Diferenzas entre revisións de «Adolf Otto Reinhold Windaus»

m
bot Cambios estética
m ({{Icona nobel química}})
m (bot Cambios estética)
'''Adolf Otto Reinhold Windaus''', nado o [[25 de decembro]] de [[1876]] en [[Berlín]] ([[Alemaña]]) e finado o [[9 de xuño]] de [[1959]] en [[Göttingen]], foi un químico [[Alemaña|alemán]], descubridor da [[vitamina D]] e a [[histamina]]. Gañou o [[Premio Nobel de Química]] en [[1928]].
 
== Traxectoria ==
Estudou no Liceo Francés (Französisches Gymnasium) de [[Berlín]], no que se interesou principalmente pola literatura. Iniciou estudos de Medicina en [[1895]]. Impresionáronno tanto as conferencias do premio Nobel de química [[Hermann Emil Fischer|Emil Fisher]] que comezou a estudar química en [[Friburgo, Alemaña|Friburgo]] ao tempo que continúa coa Medicina. Doutorouse en [[1900]] cunha tese dedicada ao [[veleno]] que se extrae da [[dedaleira]]. A partir de [[1906]], traballa como profesor na [[Universidade de Innsbruck]], e na [[Universidade de Göttingen]] de [[1915]] a [[1944]] como director do Instituto Químico.
 
=== Investigacións científicas ===
Volveu a Berlín para traballar con Emil Fischer e coñeceu a [[Otto Paul Hermann Diels|Otto Diels]] (futuro premio Nobel en [[1950]]), con quen mantivo unha longa amizade. En [[1901]] retornou a Friburgo e comezou a traballar sobre o [[colesterol]] e os [[esterol|esterois]]. A partir de [[1906]] impartiu docencia na universidade de [[Innsbruck]] e logo en [[Göttingen]] entre [[1915]] e [[1944]]. En [[1919]] logrou transformar o colesterol en [[ácido colánico]] (que fora illado dos [[ácido biliar|ácidos biliares]] por [[Heinrich Otto Wieland]]). Windaus mostrou así a ligazón entre os esterois e os ácidos biliares. Descobriu tamén que a vitamina D é un esterol e que a luz é precisa para que esta [[vitamina]] actúe. Estas investigacións valéronlle o premio Nobel. Traballou igualmente sobre os derivados do [[imizadol]], o que o levou a demostrar que a [[histidina]] (un [[aminoácido]]) é un derivado do imidazol, e a descobrir a [[histamina]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/chemistry/laureates/1928/index.html Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1928] {{en}}
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/chemistry/laureates/1928/windaus-bio.html Biografía na páxina do Instituto Nobel]
* [http://www.nndb.com/people/373/000100073/ Perfil de Adolf Otto Reinhold Windaus NNDB] {{en}}
 
{{sucesión| título=[[Premio Nobel de Química]]</br>[[Ficheiro:Nobel prize medal.svg|25px]] | período=[[1928]]| predecesor=[[Heinrich Otto Wieland]] | sucesor=[[Arthur Harden]] e [[Hans von Euler-Chelpin]]}}
 
{{Nobel de Química}}
{{ORDENAR:Windaus, Adolf Otto}}
 
[[Categoría:Químicos de Alemaña]] [[Categoría:Premio Nobel de Química]]
[[Categoría:Premio Nobel de Química]]
[[Categoría:Nados en 1876]]
[[Categoría:Finados en 1959]]
[[Categoría:Nados en Berlín]]
{{ORDENAR:Windaus, Adolf Otto}}
393.002

edicións