Serra da Enciña da Lastra: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
arranxo |
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética |
||
Liña 1:
[[Ficheiro:Castanea sativa.004 - Serra de Enciña de Lastra.JPG|[[Castiñeiro]] na Serra da Enciña da Lastra|miniatura]]
O '''Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra''' é unha paraxe protexida que comprende a contorna da [[Serra da Enciña da Lastra]], unha das [[serras orientais de Galiza]]. Está situado na zona nordés da [[provincia de Ourense]], no concello de [[Rubiá]], [[comarca de Valdeorras]], xusto no límite coa comarca do [[Bierzo]]. Foi declarado [[Parque natural]] no ano [[2002]]. Ten unha extensión de 3.151,67 [[ha]] e unha altitude media de 684 m.
O parque abrangue a serra e un [[val]] [[Calcaria|calcario]] de pendentes pronunciadas e [[cantil|cantís]] entre os que destacan a [[Pena Falcoeira]], o [[Val do Inferno]] ou os [[Penedos de Oulego]]. O [[río Sil]] discorre durante uns catro quilómetros polo extremo oriental do parque, remansado nese tramo polo encoro de Penarrubia. O outro curso de auga permanente é o [[río Galir]], alén da existencia doutros regatos estacionais.<ref>[http://www.cmati.xunta.es/seccion-organizacion/c/DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Espazos_protexidos/Rede_galega/Parques_naturais/seccion.html&std=Serra_da_Encinha_da_Lastra.html Serra da Enciña da Lastra] na web de Parques Naturais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza ([[Xunta de Galicia]]), consultada o 27 de maio de 2014</ref>
Liña 6:
Os puntos de máxima altitude da serra son [[O Piornal]], con 1.529 metros sobre o nivel do mar e a [[Pena Tara]], con 1.089 metros, nos Penedos de Oulego.
Área de especial interese faunístico e florístico pola seu carácter limítrofe entre a [[rexión mediterránea]] e a [[rexión eurisiberiana|eurosiberiana]], o parque abrangue a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia, con números endemismos de ámbito reducido. Posúe tamén destacadas poboacións de [[ave rapaz|aves rapaces]], entre as que destaca a presenza do [[voitre branco]], [[aguia real]] e [[falcón peregrino]]. A menor dureza do solo calizo propiciou a formación de abundantes [[cova]]s - que aquí se denominan [[Pala (espeleoloxía)|
== Clima ==
O parque natural atópase nunha zona climática de transición entre os dominios oceánico de montaña e oceánico-mediterráneo, cunha [[precipitación (meteoroloxía)|precipitación media anual]] de 594 mm e unha [[temperatura|temperatura media]] de 12,9
== Xeoloxía ==
Os terreos de natureza [[calcaria]], moi restrinxidos a nivel galego, atópanse principalmente na Serra da da Enciña da Lastra onde forman unha unidade coas áreas veciñas do [[Bierzo]], que se inclúe xeográficamente na zona xeolóxica ástur-occidental leonesa. Trátase do dominio da denominada calcaria da Aquiana, de tipo marmóreo e natureza recifal, estratificación pouco marcada e en ocasións totalmente dolomitizada.(ref) Debido á súa natureza, estas calcarias presentan restos fósiles de briozoos e outros organismos do período ordovícico, testemuñas dunha época en que esta zona se encontraba somerxida baixo o mar. A área é altamente singular no ámbito galego, desde os puntos de vista xeomorfolóxico, ecolóxico e paisaxístico, polo gran desenvolvemento, extensión e pendente que alcanzan os cortados calcarios, que chegan a superar os 200 m de altura e teñen a súa mellor representación no '''Estreito do Covas''', na '''Pena Falcoeira''' e nos '''Penedos de Oulego'''. Así mesmo, aquí atópase o mellor exemplo de morfoloxía cárstica de Galicia, albergando a maior rede de covas e simas da Comunidade Autónoma, entre as que destacan as existentes nas inmediacións de Covas e Biobra, non afectadas polo encoro. Por outra parte, a parte inferior das vertentes da serra está constituída por lousas e cuarcitas. A este nivel, son elementos xeomorfolóxicos relevantes os conos de dexección e os depósitos detríticos de lousas, cuarcitas e calcarias, presentes en Covas e no seu contorno. A elevada singularidade do espazo natural foi tida en conta polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España ao incluír parte da área no Punto de Interese Xeolóxico "Minas de Pintura" (PIG OR-3), que, ademais dun depósito presilúrico de limonita situado en Pardollán, de elevado interese estratigráfico, inclúe o Estreito de Covas e o macizo calcario de Penarrubia.
