Río Eume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 10:
}}
 
O '''río Eume''' é un río galego. Nace na [[Serra do Xistral]] na parroquia da [[A Balsa, Muras|Balsa]], no concello [[provincia de Lugo|lugués]] de [[Muras]]. O seu percorrido de 80 km transcorre placidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila [[As Pontes de García Rodríguez|das Pontes de García Rodríguez]], vaise encaixando nun val profundo coñecido como [[canón do Eume]], en parte asolagado polo [[encoro do Eume]]. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo [[Estuario|esteiro]] que en [[Marea|marea]] baixa forma unha [[illa]] coñecida como As Croas, de gran valor [[Marisqueo|marisqueiro]] e [[Fauna|faunístico]]. Finalmente desemboca na [[Ría de Ares]], no [[Golfo Ártabro]], entre os concellos [[provincia da Coruña|coruñeses]] de [[Pontedeume]] e [[Cabanas]] dos que é a súa fronteira natural.
 
== A lenda dos tres ríos ==
Conta a lenda que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o [[Río Landro|Landro]] cara ó norte e o [[Río Masma|Masma]] cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegara ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular ''[[Canón do Eume]]'' e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.
 
== Características ==
Percorre os concellos de [[Abadín]], [[Muras]], [[Vilalba]], [[Xermade]], [[As Pontes de García Rodríguez]], [[A Capela]], [[Monfero]], [[Cabanas]] e [[Pontedeume]].
 
Liña 28:
O [[30 de xuño]] de [[1997]] creouse o Parque Natural das [[Fragas do Eume]] ''(Real Decreto 211/96 de 2 de maio)'' cunha superficie de 9.126 Ha. Abarca terras dos concellos de [[Cabanas]], [[A Capela]], [[Monfero]] e [[Pontedeume]].
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes do río Eume}}
 
<gallery>
Liña 40:
</gallery>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Fragas do Eume. Parque natural. Xunta de Galicia. D.L. C-81/2003
* Geografía de Galicia (Tomo I). Dirección: Mª Pilar de Torres Luna. Ed. Faro de Vigo. D.L. V-3338.2000
Liña 51:
 
{{ORDENAR:Eume, Río}}
 
[[Categoría:Ríos de Galicia]]