Pedroso, Narón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 14:
'''San Salvador de Pedroso''' é unha [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] rural que se localiza no leste do [[concello]] de [[Narón]], na [[provincia da Coruña]], cunha superficie de 9,8 km². Na [[xurisdición]] eclesiástica forma parte do [[arciprestado de Xuvia]], pertencente á [[diocese de Mondoñedo-Ferrol]].
 
== Poboación ==
Segundo o padrón municipal de [[2011]] tiña 737 habitantes (347 mulleres e 390 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano [[2007]] cando contaba con 795 habitantes. A súa densidade poboación é de 75,20 hab./km².
 
== Xeografía ==
Limita ao norte coa parroquia de [[Sedes, Narón|Sedes]] e o concello de [[San Sadurniño]], ao sur co concello de [[Neda]] e a parroquia de [[Doso, Narón|Doso]], ao leste co concello de [[San Sadurniño]], e ao oeste coa parroquia de [[Sedes, Narón|Sedes]] e o concello de [[Neda]].
 
== Historia ==
<gallery></gallery>
 
Liña 28:
Coa [[Constitución española de 1812]], Pedroso foi recoñecido como concello en 1813, formado daquela polas parroquias de Pedroso, [[Doso, Narón|Doso]] e [[Santa Mariña do Monte, San Sadurniño|Santa Mariña do Monte]] (hoxe no concello de [[San Sadurniño]]), con 1.388 habitantes.
 
== Relevo ==
A parroquia de Pedroso posúe humedais de especial interese pola fraxilidade do seu equilibrío e a consguinte necesidade da súa conservación como son os humedais do Chao.Estas terras molladas, e no inverno anegadas, son fonte dunha rica biodiversidade entre a que destaca o liño algodoso, especie en extinción na península e que podemos observar preto deste lugar.
 
== Patrimonio ==
A igrexa parroquial de San Salvador celebra as festas patronais o 5 de agosto.
 
A capela da [[Virxe do O]] está situada no medio do val de Pedroso. O segundo domingo de maio celébrase a romaría. Tradicionalmente celebrábase para pedirlle á Virxe boas colleitas. Consérvase a procesión arredor da igrexa na misa matutina, e a imaxe é levada ata a fonte das Areas (ou San Salvador).
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Pedroso, Narón}}
<gallery>
Ficheiro:Muiño de Pedroso.JPG|Muíño de Pedroso
Liña 48:
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Pedroso ===
{{Lp Pedroso}}
=== Parroquias de Narón ===
{{Narón}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Narón]]
 
[[Categoría:Parroquias de Narón]]