Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 56:
 
 
== Historia ==
=== Idade Antiga ===
As orixes de Sada son bastante incertas. Segundo [[Florencio Vaamonde|Florencio Vaamonde Lores]], remitiríanse a un primeiro asentamento lacustre do que se terían achado restos nas Brañas. Porén, o que si se ten por certo é o desenvolvemento sobre a súa xeografía da [[Cultura castrexa]], materializada en oito asentamentos identificados dos que destacan os de [[Meirás, Sada|Meirás]], San Amede e, sobre todo, Agra das Arcas. Son castros na súa maioría de ocupación tardía, profundamente romanizados a partir do s. I d.C. Tamén se coñecen, máis vagamente, se cabe, asentamentos romanos en diferentes puntos, así coma dous restos interesantes da súa civilización: unha ara votiva localizada baixo a igrexa de [[Meirás, Sada|Meirás]] e dedicada ao deus ''Coso Udaviniago'', e unha lápida funeraria, empotrada no muro do cemiterio de Soñeiro, que representa a un individuo togado.
 
=== Idade Media ===
A [[Idade Media]], e non é por caer en tópicos, atópase envolta nunha escuridade case impenetrable. As referencias que temos a Sada na documentación son escasas, se ben é certo que nunca se realizou investigación de ningún tipo sobre este particular. Sabemos da dependencia nobiliaria e eclesiástica, concretamente das familias dos Condes de Présaras primeiro, logo dos [[Conde de Andrade|Andrade]], e dos mosteiros das [[As Xubias|Xubias]] e, sobre todo, [[Sobrado]], que probablemente posuíra unha granxa en Samoedo dedicada fundamentalmente á produción vinícola.
Asemade, durante todo o período, sufriría, segundo nos remite [[Florencio Vaamonde Lores|Florencio Vaamonde]], numerosas invasións e saqueos: os normandos no [[846]] e [[859]], [[Almanzor]] no [[997]] ou o duque de Lancaster no [[1379]].
 
Liña 69:
Entre os séculos XVII e XVIII cabe resaltar a forte actividade industrial desenvolvida na vila.
 
===== Industria téxtil =====
Na primeira etapa, entre [[1674]] e [[1762]], instaláronse fábricas téxtiles de varios tipos, todas elas promovidas polos [[Flandres|flamengos]] Baltasar de Roo e Adrián Kiel, que chegaran a Galicia exiliados do seu país natal.
Liña 76:
Aproveitando a puxanza da fábrica de enxarcia e lona, Roo e Kiel puxeran adiante no século XVII outras dúas empresas similares. En primeiro lugar, no [[1674]] fundarían unha fábrica de mantelería e lenzos, surtidora da Casa Real, introducindo así o cultivo do liño en [[Galicia]]{{Cómpre referencia}}. Once anos despois emprenderían o terceiro reto, a fábrica de panos, confeccionando produtos de excelente calidade. Tanto que espertaron as iras dos ingleses, que vían perigar a súa oligarquía comercial neste sector. No [[1713]], coa morte de Roo, pechaba esta última fábrica, e no [[1725]], a de mantelería era trasladada á [[A Coruña|Coruña]].
 
===== Industria da salga =====
Co declive da produción téxtil e o traslado da Real Fábrica a [[Ferrol]], Sada viviría un importante declive económico, compensado por importantes melloras na saúde dos veciños, que, segundo apunta [[José Andrés Cornide Saavedra|Joseph Cornide]], viñan padecendo febres a causa das polucións emanadas pola empresa. Non había durar esta crise económica moito tempo. Axiña chegaría un gran número de empresarios ou "fomentadores" de orixe catalá a desenvolver as súas industrias na nosa xeografía. Desde as derradeiras décadas do século XVIII e durante a primeira metade do XIX establecerían as súas fábricas nos núcleos de Sada e, sobre todo, Fontán. Algúns destes cataláns instalados en Sada serían José e Juan Albanell, Juan Ballester, Francisco Bargalló, Josep Caminada, José Carbonell, Andrés e Cayetano Dalmau, Gerónimo Estefanell Galup, Francisco Ferrer i Albá, José Goel, José Grau, Juan Lampallás, Tomás Maristany, Francisco Marticó, Francisco e Juan Miró, Juan Oliver, Juan Ortoll, Daniel e Juan Pasqual Barreras, Francisco Plá, Francisco Pullés Serra, José Torrens i Ros, Ramón Tort, Cristóbal, Francisco e Juan Vidal, etc. Varios destes apelidos pervivirían na antroponimia sadense ata o século XX, casos de Vidal, Marticó e Maristany.
 
Liña 97:
 
===== A Guerra Civil e o Franquismo =====
[[FileFicheiro:A Terraza, Sada, fachada dianteira.jpg|miniatura|dereita|A Terraza]]
Mais todo isto virase abaixo tralo golpe militar de xullo do [[1936]]. En Sada terase coñecemento da nova o mesmo día 18. [[José Monzo|José Monzo Ríos]], Presidente do [[Sindicato de Oficios Varios de Sada|Sindicato de O.V.]], Secretario da [[CNT]] en Sada e cabeza da agrupación local da [[FAI]], dirixirá unha expedición de tres camións á Coruña co obxecto de conseguir armas para a defensa de Sada, mais estas lles serán negadas. Así, os falanxistas, dirixidos por Oliete, tomarán a vila o día 23, comezando así o calvario de moitos que, por non compartiren as ideas políticas do novo réxime, terán que se agochar ou fuxir. O alcalde Fernández Pita será encarcerado e sometido na Coruña a un consello de guerra sumarísimo que o condenaría a morte, sendo executado o [[27 de novembro]] dese mesmo ano. En Sada serían paseados numerosos sindicalistas.
 
Liña 114:
id:barra value:rgb(0.6,0.7,0.8)
 
ImageSize = width:650 height:500
PlotArea = width:550 height:400 left:60 bottom:45
 
DateFormat = yyyy
Period = from:0 till:15000
 
TimeAxis = orientation:vertical
ScaleMajor = unit:year increment:1000 start:0
 
TimeAxis = orientation:vertical
AlignBars = justify
ScaleMajor = gridcolor:darkgrey increment:1000 start:0
ScaleMinor = gridcolor:lightgrey increment:500 start:0
Liña 235:
{| cellpadding="1"; style="float: center; border: 1px solid #88a; background: #f7f8ff; padding: 5px; font-size: 95%; margin: 0; width: 40%" class="wikitable"
|- align="top"
| width="100 px" valign ="top"| [[FileFicheiro:Bandera de la II República Española.PNG|100px]]
|
* [[Juan Antonio Suárez Picallo]].
Liña 380:
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Sada}}
 
=== Imaxes de hoxe ===
Liña 401:
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Bibliografía ===
* Gloria López: ''Aportacións para unha Historia de Sada'', Ediciós do Castro, 1997.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.concellodesada.es concellodesada.es]
* [http://www.blogoteca.com/pazomeiras/ blogoteca.com/pazomeiras]
Liña 410:
{{ConcellosCoruña}}
{{A Coruña}}
 
 
[[Categoría:Concellos da provincia da Coruña]]