Ría de Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *pranta e outros
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 53:
'''A ría de [[Ferrol]]''' é unha das [[ría]]s galegas situada nas rías altas, no [[golfo Ártabro]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Ría de Ferrol dende Mugardos.jpg|300px|miniatura|esquerda|A ría de Ferrol vista desde [[Mugardos]].]]
Existen referencias históricas de asentamentos romanos, normandos e da [[Baixa Idade Media]], todos eles vencellados ao comercio e as actividades navais, militares e pesqueiras que decaen a partir da [[Alta Idade Media]].
 
Durante a dinastía dos Austrias utilizouse a ría como base non permanente das Armadas, o que supuxo a construción das primeiras fortificacións. A chegada dos [[Casa de Borbón en España|Borbóns]] á Coroa de España trouxo trocos substanciais na política naval decidindo emprazar na ría ferrolá o ''Arsenal del Norte'', por ser un porto natural e idóneo desde o punto de vista táctico e defensivo.
 
[[FileFicheiro:Coruña Bay, Ferrol Bay, Spain WDL135.png|miniatura|esquerda|Mapa da ría de Ferrol e da Coruña de 1589.]]
O porto da ría de Ferrol ata ben entrado o [[século XIX]] tivo un carácter totalmente castrense, con escasas referencias ó pequeno peirao situado no barrio de Ferrol Vello. Un novo porto, desvencellado da actividade militar, estaba condicionado pola situación do ''Arsenal'' e o recinto amurallado defensivo da praza. Elixiuse o emprazamento anexo ó ''Arsenal'' cara ó oeste, sendo os primeiros estudos de [[1856]], a partir dos cales se realizou un pequeno dique do que arrancaba un espigón de 200 metros, construíndose o Peirao Sur e unha pequena dársena.
 
O [[24 de agosto]] de [[1910]] creouse, por Real Decreto, a Xunta de Obras do Porto de Ferrol e a partir do ano seguinte procedeuse a ampliar a infraestrutura existente realizándose as obras de dragado e ampliación da dársena co Peirao de Curuxeiras e o adiantamento dos Cantís. No ano [[1918]] redactouse un anteproxecto que fixaba as liñas a seguir en futuras ampliacións, actuacións que se desenvolveron en [[1944]], cun importante salto cuantitativo, creando o Peirao de Ribeira (hoxe, Fenández Ladreda), que non se rematou ata [[1960]], apoiándose no Peirao Sur anterior e establecendo os accesos ferroviarios ó Porto e ó ''Arsenal''.
 
Entre [[1949]] e [[1959]] construíronse os peiraos que conforman a Dársena de Curuxeiras (Espigón e Pasaxeiros da Ria). En [[1968]], no contexto da especialización de Astano na construción de ''super-petroleiros'', tivo lugar a inauguración da [[Ponte das Pías]], tamén denominada como ''A Ponte do Caudillo'', título honorífico do Ditador. A ponte recortaba en 8 quilómetros o acceso á cidade desde o sur, e aseguraba a súa conexión directa co estaleiro [[Astano]].
Liña 72:
En [[1995]] comezouse cos primeiros estudos para a construción dun peirao na entrada da ria, obras que comezaron no ano [[2001]]. Os peiraos actuais compleméntanse cos anteriores facendo do Porto de Ferrol o mellor dotado do noroeste peninsular tanto en liñas de atraque e calados como en superficies.
 
== Explotación da ría ==
[[FileFicheiro:Piscifactoría na entrada da ría de Ferrol.jpg|thumb|dereita|Piscifactoría e bateas de marisco na entrada da ría de Ferrol.]]
Ademais dos usos como porto natural protexido na ría hai estaleiros e infraestruturas navais civís e militares. Existe unha planta de gas en [[Mugardos]], [[REGANOSA]], prepiedade do grupo Tojeiro que ten máis instalacións xunto a ela como un porto para produtos químicos e forestais. Na entrada da ría de Ferrol hai unha piscifactoría e bateas para o cultivo de moluscos. O uso da ría para actividades de lecer inclúe escolas de vela e piragüismo en varios concellos.
 
A presión demográfica -na zona da ría de Ferrol a poboación é de máis de 200.000 persoas- supuxo unha degradación ambiental xa que non existían infraestruturas de saneamento de [[augas residuais]]. Nos últimos anos construíronse dúas [[Estación depuradora de augas residuais|Estacións Depuradoras de Augas Residuais]] (EDAR), unha para a banda dereita da ría: Ferrol, Narón e Neda -[[EDAR de Cabo Prioriño]]- e outra para os concellos de Fene, Mugardos e Ares en [[EDAR de Punta Avarenta|Punta Avarenta]].
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes da ría de Ferrol}}
<gallery>
Imaxe:As dúas Xuvias.JPG|Desembocadura do [[río Grande de Xuvia]] na ría de Ferrol
Liña 91:
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.crtvg.es/crtvg/camaras-web/ferrol Vista da ría de Ferrol dende Bailadora (Ares), cámara web da CRTVG.]
 
[[Categoría:Ferrol]]