Diferenzas entre revisións de «Ernest Rutherford»

m
Bot - Celandia -> Zelandia
m (bot Cambios estética)
m (Bot - Celandia -> Zelandia)
Rutherford destacou moi pronto pola súa curiosidade e a súa capacidade para a [[aritmética]]. Os seus pais e o seu mestre animárono moito, e resultou ser un alumno brillante, o que lle permitiu entrar no ''Nelson College'', no que estivo tres anos. Tamén tiña grandes calidades para o [[rugby]], o que lle valía ser moi popular na súa escola. O último ano, terminou en primeiro lugar en todas as materias, grazas ao cal entrou na Universidade, no ''Canterbury College'', no que seguiu practicando o rugby e no que participou nos clubs científicos e de reflexión.
 
Por esa época empezou a manifestarse o xenio de Rutherford para a experimentación: as súas primeiras investigacións demostraron que o ferro podía magnetizarse por medio de altas frecuencias, o que de seu era un descubrimento. Os seus excelentes resultados académicos permitíronlle proseguir os seus estudos e as súas investigacións durante cinco anos en total nesa Universidade. De feito, conseguira a única beca de [[Nova Zelandia]] para estudar [[matemáticas]], e sobreviviu o último ano como mestre. Obtivo dese modo o título de "''Master of Arts''" cunha dobre primeira clase en matemáticas e física. En [[1894]] obtivo o título de "''Bachelor of Science''", que lle permitiu proseguir os seus estudos en [[Gran Bretaña]], nos [[Laboratorios Cavendish]] de [[Cambridge]], baixo a dirección do descubridor do [[electrón]], [[Joseph John Thomson|J.J. Thomson]], a partir de [[1895]]. Foi o primeiro estudante de ultramar que alcanzou esta posibilidade. Antes de saír de Nova CelandiaZelandia, prometeuse con Mary Newton, unha moza de [[Christchurch]].
 
=== Cambridge, 1895-1898 ===
384.871

edicións