== Flora e fauna ==
No parque natural áchanse unha ampla variedade de especies animais e vexetais raras, ameazadas e de distribución marxinal ou moi restrinxida en territorio galego. A situación xeral da serra da Enciña da Lastra atópase bioxeograficamente na [[conca do Mediterráneo|rexión mediterránea]], limitando coa [[rexión eurosiberiana]] (rexión na que se encadra a meirande parte de Galicia), e adscríbese coroloxicamente ao subsector berciano do sector ourensano-sanabrés, pertencente á provincia carpetano-ibérico-leonesa. Os fondos do [[val]] correspóndense co [[mesomediterráneo|piso mesomediterráneo]], caracterizado pola presenza de bosques de esclerófilos, como as [[aciñeira
=== Flora ===
O parque natural abarca a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia e nel describíronse un total de 16 asociacións ou comunidades vexetais naturais e seminaturais, entre as que se contan bosques mediterráneos calcícolas, espiñeirais, [[salgueiro|
{{imaxe dupla|esquerda|Petrocoptis grandiflora.002 - Serra de Enciña de Lastra.JPG|225|Armeria rothmaleri.001 - Serra de Enciña de Lastra.JPG|222|''[[Petrocoptis grandiflora]]'' (esquerda) e ''[[Armeria rothmaleri]]'' (dereita) endemismos restrinxidos ao ámbito do parque natural}}
De moi especial significación son as comunidades ligadas a rochedos calcarios, e en particular a asociación de caméfitos propia de paredóns verticais, nas que a cantidade de endemismos, algúns de distribución moi reducida, é moi alta, incluíndo a ''[[Campanula adsurgens]], [[Crepis albida subsp. asturica]], [[Festuca burnatii]], [[Leontodon farinosus]], [[Petrocoptis grandiflora]]''. Tamén relacionados con solos calcarios, posúen igualmente unha gran relevancia as tomiñeiras de ''[[Thymus zygis]]'', propias do subsector berciano e únicas en Galicia, así como diferentes tipos de pasteiros calcícolas mediterráneos e orocantábricos, presentes na parroquia de [[Oulego, Oulego, Rubiá|Oulego]], [[Rubiá]]. Estas comunidades son o hábitat de ''[[Armeria rothmaleri]]'' e ''[[Dianthus merinoi]]'', tamén endémicas de ámbito reducido.
[[Ficheiro:Castanea sativa.001 - Serra de Enciña de Lastra.JPG|miniatura|dereita|Exemplar de [[castiñeiro]] nun souto do parque]]
Entre a vexetación arbórea e arbustiva predominan os [[aciñeira]]is de carácter calcícola, que recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galicia. Están caracterizados pola aciñeira. E o [[érbedo]] acompañados por arbustos mediterráneos como ''[[Genista hystrix]]'', o [[aderno de folla estreita]] (''[[Phillyrea angustifolia]]'') ou o [[escornacabras]] (''[[Pistacia terebinthus]]''), e, dependendo da altura, da profundidade dos solos e da orientación, pola [[sobreira]], a [[abeleira]], e o [[cancereixo]], e en cuxos claros aparecen a [[lavanda]] e diferentes especies de [[xara]]s. Tamén característicos da zona son os espiñeirais que aparecen nas orlas dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos espiñosos e plantas rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os que cabe significar diferentes especies de [[cerdeira]]s, [[abruñeiro]]s, [[escornacabras]], [[estripeiro]]s, [[Rosa canina|roseiras bravas]] e [[Silva (botánica)|
Presentan tamén un grande interese os [[salgueiro|salgueirais riparios]], que, a pesar de se atoparen limitados pola influencia do encoro de Penarrubia, se corresponden cunha asociación propia do tramo do Sil a cabalo das provincias de [[provincia de Ourense]] e [[provincia de León]], na que se dá unha gran variedade de salgueiros, acompañados polo [[lodoeiro]], o [[freixo]], e o [[ameneiro]]. Pola súa parte, os vellos [[Souto (botánica)|
=== Fauna ===
[[Ficheiro:Egyptian vulture in flight.jpg|miniatura|left220px|O [[voitre branco]] ten no parque o seu único punto regular de nidificación en Galicia]]
A existencia de grandes cortados calcarios, a abundancia de froitos carnosos en espiñeirais, os ambientes agropecuarios ben integrados e, en suma, a elevadísima diversidade de hábitats nunha área de transición bioclimática son determinantes da existencia da comunidade de aves nidificantes máis rica e senlleira de [[Galicia]], con máis de 100 especies, unha excelente representación de avifauna rupícola e mediterránea no ámbito galego e unha rica comunidade de [[aves rapaces]]. Entre as derradeiras sobresae a presenza de polo menos 21 especies, incluíndo entre as nidificantes (12 especies diúrnas e 6 nocturnas) o [[voitre branco]] (''Neophron percnopterus'') (unha das 2 únicas parellas que crían en Galicia de xeito regular (2007, 2008, 2009)<ref>http://www.seo.org/media/docs/31alimo.pdf El alimoche común en España acceso 02/01/2012</ref>), a [[aguia real]] (''Aquila chrysaetos'') (1 