Diferenzas entre revisións de «Vesícula»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
=== Vacúolos ===
Os [[vacúolo]]s son vesículas que conteñen principalmente auga.
* As [[célula vexetal|células vexetais]] distínguense por ter un ''gran vacúolo central'' que ocupa gran parte do volume celular, e que a célula da planta usa para o control [[osmose|osmótico]] e o almacenamento de nutrientes, aínda que tamén pode almacenar outros produtos e ten encimas.
 
* Os ''vacúolos alimenticios'' interveñen na [[fagocitose]] e noutras formas de [[endocitose]]. As vesículas de endocitose reciben xeralmente o nome de [[endosoma]]s.
 
* Os [[vacúolo contráctil|vacúolos contráctilcontráctiles]]es atopámolos en certos [[protista]]s, especialmente entre os [[cilióforos]]. estes vacúolos recollen auga do citoplasma e excrétana fóra da célula por un poro especial, evitando así rebentar pola [[osmose|presión osmótica]].
 
=== Lisosomas ===
* Os [[lisosoma]]s interveñen na dixestión celular. O alimento que se fagocita do exterior e queda incluído nun vacúolo alimenticio por [[endocitose]] é dixerido polos encimas lisosómicos cando o vacúolo se fusiona co lisosoma, orixinando un vacúolo dixestivo. Tamén interveñen na destrución de microorganismos fagocitados polos [[glóbulos brancos]] do sangue, e no procesamento de substancias dentro da célula, en asociación cos [[endosoma]]s.
 
* Os lisosomas tamén se usan para destruír orgánulos celulares defectivos ou danados, proceso chamado endofagocitose.
 
=== Vesículas de transporte ===
* As [[vesículas de transporte]] poden transportar moléculas entre dúas zonas do interior da célula, por exemplo, levan proteínas desdo o [[retículo endoplasmático]] rugoso ao [[aparato de Golgi]].
 
* As proteínas de membrana e as proteínas para a [[secreción]] sintetízanse nos [[ribosoma]]s do retículo endoplasmático rugoso. a maioría de ditas proteínas maduran no aparato de Golgi antes de chegar ao seu destino final, que pode ser un lisosoma, un [[peroxisoma]], ou o exterior da célula. Estas proteínas viaxan polo interior da célula dentro de vesículas de transporte.
 
=== Vesículas secretoras ===
 
==== Tipos de vesículas secretoras ====
* As [[vesícula sináptica|vesículas sinápticas]] localízanse no [[terminal presináptico]] das [[neurona]]s e almacenan [[neurotransmisor]]es. Cando un sinal baixa polo [[axón]], as vesículas sinápticas fusiónanse coa membrana da neurona, liberando os neurotransmisores para que se poidan unir aos receptores da membrana da seguinte neurona e se transmita o impulso nervioso.
 
* Nos animais os tecidos [[endócrino]]s liberan [[hormona]]s na circulación sanguínea. Estas hormonas almacénanse primeiro en vesículas secretoras. Un bo exemplo disto é o tecido endócrino dos [[illote de Langerhans|illotes de Langerhans]] no [[páncreas]]. Este [[Tecido (bioloxía)|tecido]] contén varios tipos celulares, os cales se definen polas hormonas que producen.
 
* As vesículas secretoras conteñen encimas que se usan na fabricación da [[parede celular]] de [[planta]]s, [[protista]]s, [[Fungo (bioloxía)|fungos]], [[bacteria]]s, e [[Archaea|arqueas]] ou da [[matriz extracelular]] das células animais.
 
=== Outros tipos de vesículas ===
* As vesículas de gas das [[Archaea|arqueas]], [[bacteria]]s e moitos microorganismos [[plancto|planctónicos]], parece que serven para controlar a migración vertical na columna de auga, regulando o contido de gas da vesícula e, xa que logo, a flotabilidade, ou permiten á célula situarse de modo que teña unha captación máxima de luz.
 
* As vesículas da [[matriz extracelular]] que interveñen na mineralización localízanse no espazo extracelular ou matriz do tecido cartilaxinoso e óseo. Foron descubertas independentemente en 1967 en observacións de [[microscopio electrónico|microscopía electrónica]] por H. Clarke Anderson<ref>{{cite journal |author=Anderson HC |título=Electron microscopic studies of induced cartilage development and calcification |journal=J. Cell Biol. |volume=35 |issue=1 |pages=81–101 |year=1967 |pmid=6061727| doi = 10.1083/jcb.35.1.81 |pmc=2107116}}</ref> e Ermanno Bonucci.<ref>{{cite journal |author=Bonucci E |título=Fine structure of early cartilage calcification |journal=J. Ultrastruct. Res. |volume=20 |issue=1 |pages=33–50 |year=1967 |pmid=4195919| doi = 10.1016/S0022-5320(67)80034-0}}</ref> Estas vesículas exteriores derivan das células e están especializadas en iniciar a [[biomineralización]] da matriz de diversos [[Tecido (bioloxía)|tecidos]], como [[óso]], [[cartilaxe]], e [[dentina]]. Durante o proceso normal de [[calcificación]], un incremento do fluxo de ións [[calcio]] e [[fosfato]] nas células vai acompañado da [[apoptose]] da célula (autodestrución xeneticamente determinada) e a formación de vesículas da matriz. A entrada de calcio tamén leva á formación de complexos de [[fosfatidilserina]]-calcio-fosfato na membrana plasmática mediada en parte polas proteínas [[anexinas]]. As vesículas da matriz evaxínanse da membrana plasmática en sitios de interacción coa matriz extracelular, e transportan á matriz extracelular calcio, fosfato, lípidos e as proteínas anexinas, o cal leva a nuclear a formación de cristais do mineral. Estes procesos están coordinados de maneira moi precisa para conseguir, no momento e lugar adecuado, a mineralización da matriz do tecido.
 
* Os endosomas coñecidos como [[endosoma|corpos multivesiculares]] ou MVB, son unhas vesículas rodeadas de membrana que conteñen no seu interior outras pequenas vesículas, chamadas vesículas luminais, que se orixinaron por invaxinación da membrana perimetral do endosoma. Se soltan as súas vesículas internas no exterior da célula poden orixinar [[exosoma]]s.
 
=== Fusión de vesículas ===
{{APArtigo principal|Fusión de vesículas}}
Para que se produza a fusión das vesículas coas membranas destino requírese que ambas as dúas se acheguen ata unha distancia de 1.5&nbsp;nm. Para que suceda isto a auga debe ser desprazada da superficie da membrana vesicular. Isto é enerxeticamente desfavoable, e diversos estudos suxiren que o proceso require ATP, GTP e acetil-CoA.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Bruce Alberts, et al. (1994); Molecular Biology of the Cell; Third Edition
 
=== Outros artigos ===
* [[Retículo endoplasmático]]
* [[Aparato de Golgi]]
* [[Micela]]
* [[Endocitose]]
* [[Vesícula sináptica]]
* [[Sistema endomembranoso]]
* [[Exosoma]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.biochemweb.org/lipids_membranes.shtml Lipids, Membranes and Vesicle Trafficking - The Virtual Library of Biochemistry and Cell Biology]
 
 
393.002

edicións