San Marino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 85:
A política de San Marino lévase a cabo no marco dunha [[república]] [[parlamentarismo|parlamentaria]] [[Democracia directa|demócrata representativa]], na que os dous [[Capitán Rexente de San Marino|Capitáns Rexentes]] son os [[Xefe de Estado|Xefes de Estado]] e dun sistema pluripartidista. O [[poder Executivo]] é exercido polo [[goberno]], o [[poder lexislativo|lexislativo]] polo no goberno e o [[Consello Grande e Xeral]], sendo o [[poder xudicial|xudicial]] independente dos dous anteriores. San Marino orixinalmente foi dirixida polo Arengo, formado inicialmente cos xefes de cada familia, non sendo até o [[século XIII]] cando se creou un organismo de goberno chamado [[Consello Grande e Xeral]], sendo nomeados en [[1243]] os dous primeiros [[Capitán Rexente de San Marino|Capitáns Rexentes]] nomeados polo propio Consello. Este método de designación segue aínda vixente en hoxe en día.
 
O órgano lexislador da República é o [[Consello Grande e Xeral]] (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Consiglio Grande e Generale''). O Consello é un órgano [[unicameral]] composto por sesenta membros, sendo elixidos os conselleiros cada cinco anos baixo un sistema de representación proporcional nos nove distritos administrativos. Estes distritos corresponden ás antigas [[Parroquia civil|parroquiaparroquias]]s da República, onde poden exercer o seu dereito ao voto tódolos [[cidadán]]s maiores de dezaoito anos. Ademais da lexislación xeral, o Consello Grande e Xeral aproba os [[orzamento]]s e elixe os [[Capitán Rexente de San Marino|Capitáns Rexentes]], o Congreso de Estado (composto por dez secretarios con poder executivo), o Consello dos Doce (que exercen o [[poder xudicial]] durante o período de lexislatura do Consello), as Comisións de Asesoramento (que examinan, propoñen e debaten sobre a aplicación de novas leis) e as Unións de Goberno. O Consello tamén ten a facultade de ratificar os tratados con outros países.
 
Cada seis meses o Consello elixe dous [[Capitán Rexente de San Marino|Capitáns Rexentes]] para ser os xefes de Estado. Os Rexentes son elixidos polos partidos opositores de modo que hai un equilibrio de poder. A investidura dos Capitáns Rexentes lévase a cabo o [[1 de abril]] e o [[1 de outubro]] de cada ano. Unha vez que remata o prazo de rexencia os cidadáns teñen tres días para presentar queixas sobre as actividades dos Capitáns, e se así se xustificase, comezarían os procedementos xudiciais contra antigo Xefe ou Xefes de Estado. Esta práctica de ter múltiples cabezas de Estado, así como a repetición frecuente da elección dos mesmos, derívanse directamente dos costumes da [[República Romana]], sendo o Consello é equivalente ao [[Senado romano]] e os Capitáns Rexentes ao [[Cónsul romano|cónsul]].
Liña 168:
 
== Economía ==
{{APArtigo principal|Economía de San Marino}}
{{VT|Lira sanmarinesa}}
 
Liña 183:
== Demografía ==
[[Ficheiro:Basilica del Santo.jpg|miniatura|Catedral da [[Cidade de San Marino]].]]
{{APArtigo principal|Demografía de San Marino}}
A República de San Marino é un estado de só tan 61,5 km² de superficie, o que o converte no segundo estado máis pequeno de [[Europa]]. Posúe preto de 30.000 habitantes (29.973 estimados en [[2008]]), tendo así unha densidade de poboación de 489 habitantes/km². O cultivo, a cría de ovellas, e o traballo da pedra nas canteiras forman a columna vertebral da economía de San Marino. Non ten os recursos minerais, e hoxe en día a maioría das terras están aradas ou cubertas por bosques.
 
Liña 196:
{{VT|Gran Premio de San Marino}}
[[Ficheiro:Ratzenberger.jpg|miniatura|dereita|[[Roland Ratzenberger]] no día no que faleceu durante o [[Gran Premio de San Marino]] de [[1994]].]]
Até o ano [[2006]] existiu o [[Gran Premio de San Marino]] de [[Fórmula 1]]. Foi neste Gran Premio no que morreron o [[Austria|austríaco]] [[Roland Ratzenberger]] e o [[Brasil|brasileiro]] [[Ayrton Senna]], tras bater o seu [[WilliamsF1|Williams]] no muro da curva Tamburello), ambos en [[1994]], polo que ese gran premio acabou chamado como o "Fin de semana Negro". A pesar do nome, o Gran Premio celebrábese no [[Autódromo Enzo e Dino Ferrari]] de Imola, na [[subdivisións de Italia|rexión italiana]] da [[Emilia-Romaña]], a uns 100 [[quilómetro]]s ao noroeste do país. O mesmo ocorre co actual Gran Premio de MotoGP, aínda que este é realizado no Circuíto de Misano, nas marxes do [[Adriático]].
 
San Marino tamén ten o seu propio Comité Olímpico afiliado ao [[COI]] e, a diferencia do que ocorre con outros microestados como o [[Mónaco|Principado de Mónaco]] e a [[Vaticano|Cidade do Vaticano]], ten súa federación nacional de fútbol como membro da [[FIFA]]. Con todo, esta selección de fútbol, está considerada unha das peores do mundo, tendo inclusive recibido dez goles da selección de [[Bélxica]] durante as Eliminatorias do [[Mundiais de Fútbol|Mundial de Fútbol]] de [[2002]] e 13 de [[Alemaña]] durante a clasificación para a [[Eurocopa de fútbol 2008|Eurocopa de 2008]]. O seu principal club é a Società Sportiva Murata, que fixo historia por ser o primeiro equipo samariñense en participar na [[Liga de Campións da UEFA]].