Diferenzas entre revisións de «Torres de Altamira»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
As '''Torres de Altamira''' son as ruínas dun [[castelo (fortificación)|castelo]] [[Idade Media|medieval]] e que foi a casa matriz da familia dos Moscoso, poderosa familia que xogou un destacado papel na [[Idade Media|Idade Media en Galicia]].
 
== Situación ==
O [[Castelo (fortificación)|Castelo]] das Torres de Altamira sitúase no municipio de [[Brión]], na [[provincia da Coruña]]. Estes vestixios son o monumento mais importante e significativo deste municipio. Declarado ''[[Ben de Interese Cultural]].'' Hoxe é propiedade da [[Deputación Provincial da Coruña]].
 
Atópanse na aldea da [[A Torre, Brión, Brión|Torre]], na parroquia de [[Brión, Brión|Brión]], rodeadas dunha magnífica paisaxe. Dende este lugar domínase coa ollada todo o [[Val da Mahía]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Torres de altamira 2.JPG|200px|miniatura|esquerda|Unha das torres.]]
As ruínas do castelo son o que queda do que se construiu no [[século IX]] sobre os restos dun antigo [[castro (poboado)|castro]] da [[cultura castrexa|antigüidade]]. Este xacemento arqueolóxico adoita coñecerse co nome de [[Castro de Altamira, Brión|castro de Altamira]], sen que se coñezan con exactitude as súas dimensións ou características. A fortificación do [[século IX]] mantívose ata o ano [[1073]], ano no que foi arrasada por [[Gonzalo de Moscoso]], fillo dun tal Beremundo, castelo do que non se saben cales eran as súas dimensións, nin as dependencias coas que contaba. Despois disto a súa reconstrución viuse dificultada pola prohibición ordenada polo rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] en [[1180]] de construír novas fortalezas na ''“Terra de Santiago”'' sen autorización expresa do arcebispo de Compostela. Pertenceu a [[familia dos Moscoso]] dende o o século XV en diante.
As seguintes obras documentadas deberonse a que a fortaleza estaba en mal estado, asinando un contrato de obra co mestre canteiro Bieito Vidal, o [[29 de marzo]] de [[1629]].
 
=== Proceso de ruína ===
A partir do [[século XVII]] os condes deixaron de habitar o castelo e ocuparon o [[Pazo de Trasouteiro]], a pouco mais dun quilómetro das torres, trasladándose con posterioridade á corte. Todo indica que no [[século XVIII]] sufriu un incendio, que afectou sobre todo ó pazo, favorecendo o seu abandono. A partir deste momento comezou o seu proceso de ruína, sendo a finais do [[século XIX]] cando máis foi usado como canteira para numerosas construcións.
 
[[Ficheiro:Torres de Altamira 5.JPG|200px|miniatura|dereita|Unha das torres.]]
 
No ano [[1872]], un dos herdeiros da casa de Altamira vendeu as torres, xa arruínadas. Un dos compradores, un rico campesiño que estivera en América, construíu unha casa coas propias pedras da fortaleza. Outro aproveitou a capela dos Reis Magos para construírse un rocho. Tamén se aproveitaron os perpiaños na construción da [[capela de Santa Minia]], cando pasou a mans do arcebispado, e para as obras da igrexa parroquial de Brión, chegándose a desfacer tamén a torre da homenaxe.
 
En [[1917]] aínda se seguía sacando pedra da fortaleza, ata que en [[1973]] as ruínas foron adquiridas pola Deputación Provincial da Coruña, que emprendeu as obras de limpeza e consolidación do pouco que queda da que foi, segundo opinión de [[Ángel del Castillo]], unha das mellores fortalezas de Galicia dos últimos anos do século XV.
 
== Descrición e características ==
O [[castelo (fortificación)|castelo]] tiña seis [[Torre (construción)|torretorres]]s [[rectángulo|rectangulares]], unha [[muralla]] rodeando un suntuoso [[palacio]], e a capela dos Reis Magos, onde eran enterrados os donos en opulentos [[Panteón (arquitectura)|panteóns]], todos eles incluidos nun recinto de planta poligonal.
 
Trás tódolos expolios sufridos só quedan restos de muralla e o arranque dunha torre de bos [[albanelaría|perpiaños]]. Tamén poder apreciarse algunhas fiestras con [[arco (arquitectura)|arcos apuntados e conopiais]] pertencentes a reedificación de [[1471]], tralo asedio irmandiño.
 
== Estado de conservación ==
En ruínas. Foi parcialmente restaurado no ano [[1973]].
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Brión#Torres de Altamira|Galería de imaxes das Torres de Altamira}}
<gallery>
Ficheiro:Torres de Altamira 6.JPG|Detalle da base dos muros.
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Torres de Altamira}}
=== Bibliografía ===
* González Pérez, Clodio ([[1998]]). ''“Brión: Historia, economía, cultura e arte”.'' [[Editorial Toxosoutos]].
 
=== Outros artigos ===
* [[Castelo (fortificación)]]
* [[Castelos de Galicia]]
* [[Casa de Altamira]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.castillosnet.org/lacoruna/C-CAS-011.shtml Datos do castelo en www.castillosnet.org]
* [http://www.infobrion.com/brionpobo/arquitectura.php?id=320 As torres en Infobrion.com]
* [http://www.xornal.com/article.php3?sid=20071127195438 ''As Torres de Altamira''. Xornal.com (27/11/2007) Artigo de [[Clodio González|Clodio González Pérez]]]
 
{{Castelos de Galicia}}
393.002

edicións