Sevilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 43:
Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Conta con 704.154 habitantes e 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de [[2005]]). É o principal centro artístico, [[cultura]]l, financeiro, económico e [[social]] do sur de España e un dos más importantes do sur de [[Europa]]. É ademais un importante centro industrial de novas tecnoloxías e aeronáutica (factoría de [[EADS]]-[[CASA]] establecida no [[Aeroporto de Sevilla|aeroporto]]). Sevilla e os seus núcleos de poboación satélites non constitúen unha verdadeira área metropolitana senón unha aglomeración urbana, pois carece dun órgano de coordinación no que estean representados tódolos organismos con competencias metropolitanas, tales como os [[concello]]s. Aínda que hai órganos mancomunados que se encargan da xestión metropolitana de certas actividades sectoriais (augas, residuos, etcétera), non pode por tanto falarse de área metropolitana no seu sentido máis estrito.
 
De indubidable interese [[turismo|turístico]], grazas a numerosos monumentos, [[praza]]s, [[xardín]]s, [[Igrexa (arquitectura)|igrexaigrexas]]s, etcétera. Conserva o meirande casco histórico-artístico de Europa. De entre os seus monumentos máis famosos, a [[Giralda]] (antigo [[alminar]] da [[mezquita]] maior, hoxe [[campanario]] da [[Catedral de Sevilla|Catedral]]) e a [[Torre del Oro]] son os dous máis coñecidos.
 
Dos seus barrios, [[Triana, Sevilla|Triana]], [[Macarena, Sevilla|La Macarena]], [[Barrio de Santa Cruz|Santa Cruz]], [[Los Remedios]], [[Heliópolis, Sevilla|Heliópolis]] e [[Barrio de Nervión|Nervión]] son os máis famosos. A [[Giralda]], a [[Catedral de Sevilla|Catedral]], o [[Reais Alcázares de Sevilla|Alcázar]], o [[Arquivo de Indias]] e a súa contorna foron declarados [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[UNESCO]] en [[1987]].
Liña 50:
 
== Historia ==
{{APArtigo principal|Historia de Sevilla}}
Sevilla é unha das cidades máis importantes na historia de España desde a [[Idade Antiga]] en que xurdiu un primeiro núcleo identificado coa cultura [[Tartessos|tartésica]] e que, tras a súa destrución atribuída aos cartaxineses, deu paso á cidade romana de ''Hispalis'', xunto á que se construíu a colonia de [[Itálica (cidade)|Itálica]]. Durante o [[reino visigodo]] aloxou nalgunhas ocasións a corte. En [[Al-Andalus]], tras a [[invasión musulmá da península Ibérica|invasión musulmá]], foi primeiro sede dunha [[cora (división territorial)|cora]] e despois capital dun reino de [[taifa]]s. No ano [[844]] foi saqueada polos [[viquingos]] remontando o río [[Guadalquivir]] decidindo o emir de [[Córdoba, España|Córdoba]] fortalecer o seu sistema defensivo.
 
Liña 92:
== Arquitectura ==
=== Catedral ===
{{APArtigo principal|Catedral de Sevilla}}
[[Ficheiro:CatedraldeSevilla2.jpg|miniatura|[[Catedral de Sevilla]]]]
A [[Catedral de Sevilla]] é a catedral gótica máis extensa do mundo e un dos maiores templos cristiáns en canto a tamaño, do mundo.<ref>{{Cita web
Liña 106:
 
=== Reais Alcázares ===
{{APArtigo principal|Reais Alcázares de Sevilla}}
[[Ficheiro:Patio de las doncellas 001.jpg|miniatura|Patio das Doncelas nos [[Reais Alcázares de Sevilla|Reais Alcázares]].]]
O [[Reais Alcázares de Sevilla|Alcázar de Sevilla]] é o palacio real en activo máis antigo de Europa.<ref>{{Cita web
Liña 118:
Unha zona reservada do mesmo utilízase como lugar de aloxamento os [[Reis de España]] e demais membros da [[Familia real española|Casa Real]] cando visitan a cidade e pasan a noite na mesma. O conxunto monumental e os xardíns son visitables e constitúen un dos principais atractivos monumentais da cidade, xa que foron declarados [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[Unesco]] en 1987. A entrada ao recinto para os cidadáns sevillanos é gratuíta durante todo o ano.
 
