Diferenzas entre revisións de «Yersinia pestis»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
'''''Yersinia pestis''''' (antes chamada ''Pasteurella pestis'') é unha especie de [[bacteria]]s [[Gram negativa]]s con forma de [[bacilo]] ou [[cocobacilo]], [[anaerobio facultativo|anaerobia facultativa]], que pode infectar a humanos e outros animais, e é a causante das pragas de [[peste]] dos últimos 1300 anos. <ref name=Sherris>{{cite book |author=Ryan KJ, Ray CG (editors) |title=Sherris Medical Microbiology |edition=4th |pages=484–488 |publisher=McGraw Hill |year=2004 |isbn=0-8385-8529-9}}</ref>
 
A infección por ''Y. pestis'' en humanos pode presentarse de tres formas principais: [[peste pneumónica]], [[peste septicémica]], e [[peste bubónica]].<ref name=Sherris/> Todas as formas foron responsables de [[epidemia]]s de grande mortalidade na historia humana, como a [[Peste de Xustiniano]] no [[século VI]] e a [[Peste negra]] que matou a 1/3 da poboación europea no [[século XIV]].<ref>{{Cite book
| last = Austin Alchon
| first = Suzanne
A [[Organización Mundial da Saúde]] informa todos os anos de miles de casos de peste, aínda que hoxe cun adecuado e rápido tratamento, o [[prognóstico]] das vítimas mellorou moito. Durante a [[guerra do Vietnam]] os caoss Asia os casos multiplicáronse por 5 ou por 6, posiblemente debido á destrución dos [[ecosistema]]s e a unha maior proximidade entre os homes e os animais. A peste tamén afecta moi prexudicialmente a outros mamíferos ([[furón]]s, [[can das praderías|cans das praderías]], etc.)
 
== Características xerais ==
''Y. pestis'' é un bacilo anaerobio facultativo cunha tinguidura bipolar (que lle dá ao aspecto dun [[imperdible]]).<ref name=Baron>{{cite book | author = Collins FM | title = Pasteurella, Yersinia, and Francisella. ''In:'' Baron's Medical Microbiology ''(Baron S ''et al'', eds.)| edition = 4th | publisher = Univ. of Texas Medical Branch | year = 1996 | url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mmed.section.1611 | isbn = 0-9631172-1-1 }}</ref> Similar a outros membros do xénero ''[[Yersinia]]'' dá negativo na [[proba rápida de urease|proba de urease]], e nas da [[fermentación da lactosa]], e do [[proba do indol|indol]].<ref name="isbn0-387-25499-4">{{cite book |author=Stackebrandt, Erko; Dworkin, Martin; Falkow, Stanley; Rosenberg, Eugene; Karl-Heinz Schleifer |title=The Prokaryotes: A Handbook on the Biology of Bacteria:Volume 6: Proteobacteria: Gamma Subclass |publisher=Springer |location=Berlin |year= 2005|pages= |isbn=0-387-25499-4 |oclc= |doi=}}</ref> A especie máis próxima é o patóxeno gastrointestinal ''[[Yersinia pseudotuberculosis]]'', e máis afastada está ''[[Yersinia enterocolitica]]''.
 
=== Xenoma ===
A secuencia [[xenoma|xenómica]] completa de ''Y. pestis'' está dispoñible para dúas das tres subespecies de ''Y. pestis'': cepa KIM (do [[biovar]] Medievalis),<ref>{{cite journal | author = Deng W| title = Genome Sequence of Yersinia pestis KIM | journal = Journal of Bacteriology | year = 2002 | volume = 184 | issue = 16 | pages = 4601&ndash;4611 | doi= 10.1128/JB.184.16.4601-4611.2002 | pmid=12142430 | pmc = 135232 | author-separator = , | display-authors = 1 | last2 = Burland | first2 = V. | last3 = Plunkett Iii | first3 = G. | last4 = Boutin | first4 = A. | last5 = Mayhew | first5 = G. F. | last6 = Liss | first6 = P. | last7 = Perna | first7 = N. T. | last8 = Rose | first8 = D. J. | last9 = Mau | first9 = B.}}</ref> e cepa CO92 (do biovar ''Orientalis'', obtido dun illado clínico nos EEUU).<ref>{{cite journal | author = Parkhill J| title = Genome sequence of ''Yersinia pestis'', the causative agent of plague | journal = Nature | year = 2001 | volume = 413 | issue = 6855| pages = 523&ndash;527 | doi = 10.1038/35097083 | pmid = 11586360 | author-separator = , | display-authors = 1 | last2 = Wren | first2 = B. W. | last3 = Thomson | first3 = N. R. | last4 = Titball | first4 = R. W. | last5 = Holden | first5 = M. T. G. | last6 = Prentice | first6 = M. B. | last7 = Sebaihia | first7 = M. | last8 = James | first8 = K. D. | last9 = Churcher | first9 = C.}}</ref> En 2006, acabouse de completar a secuencia xenómica da cepa do biovar ''Antiqua''.<ref name="pmid16740952">{{cite journal |author=Chain PS |title=Complete Genome Sequence of Yersinia pestis Strains Antiqua and Nepal516: Evidence of Gene Reduction in an Emerging Pathogen |journal=J. Bacteriol. |volume=188 |issue=12 |pages=4453–63 |year=2006 |pmid=16740952 |doi=10.1128/JB.00124-06 |pmc=1482938 |author-separator=, |author2=Hu P |author3=Malfatti SA |display-authors=3 |last4=Radnedge |first4=L. |last5=Larimer |first5=F. |last6=Vergez |first6=L. M. |last7=Worsham |first7=P. |last8=Chu |first8=M. C. |last9=Andersen |first9=G. L.}}</ref> Igual que outras capas patóxenas, hai signos de mutacións de perda de funcións. O [[cromosoma]] da capa KIM ten 4.600.755 [[par de bases|pares de bases]]; o cromosoma da cepa CO92 ten 4.653.728 pares de bases. Igual que os seus parentes próximos ''[[Yersinia pseudotuberculosis|Y. pseudotuberculosis]]'' e ''[[Yersinia enterocolitica|Y. enterocolitica]]'', ''Y. pestis'' contén o [[plásmido]] pCD1. Ademais, contén outros dous plásmidos, o pPCP1 (tamén chamado pPla ou pPst) e o pMT1 (tamén chamado pFra), que non están presentes noutras especies de ''Yersinia''. O plásmido pFra codifica a [[fosfolipase D]] que é importante pola capacidade de ''Y. pestis'' de ser transmitida por [[pulga]]s.<ref name="pmid11976454" /> O pPla codifica unha [[protease]], Pla, que activa o [[plasminóxeno]] nos hóspedes humanos e é un [[factor de virulencia]] moi importante na peste pneumónica.<ref name="pmid17255510" /> Xunto con estes plásmidos e unha [[illa de patoxenicidade]] chamada HPI, o xenoma codifica tamén varias proteínas que causan a patoxénese, que son moi características de ''Y. pestis''. Entre outras cousas, estes factores de [[virulencia]] son necesarios para a adhesión da bacteria e a inxección de proteínas na célula hóspede, a invasión da bacteria na célula hóspede (por medio do [[secreción|sistema de secreción de tipo III]]), e para a captación e ligazón do ferro que procede dos [[glóbulo vermello|glóbulos vermellos]] (por medio de [[sideróforo]]s).
 
