Vida silvestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q241741
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
Liña 4:
 
=== Destrución e fragmentación de hábitats ===
{{APArtigo principal|Destrución de hábitat}}
 
O [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]] dunha especie dada é a área ou territorio preferido da mesma. Moitos procesos asociados cos humanos resultan na diminución deses territorios o cal reduce a [[capacidade de carga]] da área para esa especie. En moitos casos os cambios no uso da terra provocan unha [[fragmentación do hábitat|fragmentación da paisaxe silvestre]]. A terra de uso agrario frecuentemente mostra ese aspecto altamente fragmentado de hábitats relictuais. Trátase de granxas que alternan con bosques aínda non tallados.
Liña 11:
 
=== Impacto de especies introducidas ===
{{APArtigo principal|Especie invasora}}
 
Os exemplos de especies que se volveron invasoras e que ameazan á vida silvestre en moitos lugares do mundo inclúen aos [[rato]]s, [[gato]]s, [[cabra]]s, [[mexacán]]s, certos [[nenúfar]]es, etc. A miúdo certas especies que non son moi abondosas no seu lugar de orixe vólvense [[especie invasora|invasoras]] fóra de control noutros lugares de climas semellantes. A razón aínda non está moi clara; algúns, incluso [[Charles Darwin]] pensaban que non sería moi probable para unha especie exótica o reproducirse en abundancia fóra do seu ambiente habitual. A verdade é que isto é certo para a gran maioría das especies introducidas noutros hábitats. Pero ocasionalmente algunhas especies teñen gran éxito despois dun período de [[aclimatación]] e poden chegar a converterse en [[praga (agricultura)|pragas]]. Unha das razóns é que deixaron atrás aos inimigos naturais que limitaban as súas poboacións no lugar de orixe. En tal caso poden competir e desprazar á vida silvestre nativa.