As estancias máis destacadas do recinto son o ''Patio das Doncelas'', patio principal de arte mudéxar andaluz; a ''Sala dos Reis''; a ''Sala de Carlos V'', con grandes tapices, ''Salón do Emperador'', con azulexos do [[século XV]] e tapices [[Flandres|flamengos]]; o ''Salón de Embaixadores'', unha sala cuberta por unha cúpula semiesférica adornada de complicados arabescos dourados que constitúe a habitación máis importante do Alcázar; e os ''Xardíns do Alcázar'', que teñen carácteres árabes, renacentistas e modernos e dispón de varias terrazas de vexetación frondosa, con fontes, pavillóns e multitude de [[laranxeira]]s e [[Palmeira (botánica)|palmeirapalmeiras]]s.
 
=== Arquivo de Indias ===
[[Ficheiro:Alcaz archiv sev.jpg|miniatura|esquerda|[[Reales Alcázares de Sevilla|Alcázar de Sevilla]] (esquerda) e [[Arquivo de Indias]] (dereita).]]
{{APArtigo principal|Arquivo Xeral de Indias}}
 
O [[Arquivo de Indias|Arquivo Xeral de Indias]] creouse en [[1785]] baixo o reinado de [[Carlos III de España|Carlos III]] co obxectivo de centralizar nun único lugar a documentación referente ás colonias españolas, ata entón dispersa en diversos arquivos: [[Arquivo Xeral de Simancas|Simancas]], [[Cádiz]] e Sevilla. A ''Casa Lonxa de Mercadores'' de Sevilla, construída en época de [[Felipe II de España|Felipe II]] entre [[1584]] e [[1598]] por Juan de Mijares sobre planos de [[Juan de Herrera]], é a sede do arquivo.
Liña 147:
=== Torre del Oro ===
[[Ficheiro:Sewilla-TorreDelOro.jpg|miniatura|[[Torre del Oro]].]]
{{APArtigo principal|Torre del Oro}}
 
A [[Torre del Oro]] de Sevilla é unha torre [[Torre (construción)#Torre albarrana|albarrana]] situada na marxe esquerda do río [[Guadalquivir]], xunto á [[La Maestranza|praza de touros da Real Maestranza]]. Posiblemente o seu nome en árabe era ''Bury al-dahab'',<ref>''[http://books.google.com/books?id=4HjwCyXHkkoC&pg=PA609&dq=Bury+al-dahab&hl=es II Congreso internacional. A Cidade en al-Andalus e o Magreb]'', Fundación El legado andalusí (2002), ISBN 84-932051-7-6</ref> en referencia ao seu brillo dourado que se reflectía sobre o río. Durante as obras de restauración de 2005, demostrouse que este brillo, que ata entón se atribuía a un revestimento de azulexos, era debido a unha mestura de morteiro de cal e palla prensada.<ref>{{Cita web
Liña 170:
 
== Cidades irmandadas ==
* {{ITAb}} [[Roma]]
* {{ESPb}} [[Barcelona]]
* {{ARGb}} [[Bos Aires]]
* {{USAb}} [[Columbus, Ohio|Columbus]]
* {{MEXb}} [[Guadalaxara, México|Guadalaxara]]
* {{CUBb}} [[A Habana]]
* {{USAb}} [[Kansas City, Misuri|Kansas City]]
* {{PHLb}} [[Baler]]
* {{MARb}} [[Rabat]]
* {{DEUb}} [[Berlín]]
* {{ESHb}} [[Tifariti]]
 
== Notas ==
Liña 191:
* [http://www.juntadeandalucia.es/institutodeestadistica/sima/htm/sm41091.htm Sevilla - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía (SIMA). Estatísticas oficiais] {{es}}
* [http://www.juntadeandalucia.es/cultura/iaph/localizador/busqueda.php Patrimonio cultural de Sevilla no Localizador Cartográfico do Patrimonio Cultural. Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico] {{es}}
{{Distritos de Sevilla}}
{{Capitais de provincias de España}}
{{Concellos de Sevilla}}
 
[[Categoría:Sevilla| ]]
[[Categoría:Cidades de Andalucía]]
[[Categoría:Concellos da provincia de Sevilla]]
 
{{Distritos de Sevilla}}
{{Capitais de provincias de España}}
{{Concellos de Sevilla}}