En 2006 fíxose unha análise [[proteómica]] exhaustiva e comparativa da cepa KIM de ''Y. pestis''.<ref>{{cite journal | author = Hixson K| title = Biomarker candidate identification in Yersinia pestis using organism-wide semiquantitative proteomics | journal = Journal of Proteome Research | year = 2006 | volume = 5 | issue = 11 | pages = 3008–3017 | pmid = 16684765 | doi = 10.1021/pr060179y | author-separator = , | display-authors = 1 | last2 = Adkins | first2 = Joshua N. | last3 = Baker | first3 = Scott E. | last4 = Moore | first4 = Ronald J. | last5 = Chromy | first5 = Brett A. | last6 = Smith | first6 = Richard D. | last7 = McCutchen-Maloney | first7 = Sandra L. | last8 = Lipton | first8 = Mary S. | last9 = Heffron | first9 = F}}</ref> A análise centrouse no momento da transición ao crecemento similar ao crecemento nas células hóspedes.
 
== Patoxenia e inmunidade ==
[[Ficheiro:Flea infected with yersinia pestis.jpg|miniatura|A pulga da rata ''[[Xenopsylla cheopis]]'' infectada por ''Yersinia pestis'', que aparece como unha masa escura no intestino. O intestino anterior (''proventrículo''), desta pulga queda bloqueado por un [[biofilme]] de ''Y. pestis'', e cando a pulga quere tragar o alimento dun hóspede non infectado regurxita as bacterias na ferida da picada, causando a infección.]]
 
Nos ciclos urbanos e forestais (selváicos) de ''Y. pestis,'' a maioría das transmisións ocorren entre os roedores e as pulgas. No ciclo selvático, son roedores salvaxes, pero, no ciclo urbano, os roedores son domésticos (viven nas casas). Ademais de polas pulgas, os animais infectados poden transmitir a infección aos humanos a través de contactos co tecido epitelial. Os humanos tamén poden transmitirse entre eles a bacteia por medio de espirros, toses, ou contacto directo co tecido infectado.
 
=== Nos hóspedes reservorio ===
Os [[reservorio natural|reservorios]] de ''Y. pestis'' son varias especies de [[roedor]]es. Nas [[estepa]]s, as especies reservorio crese que son principalmente as [[marmota]]s. En Norteamérica crese que varias especies de roedores son reservorios de ''Y. pestis''. Porén, a dinámica da enfermidade esperada non se observou en ningunha especie de roedor, e sábese que esas poboacións de roedores teñen unha resistencia variable á bacteria, que fai que algúns individuos sexan susceptibles e outros sexan [[portador asintomático|portadores asintomáticos]].<ref name="pmid13453634">{{cite journal |author=MEYER KF |title=The natural history of plague and psittacosis: The R. E. Dyer Lecture |journal=[[Public Health Rep]] |volume=72 |issue=8 |pages=705–19 |year=1957 |pmid=13453634 |doi= 10.2307/4589874|pmc=2031327}}</ref> Hai probas de que as pulgas doutros mamíferos tamén teñen un papel nas epidemias de peste humanas.<ref name="pmid908848">{{cite journal |author=von Reyn CF |title=Epidemiologic and clinical features of an outbreak of bubonic plague in New Mexico |journal=J. Infect. Dis. |volume=136 |issue=4 |pages=489–94 |year=1977 |pmid=908848 |doi=10.1093/infdis/136.4.489 |author-separator=, |author2=Weber NS |author3=Tempest B |display-authors=3 |last4=Rosenfeld |first4=C |last5=Jasmin |first5=C |last6=Ribaud |first6=P |last7=Musset |first7=M |last8=Misset |first8=JL |last9=Machover |first9=D}}</ref>
 
