Diferenzas entre revisións de «Santuario da Nosa Señora do Corpiño»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
O '''santuario da Nosa Señora do Corpiño''', máis coñecido simplemente coma '''O Corpiño''', é un [[santuario]] situado no lugar do [[O Corpiño, Losón, Lalín|Corpiño]], na parroquia de [[Losón, Lalín|Santa Baia de Losón]] pertencente o concello de [[Lalín]], nun pequeno outeiro situado no alto do val do [[río Deza]], a medio camiño na estrada que vai de [[Silleda]] a [[Vila de Cruces]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Santuario_o_corpino_jpereira.jpg|miniatura|dereita|200px|Vista do Santuario.]]
A arquitectura actual do inmoble data de finais do [[século XIX]]. Porén, a localización do actual santuario foi escollida arredor do [[século XII]], pois di a lenda que preto de alí, nunha pequena ermida ofrecida a [[Hadrián de Canterbury|Santo Hadrián]], vivía un personaxe que presentaba unha gran devoción pola figura da [[Virxe María|Virxe]], á que lle dedicaba numerosos [[sermón]]s que eran recibidos de grado polos veciños da zona. A lenda di que co paso do tempo o home apareceu morto mais co seu corpo incorrupto, o que se interpretou como unha [[milagre]] que a Virxe obrara. En resposta a tal suceso, os veciños levantaron unha capela na súa honra, onde agora se atopa o templo actual. A lenda tamén conta que [[Almanzor]] destruíu o templo, feito nunca probado historicamente, e que dende aquela a [[capela|ermida]] caeu no esquecemento, ata que unha parella de pastoriños, mentres se refuxiaban dunha [[tormenta]] presenciaron a [[aparición mariana|aparición]] da Virxe co neno no colo. Dende entón o lugar retomaría o culto.
 
== A romaría ==
[[Ficheiro:O_corpino_1_jpereira.jpg |miniatura|dereita|200px|Graffiti.]]
As [[peregrinación]]s de crentes sucédense todo o ano, aínda que alcanzan o seu punto álxido na [[romaría]] celebrada entorno o 23-24 de xuño. Estas congregan a centos de romeiros que buscan un remedio para a súas doenzas, particularmente a xente afectadas de doenzas relacionadas co [[máis alá]], como feitizos, [[meigallo]]s, tolemias ou posesións demoníacas, quizais unha forma de denominar enfermidades mentais ou nerviosas pouco coñecidas. O Corpiño é tamén un dos poucos lugares da península onde aínda se practican [[exorcismo]]s para sacar o [[demo]] ou o meigallo fóra do corpo de fieis “posuídos”. Deste xeito [[relixión]] e [[bruxería]] confúndense nun único espazo coma únicos culpables ou remedios daquelas doenzas ás que a [[medicina]] supostamente non foi capaz de dar solución ou explicación.
[[Ficheiro:Romeria_o_corpino_1_jpereira.jpg|miniatura|dereita|200px|Romeiros baixo a Virxe.]]
 
Durante estas datas do mes de xuño centos de fieis chegan durante a mañá co fin de presentarlle a súas ofrendas a Virxe en forma de [[exvoto]]s de cera, cirios ou mediante cruces ou nomes, que gravan nos paramentos da ermida durante o seu peregrinar o redor do templo, nun intento por deixar un sinal da súa relixiosidade e devoción. Trala [[misa]] da unha, os peregrinos arrexúntanse formando unha fila ao redor do templo, para que a figura da Virxe en [[procesión]] sexa levada por riba das súas cabezas. Nese momento os crentes fregan panos contra os [[Pé (anatomía)|pés]]s da Virxe co fin de cargalos dalgún tipo de poder curativo ou [[apotropea|apotropaico]], para levalos á casa e protexer aqueles enfermos que polas súas doenzas non puideron acudir á romaría.
 
O santuario do Corpiño constitúe xunto con [[Santo André de Teixido]] e os [[Santuario dos Milagres de Amil|Milagres de Amil]] un dos sitios máis populares deste tipo de crenzas relixiosas.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes do Corpiño}}
{{Commons|O Corpiño}}
<gallery>
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Santuarios gallegos : El Corpiño|nome= R.|apelidos= Salgado Toimil|ligazónautor= Ramón Salgado Toimil|coautores= |ano= 1929|editor= Palacios|localización= Lugo|isbn= |páxina= |páxinas= |dataacceso=16 de maio de 2013 |url=http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/i18n/consulta/registro.cmd?id=5181}} {{es}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Galería de imaxes de Lalín]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.triplov.com/seoane/meigallo.html Nosa Señora do Meigallo (M.A Seoane)]
* [http://peregrinos.wordpress.com/leyendas/virgen-de-o-corpino/ Peregrinos, Virxe do Corpiño]
* [http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2007/06/24/corpino/ "Fotos mergulladas na pía do Corpiño"], artigo de [[Manuel Gago Mariño]] no blog ''Capítulo 0'', 24 de xuño de 2007.
* [http://www.santuario-corpino.es/ Páxina Oficial do Santuario do Corpiño]
 
[[Categoría:Igrexas da provincia de Pontevedra|Corpino]]
393.002

edicións