Bacillus amyloliquefaciens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:Bacillus amyloliquefaciens
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2015 ás 01:05

Bacillus amyloliquefaciens
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Bacillales
Familia: Bacillaceae
Xénero: 'Bacillus'
Especie: ''B. amyloliquefaciens''
Nome binomial
'Bacillus amyloliquefaciens'
Priest et al., 1987

Bacillus amyloliquefaciens é unha especie de bacterias do xénero Bacillus que é a fonte do encima de restrición BamH1. Tamén sintetiza unha proteína antibiótica chamada barnase, unha ribonuclease moi estudada que forma un complexo co seu inhibidor intracelular barstar, e a plantazolicina, que é un antibiótico con actividade selectiva contra Bacillus anthracis.[1]

Descubrimento e nome

B. amyloliquefaciens foi descuberto no solo en 1943 polo científico xaponés J. Fukumoto,[2] que lle deu á bacteria o seu nome, que significa que produce a licuefacción do amidón (amylo + lique + faciens).

Usos

A alfa amilase de B. amyloliquefaciens úsase a miúdo na hidrólise do amidón. É tamén unha fonte de subtilisina, que cataliza a degradación de proteínas dun modo similar ao da tripsina.

Status como especie

Entre as décadas de 1940 e 1980, os bacteriólogos debateron sobre se B. amyloliquefaciens era realmente unha especie separada ou unha subespecie de Bacillus subtilis. O asunto quedou solucionado en 1987, cando se estableceu que era unha especie separada.[3]

Na Colección de cultivos tipo americana (ATCC), o número do B. amyloliquefaciens é 23350.

Notas

  1. Molohon KJ, Melby JO, Lee J, Evans BS, Dunbar KL, Bumpus SB, Kelleher NL, Mitchell DA (2011). “Structure Determination and Interception of Biosynthetic Intermediates for the Plantazolicin Class of Highly Discriminating Antibiotics”. ACS Chem. Biol. 6 (12): 1307-1313. doi: 10.1021/cb200339d. PMID 21950656.
  2. J. Fukumoto (1943). "Studies on the production of bacterial amylase. I. Isolation of bacteria secreting potent amylases and their distribution". Journal of the Agricultural Chemical Society of Japan (en Japanese) 19: 487–503. 
  3. *F. G. Priest, M. Goodfellow, L. A. Shute & R. C. W. Berkeley (1987). "Bacillus amyloliquefaciens sp. nov., nom. rev.". International Journal of Systematic Bacteriology 37 (1): 69–71. doi:10.1099/00207713-37-1-69.