Noutras rexións do mundo, o reservorio da infección non está claramente identificado, o cal complica a prevención e os programas de alerta temperá. Un exemplo é a epidemia de 2003 en [[Alxeria]].<ref name="pmid18257987">{{cite journal |author=Bertherat E |title=Plague Reappearance in Algeria after 50 Years, 2003 |journal=Emerging Infect. Dis. |volume=13 |issue=10 |pages=1459–1462 |year=2007 |pmid=18257987 |doi= |pmc=2851531 |author-separator=, |author2=Bekhoucha S |author3=Chougrani S |display-authors=3 |last4=Razik |first4=F |last5=Duchemin |first5=JB |last6=Houti |first6=L |last7=Deharib |first7=L |last8=Fayolle |first8=C |last9=Makrerougrass |first9=B}}</ref>
 
=== Vector ===
A transmisión de ''Y. pestis'' polas [[pulga]]s está ben caracterizada.<ref name="pmid16182593">{{cite journal |author=Zhou D, Han Y, Yang R |title=Molecular and physiological insights into plague transmission, virulence and etiology |journal=Microbes Infect. |volume=8 |issue=1 |pages=273–84 |year=2006 |pmid=16182593 |doi=10.1016/j.micinf.2005.06.006}}</ref> A transmisión inicial de ''Y. pestis'' polo [[vector epidemiolóxico|vector]] ocorre durante a súa alimentación. Varias proteínas contribúen ao mantemento da bacteria no tracto dixestivo da pulga, entre elas o sistema de almacenamento de hemina (Hms) e a toxina murina de ''Yersinia'' (Ymt).
 
Aínda que a toxina murina de ''Yersinia'' é moi tóxica para os roedores e antes se pensaba que se producía para asegurar a reinfección dos novos hóspedes, o que está demostrado é que a Ymt é importante para a supervivencia de ''Y. pestis'' nas pulgas.<ref name="pmid11976454">{{cite journal |author=Hinnebusch BJ, Rudolph AE, Cherepanov P, Dixon JE, Schwan TG, Forsberg A |title=Role of Yersinia murine toxin in survival of Yersinia pestis in the midgut of the flea vector |journal=Science |volume=296 |issue=5568 |pages=733–5 |year=2002 |pmid=11976454 |doi=10.1126/science.1069972}}</ref>
 
O sistema Hms xoga un importante papel na transmisión de ''Y. pestis'' ao hóspede mamífero.<ref name="pmid8662526">{{cite journal |author=B.J. Hinnebusch, R.D. Perry and T.G. Schwan |title=Role of the Yersinia pestis hemin storage (hms) locus in the transmission of plague by fleas |journal=Science. |volume=273 |issue=5237 |pages=367–70 |year=1996 |pmid=8662526 |doi=10.1126/science.273.5273.367}}</ref> Mentres que no vector insecto, as proteínas codficadas polos [[loci]] xenéticos do Hms inducen a formación de [[biofilme]]s no proventriculo, unha válvula que conecta o intestino medio co esófago do insecto.<ref name= "Erickson, D. L et al. 2007">{{cite journal |author= Erickson, D. L., N. R. Waterfield, V. Vadyvaloo, D. Long, E. R. Fischer, R. ffrench-Constant, and B. J. Hinnebusch |title= Acute oral toxicity of yersinia pseudotuberculosis to fleas: Implications for the evolution of vector-borne transmission of plague |journal= Cellular Microbiology |volume=9 |pages=2658–2666|year=2007 |doi= 10.1111/j.1462-5822.2007.00986.x |pmid= 17587333 |issue= 11 }}</ref> A agregación no biofilme impide a alimentación, xa que se forma unha masa de sangue coagulado inxerido e de bacterias (denominado "bloque de Bacot". <ref>Pepper, C., M. Nascarella, E. Marsland, J. Montford, L. Wood, S. Cox, C. Bradford, T. Burns, and S. Presley. 2004. Threatened or endangered? Keystone species or public health threat? The black-tailed prairie dog, the Endangered Species Act, and the imminent threat of bubonic plague. Journal of Land, Resources, and Environmental Law 24: 355-391.</ref>) A transmisión de ''Y. pestis'' ten lugar durante os inútiles intentos da pulga por alimentarse dun sangue que non poderá tragar. O sangue inxerido é bombeado ao esófago, onde remove algunhas das bacterias que forman o tapón do proventrículo, e o sangue coas bacterias é regurxitado na ferida da picadura do hóspede, e as bacterias pasan ao seu sistema circulatorio. Como as pulgas non se poden alimentar, teñen fame e pican máis frecuentemente.
 
