Diferenzas entre revisións de «Pías, Ponteareas»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q12398341)
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
'''Santa Mariña de Pías''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Ponteareas]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 463 habitantes (247 mulleres e 216 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 449 habitantes.
 
== Situación ==
Pías está situada entre Ponteareas e [[Mondariz]], a seis quilómetros de Ponteareas e a tres quilómetros de Mondariz.
 
== Patrimonio ==
Na parroquia localízase o [[castro de Troña]].
 
Hai dúas capelas: a do Doce Nome, sobre o castro de Troña, e a de Santa Tegra con interesante romería.
 
== Tradicións ==
A tradición di que se a unha persoa lle aparece una verruga nalgunha parte do corpo e quere quitala, ten que ofrecerse a San Benito de Pías. A ofrenda consiste nunha ducia de ovos, que teñen que ser recollidos na aldea do ofrecido, pedindo un ovo a cada veciño. Unha vez conseguida a ducia de ovos, hai que levarlla e acenderlle unha candea. En pouco tempo a verruga desaparece.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Pías, Ponteareas}}
<gallery>
Ficheiro:Pias.jpg|Igrexa de Santa Mariña de Pías.
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Pías ===
{{Lp Pías, Ponteareas}}
=== Parroquias de Ponteareas ===
{{Ponteareas}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Ponteareas]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://concellos.integal.com/eportal/portal/index.php?id_concello=2&js=si&ajax=si&id_seccion=428 Pías na web do concello de Ponteareas]
 
[[Categoría:Parroquias de Ponteareas]]
393.002

edicións