Viktor Yanukovych: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 20:
O pasado delituoso de Yanukovych foi un dos argumentos dos seus opoñentes durante a [[Revolución laranxa]].<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2004/12/20/internacional/1103566026.html Yúshchenko acusa a Yanukóvich en televisión de robarle la victoria]</ref> Os partidarios de Yanukovych alegaron que en [[1978]] o Tribunal Rexional de Donetsk lle quitara as sancións, e que por iso en [[1980]] puido ingresar no [[Partido Comunista da Unión Soviética]], despois de graduarse na Universidade Técnica Nacional de Donetsk (por correspondencia) como enxeñeiro mecánico. Os opositores afirmaron que esta absolución do Tribunal Rexional era unha falsificación.
 
O [[8 de febreiro]] de [[2005]], a fiscalía de Donetsk reiniciou as investigacións sobre esta acusación. E en xuño determinou que durante o período de 2002 a 2004 os partidarios de Yanukovych falsificaran estes documentos, e que os documentos orixinais de 1978 desapareceran.<ref>[http://glavred.info/archive/2006/07/21/153018-16.html Glavred.info 21.07.2006]</ref> O 25 de xaneiro de 2006 o ministro do Interior, Iuri Lutsenko, declarou que a investigación dos documentos sobre a suposta anulación dos antecedentes penais demostrara que estes documentos foran falsificados.<ref>[http://korrespondent.net/ukraine/politics/143172 Glavred.info]</ref>
 
Durante a súa estadía no poder, Yanukovych obtivo os títulos de doutor en Ciencias Económicas e Profesor. Os seus opositores afirmaron que obtivo os títulos inmerecidamente e usando os mecanismos do poder.<ref>[http://www.pravda.com.ua/news/2004/9/21/12046.htm La planilla llenada por Yanukóvich a mano, con numerosos errores ortográficos]</ref>
Liña 28:
 
== Revolución do Euromaidán ==
{{APArtigo principal|Euromaidán}}
[[Ficheiro:Євромайдан 02 лютого 2014 Київ.JPG|250px|miniatura|Manifestantes na Praza da Independencia (Maidán) en [[Kiev]].]]
O [[30 de marzo]] de [[2012]] Yanukovych e os líderes da [[Unión Europea]] asinan un tratado de adhesión de Ucraína á UE. Porén, este tratado non se leva a cabo pois unha das exixencias para a unión era a liberación de Timoshenko e Lutsenko. As negociacións estancaríanse durante un ano.
Liña 52:
O deposto presidente de Ucraína afirmou que segue considerándodose o xefe de Estado lexítimo de Ucraína, e pedíu a [[Rusia]] que garanta a súa seguridade, solicitude que xa foi satisfeita, segun fontes locais rusas.
 
=== Mensaxe e situación de Crimea ===
 
"Eu, Viktor Fiódorovich Yanukovych, diríxome ao pobo de Ucraína. Como antes, considérome o xefe lexítimo do Estado ucraíno, elixido pola vontade libremente expresada dos cidadáns ucraínos", sinala o texto. "Lamentabelmente, todo o que ocorre agora na [[Rada Suprema]] de [[Ucraína]] non e lexítimo", engade.
Liña 60:
"É evidente que o pobo do sueste de Ucranía e [[Crimea]] (zonas rusofalantes) non acepta o baleiro de poder e o que está ocurrendo no país, cando os dirixentes dos ministerios son elixidos por unha multitude nunha praza", engadiu Yanukovych.
 
O deposto presidente ucraníno tamén afirmou que cualquera orde que se dea ás Forzas Armadas e aos servizos de seguridade para intervir nos asuntos internos políticos do país será ilegal e criminal. E anunciou que está determinado a loitar até a final polo cumprimento "dos importantes acordos alcanzados para sacar a Ucraína da súa profunda crise política", en referencia ao acordo que el suscribiu o 21 de febreiro coa entón oposición e a mediación da [[Unión Europea]].
 
{{sucesión