=== En humanos e outros hóspedes susceptibles ===
A [[patoxénese]] debida á infección por ''Y. pestis'' dos hóspedes mamíferos é producida por varios factores como a capacidade da bacteria de suprimir e evitar as respostas normais do [[sistema inmunitario]], como a [[fagocitose]] e a produción de [[anticorpo]]s. A picada das pulgas permite que a bacteria sobrepase a barreira da [[pel]]. ''Y. pestis'' expresa o produto do xene ''yadBC'', que é similar ás [[adhesina bacteriana|adhesinaadhesinas]]s doutras especies de ''Yersinia'', o que facilita a adherencia e invasión das células [[epitelio|epiteliais]].<ref name="pmid18025093">{{cite journal |author=Forman S, Wulff CR, Myers-Morales T, Cowan C, Perry RD, Straley SC |title=yadBC of Yersinia pestis, a New Virulence Determinant for Bubonic Plague |journal=Infect. Immun. |volume=76 |issue=2 |pages=578–87 |year=2008 |pmid=18025093 |doi=10.1128/IAI.00219-07 |pmc=2223446}}</ref> ''Y. pestis'' expresa un activador do [[plasminóxeno]] que é un importante factor de virulencia para a peste pneumónica e que podería degradar os [[coagulación do sangue|coágulos e sangue]] para facilitar a invasión sistémica.<ref name="pmid17255510">{{cite journal |author=Lathem WW, Price PA, Miller VL, Goldman WE |title=A plasminogen-activating protease specifically controls the development of primary pneumonic plague |journal=Science |volume=315 |issue=5811 |pages=509–13 |year=2007 |pmid=17255510 |doi=10.1126/science.1137195}}</ref> Moitos dos factores de virulencia da bacteria son antifagocíticos. Dous impotantes antíxenos antifagocíticos, chamados F1 (Fracción 1) e V ou [[LcrV]], son importantes para a virulencia.<ref name=Baron/> Estes antíxenos prodúceos a bacteria á temperatura corporal humana normal. Ademais, ''Y. pestis'' sobrevive e produce os antíxenos F1 e V mentres está no interior de células brancas do sangue como os [[monocito]]s, pero non en [[neutrófilo]]s. A [[inmunidade (medicina)|inmunidade]] natural ou inducida conséguese pola produción de [[anticorpo]]s [[opsonina|opsonizantes]] específicos contra os antíxenos F1 e V; os anticorpos contra F1 e V inducen a [[fagocitose]] por parte dos neutrófilos.<ref>{{cite book | author = Salyers AA, Whitt DD | title = Bacterial Pathogenesis: A Molecular Approach | edition = 2nd | publisher = ASM Press | year = 2002 | id = pp. 207-12}}</ref>
 
Ademais, o [[secreción|sistema de secreción de tipo III]] (T3SS) permite que ''Y. pestis'' inxecte proteínas nos macrófagos e outras células inmunes. Estas proteínas inxectadas polo T3SS denomínanse Yops (''Yersinia Outer Proteins'', Proteína Externas de Yersinia) e entre elas está Yop B/D, que forma poros na [[membrana plasmática]] do hóspede e foi asociada coa [[citólise]]. Inxéctanse no [[citoplasma]] da célula hóspede por medio do T3SS as YopO, YopH, YopM, YopT, YopJ, e YopE por poros creados en parte por YopB e YopD.<ref>{{cite journal |author=Viboud GI, Bliska JB |title=Yersinia outer proteins: role in modulation of host cell signaling responses and pathogenesis |journal=Annu. Rev. Microbiol. |volume=59 |issue= |pages=69–89 |year=2005 |pmid=15847602 |doi=10.1146/annurev.micro.59.030804.121320}}</ref> As proteínas Yop inxectadas limitan a fagocitose e as vías de [[sinalización celular]] importantes para o [[sistema inmunitario innato]]. Ademais, algunhas cepas de ''Y. pestis'' son capaces de interferir coa sinalización inmune (por exemplo, ao impediren a liberación dalgunhas [[citocina]]s).
 
''Yersinia pestis'' prolifera no interior dos [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]], onde pode evitar a súa destrución por células inmunitarias como os [[macrófago]]s. A capacidade de ''Y. pestis'' de inhibir a [[fagocitose]] permítelle crecer nos ganglios linfáticos e causar [[linfadenopatía]]s. YopH é unha [[proteína tirosina fosfatase]] que contribúe a esa capacidade de ''Y. pestis'' de evadirse da acción das células inmunitarias.<ref name="pmid19221593">{{cite journal | author = de la Puerta ML, Trinidad AG, del Carmen Rodríguez M, Bogetz J, Sánchez Crespo M, Mustelin T, Alonso A, Bayón Y | title = Characterization of New Substrates Targeted By Yersinia Tyrosine Phosphatase YopH | journal = PLoS ONE | volume = 4 | issue = 2 | pages = e4431 | year = 2009 | month = February | pmid = 19221593 | pmc = 2637541| doi = 10.1371/journal.pone.0004431 | url = http://www.plosone.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pone.0004431 | editor1-last = Bozza | editor1-first = Patricia }}</ref> Nos macrófagos, YopH [[desfosforilación|desfosforila]] a [[BCAR1|p130Cas]], [[FYB|Fyb]] (proteína de unión a [[Fyn]]) [[SKAP2|SKAP-HOM]] e [[PTK2B|Pyk]], unha [[tirosina quinase]] homóloga de [[PTK2|FAK]]. YopH tamén se une á subunidade p85 da [[fosfoinosítido 3-quinase]], a [[GAB1|Gab1]], ás proteínas adaptadoras [[GAB1|Gab2]], e ao [[factor de intercambio do nucleótido guanina]] [[VAV1|Vav]].
 
