Trazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 78:
 
 
== Xeografía ==
O relevo ten aspecto de meseta ondulada sen grandes contrastes e lixeiramente inclinada cara o sur, por onde descorre o Tambre.
 
As máximas alturas atópanse ao norte, en Pedras Negras (462 metros) e Berdieiras (507 metros). Unha serie de vales, regados todos por pequenos ríos, dan variedade e alegría ao paisaxe, que é tranquilo, vistoso e pouco poboado. Entre estas correntes de augas más importantes son as coñecidas polos nomes de Restande e de Lengüelle.
 
=== Situación e comunicacións ===
Sitúase a 19 quilómetros ó norte de [[Santiago de Compostela]], aínda que afastado das vías de comunicación máis frecuentadas. A estrada que comunica ambas é a que parte da [[C-545]], de Santiago a [[Santa Comba]], a catro quilómetros da primeira. Esta estrada entra no municipio de Trazo atravesando o [[río Tambre]] por [[Ponte Albar]].
 
Despois de unirse á de [[Ordes]] a [[Portomouro]], percorre diagonalmente todo o concello e empalma en Ordes (15 quilómetros) coa [[N-550]] de Santiago á [[A Coruña|Coruña]]. A distancia a capital da provincia por esta ruta é de 36 quilómetros. Os municipios cos que limita Trazo son os de Santiago polo sur, [[Tordoia]] ó norte, [[Val do Dubra]] ó oeste e [[Oroso]] ao leste.
 
== Historia ==
As terras do actual municipio de Trazo pertenceron á xurisdición de Montaos. Esta xurisdición existía polo menos desde o século XII e figura por primeira vez nunha doazón de [[Afonso VII de Castela|Afonso VII]] á [[Arquidiocese de Santiago de Compostela|mitra compostelá]] datado 31 de maio de 1124. Nela establécense os límites desde [[Ponte Sigüeiro]] ao [[monte Xalo]], incluíndo practicamente todas as parroquias do concello. Os Bermúdez de Montaos, descendentes ou sucesores dos poderosos condes de Traba, exerceron este señorío, tendo como lugares principais [[Santa Cruz de Montaos, Ordes|Montaos]] (Ordes) e [[Lestrobe, Benza, Trazo|Lestrobe]], na parroquia de [[Benza, Trazo|Benza]]. Neste lugar posuían unha impresionante fortaleza, pero o abandono e o tempo acabaron con ela.
 
== Escudo de Trazo ==
O escudo do concello de Trazo consiste nun castelo e un lobo pasante en prata sobre un fondo de sinople timbrados de coroa real pechada.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Trazo}}
<gallery>
Ficheiro:A Ponteabar, Xavestre, Trazo. Présa do Tambre.jpg|Presa do [[río Tambre|Tambre]] en [[Xavestre, Trazo|Xavestre]].
Liña 101:
</gallery>
 
== Parroquias ==
{{Trazo}}
 
== Lugares de Trazo ==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trazo vexa [[lugares de Trazo]].
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
{{A Coruña}}