Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
A sardiña captúrase con [[arte (pesca)|artes de cerco]] e de enmalle ou deriva (como o [[xeito]]), durante a noite, e destínase a consumo en fresco, [[afumado|afumada]], [[salgadura|salgada]] ou en [[conserva]]. Abunda en todas as costas españolas e foi precisamente a riqueza en sardiña das augas galegas no que se baseou a industria conserveira galega, iniciada na segunda metade do [[século XVIII]] polos chamados ''fomentadores da pesca'' cataláns,<ref>Vilar Rodríguez, Margarita (2006): "Éxito y ocaso de una saga de negociantes catalanes en Galicia: la Casa de Comercio Francisco Ferrer y Albà (1750-1860)", ''Cuadernos de Estudios Gallegos'', Vol.53, nº'''119'': 5-335. [http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/11/8 Ver texto completo en PDF]</ref> <ref>"La guerra por la sardina. Pleito gallego-catalán sobre artes de pesca en las costas de Galicia desde 1.750 a 1.890", en Vila Sánchez, Jesús: [http://jesusvilasanchez.webcindario.com/salazon.htmlhttp://jesusvilasanchez.webcindario.com/salazon.html Ares. La pesca de la sardina]</ref> e hoxe diversificada noutras especies de [[peixe]]s e [[moluscos]].
 
== Características ==
As principais características definitorias da sardiña son as seguintes:<ref name=BP>Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982), p. 100.</ref> <ref name=RS>Rodríguez Solórzano ''et al.'' (1983), pp. 61-62.</ref> <ref name=RV>Rodriguez Villanueva ''et al.'' (1995), pp. 28-29.</ref> <ref name=M>Muus, Bent J. ''et al.'' (1998), pp. 94-95.</ref>
 
* [[Corpo]] alongado e de sección ovalada, algo comprimido lateralmente. Xeralmente de pequenas dimensións, de 10 a 25 cm de lonxitude, aínda que poden chegar ata os 25 cm.
 
* Coloración azulada ou verdosa no dorso cos flancos e o ventre prateados. Ás veces pódense ver nos flancos unha liña de pequenas manchas negrasa que recoda ás das [[zamborca]]s.
 
* [[escama de peixe|Escamas]] de tipo [[escama de peixe|cicloide]], desiguais, unhas grandes, que se desprenden con facilidade e que ocultan a outras más pequenas, que están debaixo. [[Liña lateral]] lonxitudinal, oculta por unha serie de 30 escamas. Quilla ventral, aparentemente lisa, formada por escamas carenadas.
 
* [[Opérculo (peixes)|Opérculo]] con estrías lonxitudinais dispostas radialmente. [[Boca]] con [[dente]]s moi pequenos en ambos os maxilares, e sen eles no vómer. Os maxilares son curtois, case iguais (a mandíbula sobresae só un pouco do maxilar superior), e chegan ata o terzo anterior dos [[ollo]]s, que están cubertois por [[pálpebra]]s [[tecido adiposo|adiposas]] ben desenvolvidas.
Son especies semellantes á sardiña o [[arenque]] (''Clupea harengus''), a [[alacha]] (''Sardinella aurita'') e o [[trancho]] (''Sprattus sprattus'').
 
== Hábitat e bioloxía ==
[[Ficheiro:Sardina pilchardus.jpg|miniatura|250px|Xoubas ou parrochas.]]
A sardiña distribúese polo Atlántico leste, desde [[Islandia]] e o sur de [[Noruega]] e [[Suecia]], polo norte, até as costas do noreste [[África|africano]], ata [[Senegal]], polo sur, pasando polas [[illas Azores]] e as de [[Cabo Verde]], e internándose polo [[Mediterráneo]] ata o [[mar Negro]].<ref>[http://www.aquamaps.org/receive.php Ver mapa de distribución]</ref> Son menos abundantes nas costas máis setentrionais.<ref name=BP/> <ref name=M/>
 
