José Antonio Abad: Diferenzas entre revisións

psicólogo e escritor galego
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''José Antonio Abad Varela''', nado na Coruña en 1940, é un psicólogo infantil, divulgador da música clásica e escritor de literatura infantil Galicia|galeg..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2015 ás 16:29

José Antonio Abad Varela, nado na Coruña en 1940, é un psicólogo infantil, divulgador da música clásica e escritor de literatura infantil galego.

Traxectoria

Estudou psicoloxía na Universidade de Sevilla e pedagoxía en Italia. Traballou como psicólogo infantil en Andalucía e foi presidente da Asociación de Escolas Infantís de Andalucía, e logo de volver a Galicia desenvolveu o seu labor profesional nos servizos sociais do concello da Coruña, dirixindo o Departamento de Programas de Divulgación de la Música entre 1992 e 2005[1]. É autor dos libros infantís dedicados á divulgación da música clásica O oso fabuloso (2004), Hércules e Crunia (2005), As catro estacións. Vivaldi (2012) e O carnaval dos animais (2013), que foi finalista do Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil.[2]

Notas