Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
Liña 33:
== Orixes dos Reinos Cristiáns ==
=== O Reino de Asturias ===
{{APArtigo principal|Reino de Asturias}}
[[Ficheiro:Don Pelayo.jpg|miniatura|300px|Monumento a Paio.]]
 
Liña 47:
 
=== As campañas francas e a Marca Hispánica ===
{{APArtigo principal|Marca Hispánica}}
 
O territorio situado entre o oriente de Navarra e o mar dividiuse en condados sometidos aos francos. Os [[condados cataláns]] foron divisións da zona occidental [[Marca Hispánica]] e os [[condado de Aragón|condados de Aragón]], [[Sobrarbe]] e [[Condado de Ribagorza|Ribagorza]] ocupaban a zona intermedia. Foi unha zona de contención militar que tomaron os [[francos]] para frear as incursións sarracenas. Aínda que a intención inicial destes era levar as fronteiras ata o [[Ebro]], a Marca quedou delimitada polos [[Pireneos]] no norte e polo [[Llobregat]] no Sur. Co tempo independizouse do dominio franco con condes como [[Wifredo o Velloso]] e [[Aznar I Galíndez|Aznar Galindo]].
Liña 75:
[[Ficheiro:CastillaLeon 1360.png|miniatura|Os reinos peninsulares no ano [[1360]]]]
 
{{APArtigo principal|Al-Ándalus}}
 
A situación de [[al-Ándalus]] durante os séculos X e XII tiveron un papel moi importante no desenvolvemento dos reinos cristiáns.
Liña 99:
 
=== Asturias e León ===
{{APArtigo principal|Reino de León}}
 
[[Afonso III de Asturias]] vai facer de León a súa nova capital e vai repoboar esta rexión estratéxica. Dende esta cidade o rei vai comezar unha serie de campañas para controlar as terras ó norte do Douro. Reorganiza os seus territorios en ducados maiores (Galiza e Portugal) e condados maiores (Saldaña e Castela) e fortifica as fronteiras con abundantes castelos. No ano da súa morte nacera xa o [[Reino de León]]. Con esta nova situación de poder, o seu herdeiro [[Ordoño I de Oviedo]] ataca [[Toledo]] e [[Sevilla]]. O [[califato de Córdoba]], que ata arestora non estaba dividido, ataca León. Navarra alíase con Ordoño contra Abd-al-Rahman, mais vai ser derrotado na [[Batalla de Valdejunquera]] en [[920]]. Durante os seguintes 80 anos o reino de León sofre diversas guerras civís, ataques dos andalusís, disputas internas e asasinatos, o cal vai resultar na independencia parcial de Galicia e Castela enfeblecendo as forzas cristiás.
Liña 106:
 
=== Navarra ===
{{APArtigo principal|Reino de Navarra}}
 
[[Navarra]] rebélase no [[810]] contra a influencia francesa e [[Iñigo Arista]] proclámase rei no [[810]]. Durante as últimas décadas do [[século X]], o rei [[García II de Navarra]] recibiu Biscaia de Castela, e baixo o seu reinado Navarra converteuse no reino hexemónico da Península. O seu fillo, [[Sancho III de Navarra|Sancho o Grande]], que reinou de [[1004]] a [[1035]], anexionou Castela ó reino co seu matrimonio, conquistou Sobrarbe e Ribagorza e fixo do reino de León o seu vasalo ó matar ó único fillo do rei [[Bermudo III]]. Seguindo o costume navarra, Sancho dividiu o reino entre os seus fillos: Castela (e Biscaia) para Fernando, Navarra e a Rioxa para [[Sancho IV de Navarra]], o [[condado de Aragón]] para Ramiro, e [[Sobrarbe]] e [[Ribargorza]] para [[Gonzalo I de Ribargorza|Gonzalo]]. Ramiro matou ó seu irmán Gonzalo e anexionou os seus dominios, mentres que Fernando, que se fixo rei, casou coa filla de Bermudo III converténdose en rei de León e Castela.
Liña 113:
 
=== Coroa de Aragón ===
{{APArtigo principal|Coroa de Aragón}}
[[Ficheiro:Entrada de Jaume I a València.jpg|miniatura|dereita|250px|Conquista de Valencia ([[1238]]). Pintura mural]]
A independencia do [[condado de Barcelona]] sucedeu, ''de facto'', durante o reinado do conde [[Borrell II]], quen ó padecer o ataque de Barcelona por parte de Almanzor en [[985]], demanda a axuda por vasalaxe ó rei franco, pero non a recibirá. Ó cambiar a dinastía franca dos [[carolinxios]] polos [[capetos]], [[Hugo Capeto]] demanda a renovación da vasalaxe a cambio de protección (maio de [[987]]), Borrell II declararía que a nova dinastía de Francia non eran os gobernadores lexítimos de Francia e por tanto, do seu condado.
Liña 126:
 
=== Castela ===
{{APArtigo principal|Coroa de Castela}}
No ano [[929]], o Condado de Castela independizouse de León co conde [[Fernando González]], pero a [[Coroa de Castela]], como entidade histórica, comeza no [[século XIII]], cando [[Fernando III de Castela]] coróase rei de Castela e rei de León, o cal incluía os [[monarquía|reinos]] de [[Reino de Galicia|Galicia]] e [[Reino de Asturias|Asturias]]. A unión entre os dous reinos xa se producira en ocasións anteriores, en [[1037]] grazas a [[Fernando I de Castela]] e en [[1072]] con [[Afonso VI de León]] para separarse de novo en [[1157]], sendo esta a definitiva.
 
Liña 134:
 
=== Portugal ===
{{APArtigo principal|Reino de Portugal}}
O [[24 de xuño]] de [[1129]] produciuse a Batalla de San Mamede na que [[Afonso I de Portugal|Afonso Henriques]] venceu á súa nai, [[Tareixa de León e Núñez]], adquirindo e controlando o condado portugués, declarándoo principado independente. En [[1139]], baixo o título de conde de Portugal, despois da vitoria na [[Batalla de Ourique]] contra un continxente musulmán, Afonso autoproclamouse Rei de Portugal, co apoio das súas tropas.
 
Liña 142:
[[Ficheiro:La Rendición de Granada - Pradilla.jpg|miniatura|Entrega das chaves de Granada á reina Isabel por Boabdil nunha recreación do século XIX]]
 
{{APArtigo principal|Reino de Granada}}
 
A finais da [[Idade Media]] a Península estaba dividida en catro reinos cristiáns: Castela, Aragón, Navarra e Portugal, e al-Ándalus reducírase ó reino musulmán de Granada gobernado por Abu 'Abd Allāh o Boabdil.