É un peixe peláxico, gregario, que forma grandes [[cardume]]s ou mansíos en aguas costeiras, por riba dos 50 m de profundidade, buscando sempre as augas máis cálidas e salgadas,<ref name=BP/> migrando cara ao norte en verán e cara ao sur en inverno,<ref name=RS/> <ref name=M/> alimentando importantes [[pesca|pescarías]]rías. Aliméntase principalmente de [[zooplancton]] (como pequenos [[crustáceos]] e [[ovo (bioloxía)|ovos]] e [[larva]]s de [[peixe]]s).<ref name=RS/> <ref name=RV/> <ref name=M/>
 
A época da reprodución é durante a primavera e o verán, dependendo da temperatura da auga,<ref name=RS/> <ref name=RV/> en alta mar ou prerto da costa. Na parte meridional do [[mar do Norte]] a desova ten lugar desde xuño ata agosto, no [[canal da Mancha]] en abril, en [[Galicia]] e [[Portugal]] de febreiro a abril, e no [[Mediterráneo]] desde setembro ata maio.<ref name=M/>
 
As femias producen de 50 000 a 60 000 ovos, e de 1,5 mm de diámetro, que eclosionan ao cabo de 2 a 4 días, e as larvas miden, cando nacen, uns 4 mm.<ref name=M/>
 
== O nome científico ==
 
=== Etimoloxía ===
O nome do xénero, ''Sardina'', deriva do [[latín|latín tardío]] ''sardina'', diminutivo de ''sarda'' (nome co que se coñecía a especie ''[[Sarda sarda]]'', o '''bonito alistado'''), termos probablemente de orixe [[lingua grega|grega]]: σάρδη ''sárdē'', σαρδήνη ''sardénē'', σαρδῖνος ''sardĩnos''. Tradicionalmente asóciase o termo coa illa mediterránea de [[Sardeña]] (en latín ''Sardinia'', en grego antigo Σαρδώ ''Sardó''), cerca da que probablemente se capturarían estes peixes, o que resulta historicamente bastante inverosímil: segundo Klein «é moi pouco probable que os antigos gregos pescaran tan lonxe de onde vivían daquela, en tempos de [[Aristóteles]], de quen [[Ateneo de Naucratis|Ateneo]] cita unha pasaxe na que o filósofo fala do peixe σαρδῖνος ''sardĩnos''».<ref>Harper, Douglas (2001–2012): [http://www.etymonline.com/index.php?search=sardine&searchmode=term "sardine"] en Online Etymology Dictionary.</ref> Por iso outros etimoloxistas pensan que máis ben derive do latín tardío ''(lapis) sardinus'', a "(pedra de) Sardes", do grego σάρδινος (λίθος) ''sárdinos (líthos)'', unha variedade de cor vermella alaranxada da calcedonia, similar pero máis escura que a cornalina, talvez de [[Sardes]] (en grego Σάρδεις ou Σάρδις), capital do [[reino de Lidia]], en [[Asia Menor]].<ref>Merriam-Webster's Unabridged Dictionary.</ref>
 
En canto á orixe do epíteto específico, ''pilchardus'', ten menos dúbida: obviamente deriva do [[lingua inglesa|inglés]] ''pilchard'', "sardiña".
 
=== Primeiro nome ===
O primeiro [[nome científico]] da sardiña débese ao famoso [[ilustración|ilustrado]] galego [[Cornide Saavedra|Joseph Cornide]] que, en [[1788]], lle deu o de ''Arengus minor''. Porén, e a pesar de que asegura no título da súa monografía ''Ensayo de una historia de los peces (...)'' o libro estaba ''arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo'', Cornide non segue sempre a [[Linneo]] no tocante á [[nomenclatura binomial]] que establecera algúns anos antes o afamado médico e botánico sueco, xa que ''Arengus minor'' aparece só na páxina 244, dentro do ''segundo índice'', onde dá os nomes galegos das especies descritas (por certo, para el esta se denominaría ''sardina'', en castelán), mentres que na parte descritiva (páxinas 91-92) o peixe figura con nome prelinneano de ''Arengus minor maxîllis æqualibus'' (algo así como "arenque pequeno cos maxilares iguais").<ref name=C>Cornide, J. (1788), pp. 91-92 e 244.</ref>
 
