Vilalba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 49:
'''Vilalba''' é un concello da provincia de [[provincia de Lugo|Lugo]], capital da [[comarca da Terra Chá]]. Segundo o [[IGE]] en 2014 tiña 14.788 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «{{Dic|vilalbés}}» ou tamén «{{Dic|chairego}}».
 
Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de [[Viveiro]]. O concello posúe unha densidade de poboación de 40,52 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos [[Galicia|galegos]] en canto a superficie despois da [[A Fonsagrada|Fonsagrada]].
 
O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de [[Abadín]], [[Muras]] e [[Xermade]], polo sur, con [[Cospeito]], [[Begonte]] e [[Guitiriz]], polo leste, con [[Abadín]] e [[Cospeito]] e polo oeste, con [[Xermade]] e [[Guitiriz]]. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila<ref>[http://www.vilalba.org/web/index.php/item/164 Xeografía do Concello de Vilalba]</ref>.
 
Vilalba (do [[latín]] ''Villam Albam'', 'vila branca'), posúe un rico patrimonio [[arqueoloxía|arqueolóxico]] e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de [[Castro (poboado)|castros]] [[galaicos]], entre os que destacan os [[Castro (poboado)|castrocastros]]s de [[Castro de Gondaísque|Gondaísque]] e [[Castro de Belesar|Belesar]]. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a [[Torre do Castelo dos Andrade|Torre da homenaxe]] do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á [[Casa de Andrade|casa dos Andrade]], e convertida no [[século XX]] en parador de turismo.
 
Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos [[lácteos]], e algunhas pequenas industrias de [[embutido]]s, [[xamón]]s e de elaboración do [[Queixo San Simón da Costa|queixo D.O. de San Simón]].
 
A gastronomía e un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o [[queixo de San Simón da Costa]]<ref>[http://www.sansimondacosta.com/ Queixo de San Simon da Costa]</ref>, o roscón de améndoas e os célebres [[capón]]s de Vilalba<ref>[http://vilalba.org/capon/Inicio.php Capóns de Vilalba]</ref> que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o [[21 de decembro]].
 
== Poboación ==
Liña 135:
</timeline>
 
:<small>Fonte [[Instituto Nacional de Estadística |INE]]; 1857-2011</small>
 
== Historia ==
[[Ficheiro:TorreVilalba.JPG|200px|miniatura|dereita|Torre da homenaxe.]]
Segundo o historiador [[Manuel Mato Vizoso]], as primeiras referencias á vila actual datan do [[século VI]], nuns documentos nos que se alude á vila de Santa María de Montenegro baixo a protección da familia do mesmo nome. No [[século VIII]] sufriu un incendio que a destruíu completamente.
Liña 147:
Actualmente, a [[torre da homenaxe]] do castelo dos Andrade, de planta octogonal, serve como Parador de Turismo, mandado restaurar polo ex-Ministro de Información e Turismo [[Manuel Fraga Iribarne]].
 
=== Xornalismo vilalbés ===
Vilalba ten contado ao longo do [[século XX]] cunha ampla tradición [[xornalismo|xornalística]], que se inicia en [[1902]] co ''[[Ideal Villalbés]]'', xornal manuscrito do poeta e xornalista [[Antonio García Hermida]]. A esta primeira tentativa seguirá, xa de forma mais profesional, a edición de ''[[El Eco de Villalba]]'' (1908) da man de [[Manuel Mato Vizoso]] e [[José Novo Pardo]]. Tras este virán: ''[[El Ratón]]'' (1910), ''[[El Vigía Villalbés]]'' (1913), ''[[Azul y Blanco]]'' (1914), ''[[Villalba y su Comarca]]'' (1915), ''[[Galicia Pintoresca (Vilalba)|Galicia Pintoresca]]'' (1916) ou ''[[Heraldo de Villalba]]'' (1916) que suporá a consagración definitiva de García Hermida no mundo do periodismo.
 
Liña 167:
* [[Feira do capón de Vilalba]] (fin de semana previa á [[Noiteboa]]).
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Vilalba}}
<gallery>
Ficheiro:IgrexaStaMariaVilalba.JPG|Igrexa parroquial de Sta. María
Liña 176:
</gallery>
 
== Lugares de Vilalba ==
''Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilalba véxase [[Lugares de Vilalba]].''
 
== Parroquias ==
{{Vilalba}}
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro| autor =Carlos Díaz Martínez, José-Luís Novo Cazón| título =A memoria de Vilalba| ano =2006| publicación =Vigo. Edicións Xerais de Galicia| id = ISBN 84-9782-470-9}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://vilalba.org Páxina do concello]
* [http://www.cgmuseos.org/vilalba.html Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba]
* [http://www.castillosnet.org/lugo/LU-CAS-003.shtml Torre dos Andrade (en castelán)]
* [http://www.avozdevilalba.com A Voz de Vilalba]
 
{{ConcellosTerraChá}}