YopE funciona como [[proteína activadora da GTPase]] para membros da [[familia Rho de GTPases]] como [[RAC1]]. YopT é unha [[cisteína protease]] que inhibe RhoA ao eliminar o grupo [[Prenilación|isoprenilo]], que é importante para a localización da proteína na membrana plasmática. Propúxose que YopE e YopT poderían funcionar limitando a citólise inducida por YopB/D.<ref name="pmid18193942">{{cite journal| author = Mejía E, Bliska JB, Viboud GI | title = Yersinia Controls Type III Effector Delivery into Host Cells by Modulating Rho Activity | journal = PLoS ONE | volume = 4 | issue = 2 | pages = e4431 | year = 2009 | month = February | pmid = 18193942 | pmc = 2186360| doi = 10.1371/journal.ppat.0040003 | url = http://www.plosone.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pone.0004431 }}</ref> Isto podería limitar o función de YopB/D de crear os poros usados para a inserción de Yop nas células hóspedes e impedir a rotura inducida por YopB/D das células hóspede e que se libere o contido celular, o cal atraería e estimularía as respostas inmunitarias.
YopJ é unha [[acetiltransferase]] que se une a unha [[hélice alfa]] conservada das [[quinase MAPK|quinases MAPK]].<ref name="pmid18167536">{{cite journal | author = Hao YH, Wang Y, Burdette D, Mukherjee S, Keitany G, Goldsmith E, Orth K | title = Structural Requirements for Yersinia YopJ Inhibition of MAP Kinase Pathways | journal = PLoS ONE | volume = 2 | issue = 3 | pages = e1375 | year = 2008 | month = January | pmid = 18167536 | pmc = 2147050| doi = 10.1371/journal.pone.0001375 | url = http://www.plosone.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pone.0001375 | editor1-last = Kobe | editor1-first = Bostjan }}</ref> YopJ acetila as quinases MAPK en residuos de [[serina]]s e [[treonina]]s que normalmente se fosforilan durante a activación da [[vía MAPK/ERK|cascada das quinases MAP]].<ref name="PMID16728640">{{cite journal | author = Mukherjee S, Keitany G, Li Y, Wang Y, Ball HL, Goldsmith EJ, Orth K | title = Yersinia YopJ acetylates and inhibits kinase activation by blocking phosphorylation | journal = Science | volume = 312 | issue = 5777 | pages = 1211–1214 | year = 2006 | month = May | pmid = 16728640 | pmc = | doi = 10.1126/science.1126867 | url = http://www.sciencemag.org/cgi/content/full/312/5777/1211 }}</ref><ref name="PMID17116858">{{cite journal | author = Mittal R, Peak-Chew S-Y, McMahon HT | title = Acetylation of MEK2 and IκB kinase (IKK) activation loop residues by YopJ inhibits signaling | journal = Proc. Natl. Acad. Sci. USA | volume = 103 | issue = 49 | pages = 18574–18579 | year = 2006 | month = December | pmid = 17116858 | pmc = 1654131| doi = 10.1073/pnas.0608995103 | url = http://www.pnas.org/content/103/49/18574.long }}</ref> YopJ actívase nas células eucariotas pola interacción co [[ácido fítico]] (IP6) da célula diana.<ref name="PMID20430892">{{cite journal | author = Mittal R, Peak-Chew SY, Sade RS, Vallis Y, McMahon HT | title = The Acetyltransferase Activity of the Bacterial Toxin YopJ of Yersinia Is Activated by Eukaryotic Host Cell Inositol Hexakisphosphate | journal = J Biol Chem | volume = 285| issue = 26| pages = 19927–34| year = 2010 | month = | pmid = 20430892 | pmc = 2888404| doi = 10.1074/jbc.M110.126581 | url = http://www.jbc.org/content/early/2010/04/29/jbc.M110.126581.long }}</ref> Esta distorsión da actividade das proteína quinases da célula hóspede causa a [[apoptose]] dos macrófagos, e propúxose que é importante para o establecemento da [[infección]] e para a evasión da acción do sistema inmunitario. YopO é unha proteína quinase tamén coñecida como proteína quinase A de Yersinia (YpkA). YopO é un potente indutor da apoptose dos macrófagos humanos.<ref name="pmid17475872">{{cite journal | author = Park H, Teja K, O'Shea JJ, Siegel RM | title = The Yersinia effector protein YpkA induces apoptosis independently of actin depolymerization | journal = J Immunol. | volume = 178 | issue = 10 | pages = 6426–6434 | year = 2007 | month = May | pmid = 17475872 | pmc = | doi = | url = http://www.jimmunol.org/cgi/content/full/178/10/6426 }}</ref>
 