Seguramente por iso a [[comunidade científica]] recoñeceu como descritor da especie ao [[Alemaña|alemán]] [[Walbaum]], que o fixo catro anos máis tarde.<ref>Walbaum, J. J. (ed.) (1792): ''Petri Artedi sueci genera piscium in quibus systema totum ichthyologiae proponitur cum classibus, ordinibus, generum characteribus, specierum differentiis, observationibus plurimis: redactis speciebus 242 ad genera 52: Ichthyologiae pars 3.'' Ant. Ferdin. Röse: Grypeswaldiae,</ref> e poucos son os autores que hoxe en día recoñecen nome cornidiano, que foi declarado obsoleto polos expertos, como sinónimo (só, entre a bibliofgrafía consultada, fano o [[Francia|francés]] Bauchot,<ref name=BP/> e o ''World Register of Marine Species'' <ref name=W2/>).
 
=== Cambios do nome ===
Despois do nome de Cornide, a especie foi coñecida durante moito tempo como ''Clupea pilchardus'', un dos nomes empregados por Walbaum (tamén usou os de ''Alosa pilchardus'' e ''Clupea harengus pilchardus'', como subespecie do [[arenque]]). Por tanto, vemos que o introdutor do nome específico ''pilchardus'' foi este autor.
 
Pero en [[1904]] o [[ictioloxía|ictiólogo]] e [[ecoloxía|ecólogo]] [[Romanía|romanés]] [[Grigore Antipa]] describiu unha ''nova especie'' de peixe, para a que creou un novo xénero, ''Sardina'', denominándoa ''Sardina dobrogica'' (é dicir, a "sardiña da [[Dobruxa]]"). Máis tarde, os especialistas comprobaron que se trataba da mesma especie que a ''Clupea pilchardus'' descrita por Walbaum en [[1792]], así que o seu nome pasou a ser ''Sardina pilchardus'' (Walbaum, 1792), a nosa popular sardiña. Como vemos, o novo xénero, diferenciado de ''Clupea'', mantívose.
 
=== Subespecies ===
Algúns autores recoñecen dúas subespecies:<ref name=BP/>
* ''Sardina pilchardus pilchards'' <small>(Walbaum, 1792)</small>, no Atlántico, e
* ''Sardina pilchardus sardina'' <small>(Risso, 1826)</small>, no Mediterráneo.
 
== Outras ''sardiñas'' ==
Na bibliografía internacional, sobre todo na [[lingua castelá|castelá]], co nome de ''sardina'', e na [[lingua inglesa|inglesa]] co de ''sardine'' ou o de ''pilchard'', poden designar a diferentes especies de peixes da familia dos clupeidos, estreitamente emparentados coas verdadeiras sardiñas, o que pode ocasionar non poucas confusións.<ref>Ver máis abaixo en ''Uso culinario"" o que se di sobre a normativa da [[UE]].</ref>
 
** ''[[Sardinops sagax]]'' - '''sardiña chilena'''
 
== Pesca e usos ==
=== Pesca ===
[[Ficheiro:Cuba de sardinas.jpg|miniatura|180px|Tabal de sardiñas.]]
A sardiña péscase desde moi antigo, pero ao ser a súa carne delicada e soportar mal o transporte, a súa pesca non adquiriu verdadeira importancia comercial ata despois de comercializarse conservada en latas.<ref name=BP/>
As capturas anuais en Europa fluctúan, pero nalgúns períodos foron de ata un millón de toneladas, sendo as principais costas onde se extrae as de [[Marrocos]] e [[España]].<ref name=M/> En canto as capturas mundiais de ''sardiñas'', ver o gráfico arriba.
 
