Sol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
Liña 37:
== Estrutura do Sol ==
 
{{APArtigo principal|Estrutura estelar}}
Como toda estrela, debido ó carácter radial da [[forza gravitatoria]], o Sol posúe unha forma esférica, e a causa do seu lento movemento de rotación, ten tamén un leve achatamento polar. Como en calquera corpo masivo, toda a materia que o constitúe é atraída cara ao centro do obxecto pola súa propia forza gravitatoria. Porén, o [[plasma (estado da materia)|plasma]] que forma o Sol atópase en equilibrio, xa que a crecente [[presión]] no interior solar compensa a atracción cara ó centro, producíndose un [[equilibrio hidrostático]]. Estas enormes presións xéranse debido á densidade do material no seu núcleo e ás enormes temperaturas que se dan nel grazas ás reaccións termonucleares que alí acontecen. Existe, ademais da contribución puramente térmica, unha de orixe fotónico. Trátase da [[presión de radiación]], nada desprezable, que é causada polo inxente fluxo de fotóns emitidos no centro do Sol e que son o xeito de transmisión enerxética do centro solar cara á periferia.