Diferenzas entre revisións de «Salto, Vimianzo»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (actualizo poboación)
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
'''Santa María de Salto''' é unha parroquia do concello de [[Vimianzo]], [[provincia da Coruña]], arciprestado de Soneira e [[arquidiocese de Santiago de Compostela]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 521 habitantes (263 mulleres e 258 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 671 habitantes.
 
== Situación xeográfica ==
Está delimitada por [[Treos]], [[Tines]], [[Bamiro]], [[Vimianzo, Vimianzo|Vimianzo]] e [[Calo, Vimianzo|Calo]] e polo concello de [[Laxe]], distando 3,2 km da capital do concello e sumando 840 habitantes en total. Divídese nos núcleos do Careixo, Castro, Castromil, A Costa, A Lagoa, O Mosquetín, Reboredo, Reparada, Salto, Santa Irena, Señoráns e Torelo.
 
== Enclaves naturais ==
Cabe destacar o monte de San Bartolomeu, con 407 m de altitude e o paso dos ríos Castro e Grande do Porto.
 
== Historia ==
Tomando como referencia os restos do poboado [[galaicos|galaico]] de [[Castro, Salto, Vimianzo|Castro]] e [[mámoa|mámoas]]s en [[Reparada, Salto, Vimianzo|Reparada]], pódese asegurar que o poboamento das terras que conforman actualmente esta parroquia, -ao igual que as súas veciñas lindantes- remóntanse polo menos ao [[-2000|2000 a.C]].
 
Pero é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estrutura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico [[arco de medio punto]] románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a [[bóveda]] da sancristía e os capiteis das columnas son tipicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo [[arquitectura gótica|gótico]]. No [[1789]] foron engadidos dous retablos máis obra de [[Francisco Agudín]], de estilo [[neoclásico]] e outros vestixios coma a [[Virxe do Rosario]], de liñas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no [[1956]], sendo definitivamente una igrexa de cruz latina.
 
Sendo a igrexa a clave da cultura desta parroquia, o eixe da economía correspóndelle ós [[batáns do Mosquetín]], documentados desde o [[catastro de Ensenada]] (1753). Estes muiños sitúanse á esquerda do [[Río Grande, Terra de Soneira|río Grande]] e suman en total sete máis tres [[Batán (máquina)|batánbatáns]]s. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o [[liño]] e [[la]]. Durante séculos constituíu unha importante industria e os seus servizos eran demandados máis aló dos límites naturais de [[Terra de Soneira|Soneira]]. Actualmente están sendo rehabilitados pola [[Deputación da Coruña]] co obxectivo de transformalos nun museo.
 
== Ermidas ==
Ademais da igrexa principal existen numerosas ermidas distribuídas pola parroquia destacando a de San Bartolomeu no cumio deste monte e as da Virxe Peregrina, Santa Eirena e Santo Antonio.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Vimianzo}}
<gallery>
Ficheiro:Batáns do Mosquetín, Vimianzo.jpg
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Salto ===
{{Lp Salto, Vimianzo}}
=== Parroquias de Vimianzo ===
{{Vimianzo}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Vimianzo]]
 
[[Categoría:Parroquias de Vimianzo]]
384.871

edicións