=== Uso culinario ===
[[Ficheiro:Sardinas a la plancha- Cádiz - 2009.jpg|250px|Sardiñas asadas|miniatura]]
[[Ficheiro:Sardinas en Aceite-Madrid.jpg|250px|Sardiñas en conserva|miniatura]]
* Xénero ''[[Sprattus]]''
** ''[[Sprattus sprattus]]''
* Xénero ''[[Hyperlophus]]''
** ''[[Hyperlophus vittatus]]''
* Xénero ''[[Nematalosa]]''
** ''[[Opisthonema oglinum]]'' – '''arenque alongado do Atlántico'''
 
== En Galicia ==
 
=== Referencias da súa presenza ===
O primerior rexistro da presenza da sardiña nas nosas augas foi, como quedou dito, a de Cornide en 1788, como ''Arengus minor''. No primeiro terzo do [[século XX]] citárona [[de Buen]] (1919, 1925) e Ducloux en de Buen (1919), como ''Clupea pilchardus'', e de Buen (1929, 1935) como ''Arengus pilchardus''. Nos dous últimos terzos do século pasado, e xa como ''Sardina pilchardus'', foi rexistrada por numerosos autores.<ref>Solórzano, ''et al.'' (1988), p. 18.</ref>
=== Pesca ===
En Galicia, as capturas de sardiña concéntranse nos meses do [[verán]] (cando están máis gordas e teñen máis graxa, e alcanzan cifras comprendidas, segundo os anos, entre 1,7 e case 2 millóns de quilogramos (datos de xuño a outubro) para descender bruscamente a cifras de 200 000 a 400 000 kg entre decembro e febreiro. A cifra total anual foi de 13 828 968 kg no ano 2009. O tamaño mínimo legal para a súa captura é de 11 cm.<ref name=X>Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural e do Mar. [http://www.pescadegalicia.com/ Pescadegalicia.com. Plataforma tecnolóxica da pesca]</ref>
 
=== Festas gastronómicas ===
[[Ficheiro:Festa da Sardiña, Portonovo, Sanxenxo, Galiza.jpg|Pratos conmemorativos da Festa da Sardiña de [[Portonovo, Adina, Sanxenxo|Portonovo]] ([[Sanxenxo]]).|miniatura]]
 
* Festa da sardiña lañada: o 8 de agosto en [[Cariño]].
 
== A sardiña na cultura popular galega ==
{{APArtigo principal|A sardiña na cultura popular galega}}
* A muller e a sardiña, canto máis pequeniña, máis xeitosiña.
* Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín.
* Por Santa Mariña pinga a sardiña.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commons}}
 
=== Bibliografía ===
* Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): ''Guía de los peces de mar de España y Europa''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
* Cornide, J. (1778): ''Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo con un tratado de las diversas pescas y de las redes y aparejos con que se practican''. [http://books.google.es/books?id=MYY-AAAAcAAJ&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false (Ver en liña)].
* Nelson, Joseph S. (2006): ''Fishes of the World''. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
* Ríos Panisse, M. C. (1977): ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces.'' Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
* Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): ''Guía dos peixes de Galicia''. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
* Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): ''Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación)''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
* Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): ''Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes).'' O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
* Xunta de Galicia (1999): ''Guía do consumidor de peixe fresco''. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
 
=== Outros artigos ===
* [[Clupeiformes]]
* [[Clupeidos]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fishbase.org/summary/1350 ''Sardina pilchardus'' (Walbaum, 1792)] en FishBase {{en}}. Contén informacións sobre a especie, numerosas imaxes, dous vídeos en mapa de distribución.
* [http://pescadosymariscos.consumer.es/sardina Consumer.es]
 
{{Produtos da pesca comerciais}}
 
[[Categoría:Clupeiformes]]
381.175

edicións