=== Inmunidade ===
Non hai vacinas efectivas contra a doenza. Téñense utilizado algunhas vacinas de escasa efectividade e que podían causar graves [[inflamación]]s, como a vacina inactivada con [[formol]], que xa non se usa. Estanse facendo experimentos con técnicas de [[enxeñaria xenética]] de vacinas baseadas nos [[antíxeno]]s F1 e V e parecen prometedores. Porén, as bacterias que carecen do antíxeno F1 seguen sendo virulentas, e os antíxenos V son suficientemente variables como para que unha vacina composta deles non sexa totalmente protectora.<ref>{{cite journal | author = Welkos S| title = Determination of the virulence of the pigmentation-deficient and pigmentation-/plasminogen activator-deficient strains of ''Yersinia pestis'' in non-human primate and mouse models of pneumonic plague | journal = Vaccine | year = 2002 | volume = 20 | issue = 17–18| pages = 2206&ndash;2214 | pmid = 12009274 | doi = 10.1016/S0264-410X(02)00119-6 | author-separator = , | display-authors = 1 | last2 = Pitt | first2 = M.L.M. | last3 = Martinez | first3 = M. | last4 = Friedlander | first4 = A. | last5 = Vogel | first5 = P. | last6 = Tammariello | first6 = R.}}</ref> <ref>{{cite journal |url=http://www.fda.gov/cber/minutes/plague101304t.pdf | author = Pitt ML| title = Non-human primates as a model for pneumonic plague. In: Animals Models and Correlates of Protection for Plague Vaccines Workshop| year=2004 | date=October 13–14}}</ref> <ref>{{cite journal |author=Jefferson T, Demicheli V, Pratt M |title=Vaccines for preventing plague |journal=Cochrane Database Syst Rev |volume= |issue=2 |pages=CD000976 |year=2000 |pmid=10796565 |doi=10.1002/14651858.CD000976}}</ref>
 
== Aspectos clínicos ==
 
=== Síntomas e progresión da enfermidade ===
 
* Peste bubónica
** [[Período de incubación]] de 2–6 días, cando a bacteria se está replicando activamente.
** Malestar xeral
** Febre
** [[Dor de cabeza]] e [[calafrío]]s que aparecen de repente ao final do período de incubación
** Inchamento dos [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]] que orixinan [[bubón]]s, especialmente nas inguas, que é o síntoma clásico da peste bubónica.
 
* Peste septicémica
** [[Hipotensión]]
** [[Hepatoesplenomegalia]]
** [[Delirio]]
** [[Convulsión]]s en nenos
** [[Shock]]
** Malestar xeral
** [[Febre]]
** Os síntomas das pestes bubónica e pneumónica non sempre están presentes
** Nota: O paciente pode morrer antes de que apareza ningún síntoma
 
* Peste pneumónica (transmítese de persoa a persoa)
** Febre
** Calafríos
** Tose
** Dor de peito
** [[Dispnea]]
** [[Hemoptise]] (esputos con sangue)
** [[Fatiga]]
** [[Hipotensión]]
** [[Shock]]
** Os síntomas da peste bubónica ou septicémica non están sempre presentes <ref>Info taken from "Harrison's Principles of Internal Medicine 16th Edition"</ref>
 
A peste pneumónica pode producirse por inhalación de aerosoles coa bacteria (primaria) ou esta pode chegar aos pulmóns desde o sangue (secundaria). Como a bacteria se transporta polo sangue, poden verse afectados varios órganos, como o [[bazo]] e o [[cerebro]]. A infección difusa pode causar unha cascada inmunolóxica que dea lugar a unha [[coagulación intravascular diseminada]], que á súa vez produce hemorraxias e necrose na pel e tecidos. Unha infección diseminada dese tipo incrementa a mortalidade ao 22%. A pneumonía progresa en de 2 a 4 días e se non se iniciou un tratamento temperán os pacientes poden morrer en só 36 horas.
 
Códigos ICD-9 da [[OMS]] para as enfermidades causadas por ''Y. pestis'':
* 020.0 Peste bubónica
* 020.2 Peste septicémica
* 020.5 Peste pneumónica inespecífica
* 020.3 Peste pneumónica primaria
* 020.4 Peste pneumónica secundaria.
 
=== Determinación clínica ===
A [[tinguidura de Gram]] pode confirmar a presenza de bacilos [[Gram negativo]]s, e nalgúns casos a identificación de formas de dobre curvatura. Unha proba serolóxica anti-F1 pode diferenciar as diferentes especies de ''Yersinia'', e a [[reacción en cadea da polimerase]] (PCR) pode utilizarse para identificar a ''Y. pestis''.
 
A proteína H da fibra da cola do [[bacteriófago]] ''[[fago de Yersinia L-413C]]'' permite a diferenciación entre ''Y. pestis'' e ''Y. pseudotuberculosis''.<ref>{{cite journal|pmid=18045639|year=2008|last1=Garcia|first1=E|last2=Chain|first2=P|last3=Elliott|first3=JM|last4=Bobrov|first4=AG|last5=Motin|first5=VL|last6=Kirillina|first6=O|last7=Lao|first7=V|last8=Calendar|first8=R|last9=Filippov|first9=AA|title=Molecular characterization of L-413C, a P2-related plague diagnostic bacteriophage|volume=372|issue=1|pages=85–96|doi=10.1016/j.virol.2007.10.032|journal=Virology}}</ref>
 
