Diferenzas entre revisións de «Sacos, Cerdedo-Cotobade»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
'''Santa María de Sacos''' é unha parroquia que se localiza no norte do concello de [[Cotobade]]. Segundo o padrón municipal de 2006 tiña 283 habitantes (129 homes e 154 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento respecto ó 2005, cando tiña 281 habitantes.
 
== Patrimonio ==
A súa [[igrexa de Santa María de Sacos|igrexa parroquial]] é un templo dunha soa nave cunha ábsida rectangular, que conserva elementos do románico tardío ou protogótico. Os perpiaños moi irregulares distribúense en fiadas dando como resultado, pola contra, uns paramentos ben rematados. Segundo Bango Torviso o estilo do aleiro da ábsida, principalmente, indica un estilo de orixe ourensán, da zona de [[Oseira]] ou [[Comarca do Carballiño|Terra do Carballiño]], de finais do último terzo do século XII.
 
Hai dúas capelas no Cádavo e en Dorna, e no leste da parroquia consérvanse os restos da capela de San Lourenzo, restaurados en 2010. Amais, hai dous petróglifos, unha mámoa e dous cruceiros.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Sacos, Cotobade}}
<gallery>
Ficheiro:Sacoscp.jpg|Casa do Pobo.
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Santa María de Sacos ===
{{Lp Sacos}}
=== Parroquias de Cotobade ===
{{Cotobade}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Cotobade]]
 
[[Categoría:Parroquias de Cotobade]]
393.002

edicións