Chantada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 142:
O castro de Centulle está na parroquia de San Xurxo de Asma, e atópase en mal estado de conservación. Nel construíuse o santuario da Nosa Señora de Fátima, e o territorio anexo está destinado a uso agrícola. Pénsase que tiña unha configuración do modelo espiral, con dous corpos posuíndo tramos de tres. No recinto atopáronse restos de vaixela e de muíños de man. Diversas hipóteses defenden que aquí estaba a fortaleza dos Circa, arrasada polos [[normandos]] e máis tarde pertencente á [[casa de Altamira]].
 
O castro San Amaro está na parroquia de San Xián de Mato, e está en mal estado de conservación. Nel foi construída unha capela, que lle deu o nome no pasado (actualmente dedicada a San Lucas).
 
O castro de Abeleda está na aba da serra do Faro, preto xa do concello de [[Carballedo]], xunto á lugar de [[Abeleda, A Grade, Chantada|Abeleda]] ([[A Grade, Chantada|A Grade]]). Nel atopouse un [[Torque (colar)|torque]] de ouro, conservado no [[Museo de Pontevedra]]. Nun lugar próximo apareceu un poboado romano, do que apareceron varias paredes e un cofre con moedas romanas.
Liña 154:
O castro Candaz atópase xeralmente anegado polo [[río Miño]] trala construción do [[encoro de Belesar]]. Non se atopa en bo estado de conservación por este factor e porque os terreos foron ocupados para o cultivo da [[vide]].
 
Está situado nun lugar estratéxico do paso do río, con pouca visibilidade e lonxe de núcleos de poboación, nun outeiro xunto á desembocadura do río da Lama e do [[río Enviande]]. No acceso ao recinto hai tres chairas que fan de defensa natural. O recinto estaba [[muralla|amurallado]].
 
=== Castro de San Sebastián ===