=== Tratamento ===
O tratamento tradicional de primeira liña contra ''Y. pestis'' son os [[antibiótico]]s [[estreptomicina]],<ref>{{cite journal | author=Wagle PM. | title=Recent advances in the treatment of bubonic plague | journal=Indian J Med Sci | year=1948 | volume=2 | pages=489&ndash;94 }}</ref><ref>{{cite journal | author=Meyer KF. | title=Modern therapy of plague | journal=JAMA | year=1950 | volume=144 | pages=982&ndash;5 | pmid = 14774219 | issue=12}}</ref> [[cloranfenicol]], [[tetraciclina]],<ref>{{cite journal | author=Kilonzo BS, Makundi RH, Mbise TJ. | title= A decade of plague epidemiology and control in the Western Usambara mountains, north-east Tanzania | journal=Acta Tropica | year=1992 | volume=50 | pages=323&ndash;9 | pmid = 1356303 | doi = 10.1016/0001-706X(92)90067-8 | issue=4}}</ref> e as [[fluoroquinolona]]s. Hai tamén boas evidencias que apoian o uso de [[doxiciclina]] ou [[xentamicina]].<ref>{{cite journal | author=Mwengee W | title=Treatment of plague with gentamicin or doxycycline in a randomized clinical trial in Tanzania | journal=Clin Infect Dis | year=2006 | volume=42 | pages=614&ndash;21 | pmid = 16447105 | doi = 10.1086/500137 | issue=5 | author-separator=, | author2=Butler T | author3=Mgema S | display-authors=3 | last4=Mhina | first4=G. | last5=Almasi | first5=Y. | last6=Bradley | first6=C. | last7=Formanik | first7=J. B. | last8=Rochester | first8=C. G.}}</ref> Illáronse cepas resistentes, polo que o tratamento debe guiarse polas sensibilidades aos antibióticos sempre que sexa posible. O tratamento antibiótico só é insuficiente para algúns pacientes, que poden tamén requirir apoio circulatorio, respiratorio ou renal.<ref name="isbn0-07-140235-7">{{cite book |author=Jameson, J. N. St C.; Dennis L. Kasper; Harrison, Tinsley Randolph; Braunwald, Eugene; Fauci, Anthony S.; Hauser, Stephen L; Longo, Dan L. |title=Harrison's principles of internal medicine |publisher=McGraw-Hill Medical Publishing Division |location=New York |year=2005 |pages= |isbn=0-07-140235-7 |oclc= |doi=}}</ref>
 
== Epidemias históricas ==
 
=== A Peste de Xustiniano ===
{{APArtigo principal|Peste de Xustiniano}}
A mediados do [[século VI]] produciuse unha [[pandemia]] coñecida como [[Peste de Xustiniano]], que matou a unha terceira parte dos habitantes do [[Imperio Bizantino]], que se cre foi debida á peste bubónica. Houbo epidemias recorrentes e non desapareceu de todo ata o ano 750. <ref>{{cite web |title=Europe’s Plagues Came From China, Study Finds |url=http://www.nytimes.com/2010/11/01/health/01plague.html |work=[[The New York Times]] |date=October 31, 2010 |accessdate=2010-11-01 }}</ref> Un estudo xenético suxire que esta praga se orixinou de cepas hoxe extintas de ''Y. pestis'', xeneticamente distintas das cepas que orixinaron a [[Peste negra]] no século XIV, ou talvez de patóxenos non relacionados coa peste bubónica.<ref>{{cite news|last=McGrath|first=Matt|title=Black Death Genetic Code 'Built' |publisher=[[BBC World Service]]|url=http://www.bbc.co.uk/news/health-15278366 |accessdate=12 October 2011|date=12 October 2011}}</ref><ref>{{cite journal|url=http://www.nature.com/nature/journal/v478/n7370/full/nature10549.html|title=A draft genome of Yersinia pestis from victims of the Black Death|last1=Bos|first1=Kirsten|journal=Nature|volume=478|issue=7370|pages=506–510|doi=10.1038/nature10549|date=12 October 2011|bibcode = 2011Natur.478..506B }}</ref> En 2012 investigadores alemáns recolleron mostras de ''Y. pestis'' de tumbas da época de Xustiniano para reconstruíren o ADN da bacteria.<ref>{{cite web |url=http://www.plospathogens.org/article/info:doi/10.1371/journal.ppat.1003349 |title=Yersinia pestis DNA from Skeletal Remains from the 6th Century AD Reveals Insights into Justinianic Plague |date=2013-05-02 |accessdate=2013-05-16 |publisher=PLOS Pathogens |author= multiple}}</ref>
 
=== A Peste negra ===
{{APArtigo principal|Peste negra}}
En 2000, Didier Raoult e outros informaron do descubrimento de [[ADN]] de ''Y. pestis'' en tecido de pulpa dental de mostras dun cemiterio do século XIV de [[Montpellier]].<ref>{{cite journal | author = Drancourt M, Aboudharam G, Signolidagger M, Dutourdagger O, Raoult D.| title = Detection of 400-year-old ''Yersinia pestis'' DNA in human dental pulp: An ory of plague | journal = Microbes Infect. | year = 2002 | volume = 4| issue = 1| pages = 105&ndash;9 | pmid = 11825781 | doi = 10.1016/S1286-4579(01)01515-5}}</ref> Outro estudo de 2010, que estudou restos de vítimas da peste enterradas en [[Inglaterra]], [[Francia]] e [[Países Baixos]], confirmou que ''Y. pestis'' foi a causa da Peste negra e as sucesivas epidemias de peste posteriores.<ref>{{Cite journal
|doi=10.1371/journal.ppat.1001134
|issue=10}}</ref> Neste estudo atoparon dúas cepas previamente descoñecidas, que eran cepas antigas de ''Y. pestis''.<ref name=discovery>{{cite news | first = | last = | url = http://news.discovery.com/history/black-death-plague-bacteria.html | title = Black Death Blamed on Bacteria | date = October 8, 2010 | work = [[Associated Free Press]] | publisher = Discovery | accessdate = October 11, 2010}}</ref>
 
