Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
'''Santiago de Taboada''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Silleda]] na [[comarca do Deza]]. Segundo o padrón municipal de [[2014]] tiña 214 habitantes (106 homes e 108 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 237 habitantes.
 
== Historia ==
A historia da parroquia xira ó redor da [[Ponte Taboada|ponte]] que comunicaba Deza con Trasdeza ou indo máis alá, Castela con Santiago, no camiño da maragatería. A primeira era de táboas (Pons Tabulata), de aí o seu nome, e a segunda, de pedra, medieval, aínda segue erguida cunha inscrición nunha rocha próxima na que figura o ano da construción ([[912]]).
 
Por Taboada pasa a Vía da Prata, que transcorre polo Camiño Real.
 
== Patrimonio ==
A [[igrexa de Santiago de Taboada]] é románica, data do [[século XII]], ten planta e ábsida rectangular, destacando a portada. No adro hai un singular cruceiro de fuste cónico acanalado con altar. Nas proximidades, cruzando a [[N-525]], hai un área recreativa dedicada ó peregrino con dous monumentos ó Apóstolo Santiago e ó Peregrino Anónimo, deseño de Francisco Alen, obra da Escola Taller de Silleda.
 
Nesta parroquia, a carón do río Deza, atópase a [[estación da Ponte Taboada]], con parada para viaxeiros da liña de ferrocarril Santiago-Ourense. Ademais destaca a Casa de Carballeda, no lugar do mesmo nome, que conta cunha capela baixo a advocación de [[San Roque]] e que foi propiedade no seu momento da familia Gil Taboada.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Taboada, Silleda}}
<gallery>
Ficheiro:Igrexa de Santiago de Taboada. Galiza 3.jpg
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Taboada ===
{{Lp Taboada, Silleda}}
=== Parroquias de Silleda ===
{{Silleda}}
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Silleda]]
* [[Galería de imaxes da Igrexa de Santiago de Taboada]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.turismosilleda.es/parroquias_silleda.php?id=30 Ficha de Taboada na web municipal de turismo]
 
[[Categoría:Parroquias de Silleda]]
380.827

edicións