Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 14:
'''Santa Cecilia de Trasancos''' é unha [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] que se localiza no leste do concello de [[Ferrol]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 664 habitantes (349 mulleres e 215 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 771 habitantes.
 
== Historia ==
O primeiro documento coñecido onde aparece citada esta parroquia correspóndese ao ano [[1087]] e pertence á colección diplomática do próximo [[Mosteiro do Couto|mosteiro de San Martiño de Xuvia]]. Durante a [[Idade Media]] e a [[Idade Moderna]], Santa Icía de Trasancos foi a cabeza ou capital do arcediagado de Trasancos.
 
O couto medieval de Santa Icía de Trasancos estaba en mans do correspondente arcediago, por canto era anexo a esta dignidade do cabido [[Mondoñedo|mindoniense]]. No ano [[1586]] o rei [[Filipe II]], despois de desamortizar este couto e incorporalo aos bens da Coroa, vendeuno ao ferrolán Xoán Yáñez de Leiro e Doza, cóengo doutoral da [[Catedral de Santiago de Compostela]]. O Dr. Yáñez de Leiro outorgou testamento no ano [[1599]], polo cal fundou vínculo e morgado sobre este couto -xunto cos de Xuvia e Caranza- así como sobre outros bens capitais, en favor do seu sobriño o capitán Pedro Yáñez de Mandiá. O couto de Santa Icía de Trasancos permaneceu durante a Idade Moderna en posesión dos descendentes do capitán Pedro Yáñez de Mandiá, logo co apelido Bermúdez de Mandiá, até a abolición do sistema [[xurisdición|xurisdicional]] co fin do [[Antigo Réxime]], no [[século XIX]].
 
== Patrimonio ==
[[FileFicheiro:Santa Icía de Trasancos Ferrol A Coruña Galiza wikigl.jpg|thumb|Santa Icía de Trasancos.]]
Da igrexa medieval non se conserva máis que un pequeno anaco dunha doela, empotrado na parede interior do altar maior da que hoxe corre popularmente como "[[Igrexa (arquitectura)|igrexa]] vella", a cal data do ano [[1771]] e se edificou baixo o padroado de D. Xosé María Bermúdez de Mandiá e Pardiñas Villardefrancos, señor xurisdicional polo entón. A actual igrexa parroquial data do ano [[1964]].
 
Liña 27:
Sobre o río de Santa Icía, tamén chamado [[Río Freixeiro]], se atopa a [[ponte]] chamada popularmente "romana", pero que é do ano [[1814]]. Nas proximidades está o chamado Muíño dos Amenadás, xa no concello de [[Narón]], cuxa primeira construción data do ano [[1813]].
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol}}
<gallery>
Ficheiro:Ponte medieval dos Amenadás.JPG|Ponte dos Amenadás
Liña 36:
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Santa Cecilia de Trasancos ===
{{Lp Santa Cecilia de Trasancos}}
=== Parroquias de Ferrol ===
{{Ferrol}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Ferrol]]
 
[[Categoría:Parroquias de Ferrol]]