Inicialmente pensouse que os tres [[biovar]]es de ''Y. pestis'' correspondían a cada unha das pandemias históricas da peste bubónica.<ref name=Zhou_2004>{{cite journal |author=Zhou D, Tong Z, Song Y, Han Y, Pei D, Pang X, Zhai J, Li M, Cui B, Qi Z, Jin L, Dai R, Du Z, Wang J, Guo Z, Wang J, Huang P, Yang R |title=Genetics of Metabolic Variations between Yersinia pestis Biovars and the Proposal of a New Biovar, microtus |journal=J Bacteriol |volume=186 |issue=15 |pages=5147–52 |year=2004 | pmid = 15262951 | doi = 10.1128/JB.186.15.5147-5152.2004 |pmc=451627 }}</ref> O biovar ''Antiqua'' pénsase que corresponde á [[Peste de Xustiniano]]; non se sabe se este biovar tamén corresponde ás epidemias temperás ou menores de peste bubónica, ou se estas eran verdadeiramente peste bubónica e non outra doenza.<ref name=Guiyoule_1994>{{cite journal |author=Guiyoule A, Grimont F, Iteman I, Grimont P, Lefèvre M, Carniel E |title=Plague pandemics investigated by ribotyping of Yersinia pestis strains |journal=J Clin Microbiol |volume=32 |issue=3 |pages=634–41 |year=1994 |pmid=8195371 |pmc=263099}}</ref> Antes pensábase que o biovar ''Mediaevalis'' correspondía á pandemia da [[Peste negra]],e o biovar ''Orientalis'' correspondía á [[Terceira pandemia]] e á maioría dos estalidos modernos da praga. Porén, os cálculos da idade evolutiva de ''Y pestis'', obtidos usando o número de [[substitución sinónima|substitucións sinónimas]] de [[polimorfismo dun só nucleótido|polimorfismos dun só nucleótido]] (SNP) en conxunción coas taxas dos [[reloxio molecular|reloxios moleculares]], datan a emerxencia destes biovares nun momento anterior ao de calquera das epidemias históricas debido á cantidade de tempo que cómpre para acumular esas mutacións.<ref name="Parkhill et al. 2001">{{cite journal |author= Parkhill |title= Genome sequence of Yersinia pestis, the causative agent of plague |journal=Nature |volume=413 |pages=523–527 |year=2001 |doi= 10.1038/35097083 |pmid= 11586360 |issue= 6855 |author-separator= , |author2= J. |author3= B. W. Wren |author4= N. R. Thomson |author5= R. W. Titball |author6= M. T. G. Holden |author7= M. B. Prentice |author8= M. Sebaihia |display-authors= 8 |last9= Churcher |first9= C. }}</ref> Evidencias adicionais en contra desa hipótese son o feito de que ''Mediaevalis'' é probablemente demasiado nova para ter producido a Peste negra debido á súa recente diverxencia de ''Orientalis''.<ref name="Achtman et al. 2004">{{cite journal| author=Achtman M, Morelli G, Zhu P, Wirth T, Diehl I, Kusecek B et al.| title=Microevolution and history of the plague bacillus, Yersinia pestis | journal=Proc Natl Acad Sci U S A | year= 2004 | volume= 101 | issue= 51 | pages= 17837–42 | pmid=15598742 | doi=10.1073/pnas.0408026101 | pmc=535704 }}</ref>
 
=== Uso na guerra biolóxica ===
A utilización con fins bélicos de ''Y. pestis'' é un dos primeiros exemplos de guerra biolóxica na historia. En 1347 os mongois catapultaron a vítimas da peste sobre as murallas da cidade de Caffa, que hoxe se chama [[Feodosiya]], en [[Ucraína]]. É posible que os habitantes desta cidade, algúns infectados, fuxisen a [[Italia]], e así espallasen a Peste negra por Europa, aínda que esta é só unha das varias rutas polas que puido ter chegado a peste desde o leste.<ref>{{cite journal |last=Wheelis |first=Mark |year=2002 |month=September |title=Biological Warfare at the 1346 Siege of Caffa |journal=Emerging Infectious Diseseases |volume=8 |issue=9 |pages=971–75 }}</ref>
 
''Y. pestis'' foi utilizada como [[arma biolóxica]] na [[Segunda Guerra Mundial]]. Os xaponeses o 4 de outubro de 1940 lanzaron desde un avión que sobrevoaba a cidade chinesa de Chushien (na provincia de Chekiang), arroz e trigo con pulgas de rata que estaban infectadas de ''Y. pestis''. Un segundo avión fixo o mesmo 3 semanas máis tarde. Estas accións orixinaron unha praga local que matou a 121 persoas.<ref name=drisdelle>{{cite book |author=Drisdelle R |title=Parasites. Tales of Humanity's Most Unwelcome Guests |publisher=Univ. of California Publishers, 2010| page=162f |isbn=978-0-520-25938-6}}</ref><ref name=drisdelle/>
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
=== Ligazóns externas ===
{{wikispecies|Yersinia pestis}}
{{commons|Yersinia pestis}}
* [http://www.bacteriamuseum.org/species/ypestis.shtml ''Yersinia pestis'']. Virtual Museum of Bacteria.
* Lista de cepas variantes e información sobre sinónimos (e moito máis) en [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?id=632 NCBI taxonomy browser].
* Páxina do CDC sobre a peste [http://www.cdc.gov/plague/]
* Páxina da IDSA con recursos sobre a Peste: patoxénese, microbioloxía, epidemioloxía, diagnose, e tratamento [http://www.idsociety.org/Plague/]
 
 
[[Categoría:Enterobacteriales]]
393.002

edicións