Diferenzas entre revisións de «Condado da Limia»

sen resumo de edición
m (mais enlaces)
Denominación dunha antiga rexión altomedieval e baixomedieval ( [[Século X]] - [[Século XII]]) que se situaba na actual [[provincia de Ourense]] ademais de chegar ata [[Viana do Castelo]], seguindo o curso do [[río Limia]].
 
Obviamente, esta Limia medieval era moito máis extensa ca actual [[comarca da Limia]] e chegaba ata [[Maceda]], ocupando na parte na parte galega practicamente caseque toda a [[provincia de Ourense]] menos a conca do [[Comarca do Ribeiro|Ribeiro]], do [[Río Sil|Sil]] e do [[Río Bibei|Bibei]]. É dicir, que á actual [[comarca da Limia]], haberíalle que sumar a Limia da zona de [[Celanova]], [[Allariz]], [[Maceda]], e tamén á Limia portuguesa, ou sexa a parte de Viana de Castelo, posto que neste intre histórico ainda non existía [[Portugal]], condado que se independezaría no século XII.
 
A Limia medieval terá un gran peso no [[reino de Galicia]] neses séculos, sendo Allariz, a capital política da mesma. Sendo cidade do rei, os notarios do rei asinaran dende o século XII ata fins da Idade Media como notarios de Allariz e da terra da Limia. Destacar tamén a gran importancia desta Limia medieval do [[Mosteiro de San Salvador de Celanova|mosteiro de Celanova]], que foi moito máis cun mosteiro, foi un centro señorial, repoboador, e que tivo unha importancia política paralela á de Allariz pola relación da familia de [[San Rosendo]] ca monarquia do [[reino de León]].
221

edicións