parella<ref>http://www.seo.org/media/fotos/32_Aguilareal.pdf El águila real en España acceso 02/01/2012</ref>), a [[aguia cobreira]] (''Circaetus gallicus'') (2-3 parellas), a [[aguia calzada]] (''Hieraaetus pennatus'') (2-3 parellas), o [[falcón peregrino]] (''Falco peregrinus'') (3 parellas), e o [[bufo real]] (Bufo bufo) (1 parella). Tamén se rexistrou a presenza da [[aguia perdigueira]] (''Hieraaetus fasciatus''), moi rara en Galicia. Ademais, entre a avifauna rupícola reprodutora están a [[pomba das rochas]] (''Columba livia'') (maior poboación galega), o [[andoriñón real]] (''Apus melba'') (13 parellas e única poboación no interior de Galicia), a [[andoriña dos penedos]] (''Ptyonoprogne rupestris''), a [[andoriña dáurica]] (''Hirundo daurica''), o [[merlo rubio]] (''Monticola saxatilis''), e o [[merlo solitario|solitario]] (''Monticola solitarius''), o [[corvo]] (''Corvus corax''), a [[gralla pequena]] (''Corvus monedula''), e a [[choia biquivermella]] (''Pyrrhocorax pyrrhocorax'') (10-15 parellas e poboación non reprodutora de máis de 100-150 exemplares, un dos mellores puntos de Galicia), notándose tamén neste mesmo medio a presenza invernal dos pouco comúns [[azulenta alpina]] (''Prunella collaris''), e [[gabeador vermello]] (''Tichodroma muraria''). Hai unha variada mestura de avifauna eurosiberiana e mediterránea, ligada a aciñeirais, soutos, espiñeirais e matogueiras, con numerosas especies de distribución bioxeográfica marxinal, moi localizada ou mesmo única na Comunidade Autónoma, como o [[picanzo cabecirrubio]] (''Lanius senator''), o [[papamoscas cincento]] (''Muscicapa striata''), o [[rabirrubio de testa branca]] (''Phoenicurus phoenicurus''), a [[papuxa carrasqueira]] (''Sylvia cantillans''), a [[papuxa real]] (''Sylvia hortensis''), o [[pardal das rochas]] (''Petronia petronia''), ou o [[bicogroso]] (''Coccothraustes coccothraustes''). Hai un pequeno continxente de aves acuáticas no encoro de Penarrubia, entre as que cabe mencionar, como invernantes, o [[mergullón cristado]] (''Podiceps cristatus''), e o [[pato cristado]] (''Aythya fuligula'').
Liña 33:
A lista de [[mamífero]]s do parque [[provincia de Ourense|ourensán]] é das máis completas de [[Galicia]], estando confirmada a presenza de 39 especies, aínda que se podería chegar ás 50 cunha prospección máis detallada, segundo se desprende do próximo da área de distribución e dos requirimentos de hábitat dalgúns posibles compoñentes. É ben coñecida e do máximo interese a riqueza da comunidade de [[quiróptero]]s, dos que están presentes polo menos 9 especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galicia, como o [[morcego mediterráneo de ferradura]] (''Rhinolophus euryale''), o [[morcego das ribeiras]] (''Myotis daubentonii''), o [[morcego das covas]] (''Miniopterus schreibersii'') (con importante poboación a nivel estatal), ou o [[morcego rabudo]] (''Tadarida teniotis''). Tamén é destacable a variedade e abundancia de [[carnívoro]]s, entre os que cabe citar o [[gato bravo]] (''Felis sylvestris''), a [[lontra]] (''Lutra lutra''), o [[armiño]] (''Mustela erminea''), o [[teixugo]] (''Meles meles''), o [[Furón bravo|tourón]] (''Mustela putorius''), e a [[garduña]] (''Martes foina''). Menos frecuente é o [[lobo]] (''Canis lupus''), que parece presentarse ocasionalmente na zona. O [[oso pardo europeo|oso pardo]] (''Ursus arctos''), existente polo menos ata o [[século XIX]], visitou novamente estas serras nos últimos anos nalgunhas ocasións. Os grandes [[herbívoro]]s do parque son o [[corzo]] (''Capreolus capreolus''), e o [[xabaril]] (''Sus scrofa''), que acadan boas densidades e ocupan sobre todo os [[aciñeira]]is.
== Galería de imaxes ==
{{
<center><gallery>
Ficheiro:Castanea sativa.001 - Serra de Enciña de Lastra.JPG|''[[Castanea sativa]]''
Liña 43:
</gallery></center>
== Notas ==
{{Listaref}}
Liña 52:
* Alejandro Parrón Franco, ''Ordenación cinegética del parque natural "Serra da Enciña da Lastra", 2011.
* Javier Amigo Vázquez, Joaquín Giménez de Azcárate Moreno, Íñigo Pulgar Sañudo, ''Guía de la flora del Parque Natural "Serra da Enciña da Lastra"'', [[Consellería de Medio Ambiente]], 2005, 95 p.
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.redeuroparc.org/biblioteca_virtual/porn_serraencina.pdf Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da Serra da Enciña da Lastra], consultado o 27 de maio de 2014.
* [http://www.turgalicia.es/parque-natural-serra-da-encina-da-lastra-presentacion?langId=gl_ES Parque Natural Serra da Enciña da Lastra] en [[Turgalicia]].
{{Serras galegas}}
Liña 60:
{{ORDENAR:Enciña da Lastra, Serra da}}
[[Categoría:Parques naturais de Galicia]]
[[Categoría:Lugares de importancia comunitaria en Galicia]]
|