do tetilla e máis o Arzúa-Ulloa apenas difiren mentres que o Cebreiro ten un punto de acidez que non teñen os outros e o afumado do San Simón faino peculiar. Noutrora o uso de leite de [[ovella]] e [[cabra]] era moi común pero hoxe é moi escaso<ref>http://www.queixo.com/</ref>. No resto do estado existen outros 20 queixos protexidos<ref>http://www.mapa.es/es/alimentacion/pags/Denominacion/resultado1.asp Denominaciones de Origen en España - Queso y Mantequilla</ref><ref>http://www.chefuri.com/v4/reportaje-Quesos_con_denominaci%C3%B3n_de_origen_en_Espa%C3%B1a-204.html Quesos con denominación de origen en España</ref>, entre os que destaca o [[queixo manchego]], unha dos grandes acenos de identidade da rexión de [[A Mancha]], xunto ao [[Don Quixote|Quixote]] de [[Miguel de Cervantes]]. Existe unha grande variedade de marcas que comercializan queixos industriais que o imitan, pero non poden indicar que se trata de queixo manchego, aínda que estean fabricados na Mancha.
 
A designación como Indicación Xeográfica Protexida está regulada para os países membro da [[Unión Europea]], aínda que con particularidades para cada un deles. Funciona de forma moi semellante en [[Francia]], onde se denomina ''Appellation d'Orixine Contrôlée'', cuxa orixe se remonta ao [[século XV]], no primeiro intento de protexer o [[queixo roquefort]]. Este queixo foi o primeiro en obter a acreditación da lei moderna francesa, que xa cobre a máis de 40 queixos diferentes. Tamén en Italia a ''Denominazione dei Orixine Controllata'' protexe a queixos como o [[queixo parmesano|parmesano]] (baixo a marca ''Parmigiano-Reggiano''); noutros países temos o [[queixo feta]], en [[Grecia]], ou os [[queixo stilton|stilton]] e [[cheddar]], no [[Reino Unido]] <ref>Produtos con Denominación de Orixe Protexida no Reino Unido. [http://ec.europa.eu/agriculture/qual/es/uk_es.htm Comisión europea - Agricultura].</ref>.